Laxe - ORDENANZA FISCAL N.º 6, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE SUMIDOIROS

Publicación provisional: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Publicación definitiva: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio de sumidoiros, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20 - apartado 1, letra B) e apartado 4, letra r), - e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal.

2.-Non estarán suxeitas á taxa as fincas derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan os ocupantes ou usuarios de vivendas e locais do término municipal beneficiarios da prestación dos servicios que constitúen o feito impoñible, calquera que sexa o seu título: propietario, usufructuario, habitacionista, arrendatario, incluso en precario.

2.-Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Cota tributaria.

A cota tributaria a esixir pola prestación do servicio de sumidoiros será de 1.750 ptas. anuais.

Artigo 6.º .-Exencións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.

Artigo 7.º .-Período impositivo e devengo.

1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada a mesma desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros.

2.-Establecido e en funcionamento o referido servicio a taxa devengarase o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, agás nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio, suposto no que a taxa se prorrateará por semestres naturais.

3.-No caso de inicio no uso do servicio en data distinta ó un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de semestres naturais que restan para remata-lo ano, incluído o do comenzo da prestación do servicio.

4.-No caso de cese no uso do servicio, as cotas serán prorrateables por semestres naturais, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós semestres naturais nos que non se utiliza o servicio.

5.-No suposto de cambio do suxeito pasivo, a obriga tributaria do pago do semestre natural corresponderá ó que figure como contribuínte no padrón da taxa.

Artigo 8.º .-Normas de xestión.

1.-As altas solicitadas polos suxeitos pasivos dentro do exercicio serán aprobadas, previa liquidación formulada pola Secretaría-Intervención, pola comisión municipal de goberno, e seranlle notificadas ó suxeito pasivo para o seu ingreso directo en arcas municipais, quedando aquel incorporado automaticamente ó padrón para os seguintes exercicios.

2.-As baixas solicitadas polos suxeitos pasivos dentro do exercicio serán aprobadas, previa liquidación formulada pola Secretaría-Intervención, pola comisión municipal de goberno.

As baixas deberán cursarse antes do último día laborable do período impositivo para surtir efectos a partir do seguinte. Quen incumpran tal obriga quedarán suxeitos ó pago da exacción.

3.-Os cambios de suxeitos pasivos dentro do exercicio serán aprobadas, previa liquidación practicada pola Secretaría-Intervención, pola comisión municipal de goberno.

4.-Contra os actos de xestión tributaria a que antes se fixo referencia, os interesados poderán formular ante o mesmo órgano que os dictou o recurso de reposición, previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes, a contar dende a notificación expresa ou da exposición pública dos padróns ou matrículas correspondentes.

A interposición do recurso non paraliza a acción administrativa de cobro, a menos que dentro do prazo para interpoñe-lo recurso o interesado solicite a suspensión da execución do acto impugnado e xunte garantía suficiente.

Non obstante, en casos excepcionais, a comisión de goberno pode acorda-la suspensión do procedemento sen presentación de garantía, cando o recorrente xustifique a imposibilidade de prestala ou demostre fehacentemente a existencia de erros materiais na liquidación que se impugna.

5.-As liquidacións de ingreso directo serán satisfeitas nos períodos fixados polo Regulamento Xeral de Recadación, que son:

a) Para as notificacións efectuadas na primeira quincena do mes, ata o día 5 do mes natural seguinte.

b) Para as notificacións efectuadas na segunda quincena do mes, ata o día 20 do mes natural seguinte.

6.-Transcorrido o período voluntario de cobro sen terse efectuado o ingreso, o período executivo iníciase o día seguinte ó remate de aquel.

O inicio do período executivo determina o devengo dun recargo do 20 por 100 do importe da débeda non ingresada, así como o dos intereses de demora correspondente a ésta.

Este recargo será do 10 por 100 cando a débeda tributaria non ingresada se satisfaga antes de que sexa notificada ó debedor a providencia de constrinximento, e non se esixirán os intereses de demora devengados dende o inicio do período executivo.

Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó previsto nos artigos 77 e seguintes de Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

Artigo 10.º .-Normas supletorias.

En todo o non especialmente previsto nesta ordenanza estarase ó disposto no convenio formalizado entre a Excma. Deputación Provincial e o Concello de Laxe, relativo á delegación de competencias municipais naquela, en materia de xestión tributaria e recadatoria.

Disposición Final.

A presente ordenanza derroga a aprobada polo Pleno da corporación en sesión de data 8 de agosto de 1989, así como as modificacións aprobadas polo mesmo órgano mediante acordos plenarios de 23 de novembro de 1991, 6 de novembro de 1992 e 14 de outubro de 1995.

Entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999 permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Esta ordenanza foi publicada no Boletín Oficial da Provincia número ..., de data ..., de ... de.