Laxe - ORDENANZA FISCAL NÚM. 6, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIRO

Publicación provisional: 05/06/2024 BOP Nº: 108
Publicación definitiva: 30/10/2024 BOP Nº: 210
Aplicable dende: 01/01/2025

ÍNDICE DE ARTIGOS

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E OBXECTO

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

ARTIGO 4. RESPONSABLES

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA

ARTIGO 6. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

ARTIGO 7. DEVENDICACIÓN

ARTIGO 8. NORMAS DE XESTIÓN

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

ARTIGO 10. LEXISLACIÓN APLICABLE

DISPOSICIÓN FINAL

ARTIGO 1. Fundamento E Obxecto

Esta Entidade Local, en uso das facultades contidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, no artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade ao disposto nos artigos 15 a 19 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, establece a Taxa pola Prestación do Servizo de Rede de sumidoiros, Tratamento e Depuración de Augas Residuais, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 e o artigo 20.1.b) e 20.4.r) do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

ARTIGO 2. Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible da Taxa regulada por esta Ordenanza:

- A actividade municipal, técnica e administrativa tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de rede de sumidoiros municipal.

- A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de rede de sumidoiros municipal, así como o seu tratamento e depuración.

Non estarán suxeitas á Taxa as leiras derruidas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.

ARTIGO 3. Suxeitos Pasivos

Son suxeitos pasivos desta taxa, todas as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que resulten beneficiadas polos servizos de rede de sumidoiros, así como de tratamento e depuración de augas residuais, incluída a vixilancia especial de sumidoiros particulares, de conformidade co disposto no artigo 23 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

En todo caso, terán a consideración de substitutos do contribuínte os propietarios dos inmobles, quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.

ARTIGO 4. Responsables

Responderán da débeda tributaria os debedores principais xunto a outras persoas ou entidades. A estes efectos consideraranse debedores principais os obrigados tributarios1 do artigo 35.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Salvo precepto legal expreso en contrario, a responsabilidade será sempre subsidiaria.

Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria

En relación á responsabilidade solidaria e subsidiaria da débeda tributaria estarase ao establecido, respectivamente, nos artigos 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

ARTIGO 5. Cota Tributaria

A cota tributaria correspondente á prestación do servizo de rede de sumidoiros, tratamento e depuración de augas residuais consistirá nunha cantidade fixa de 30 euros anuais por vivenda ou local.

ARTIGO 6. Exencións e Bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente Taxa.

ARTIGO 7. Devendicación

1.- Devendícase a Taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación do servizo, entendéndose iniciada a mesma desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros.

O servizo de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e a súa depuración ten carácter obrigatorio para todas as leiras do Municipio, que teñan fachadas a rúas, prazas ou vías públicas en que exista rede de sumidoiros e sempre que a distancia entre a rede e a leira non exceda de cen metros -consonte co que dispón o artigo 9 da ordenanza nº 30, do servizo de saneamento e depuración de augas residuais no Concello de Laxe-, e devindicarase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.

2.-Establecido e posto en funcionamento o referido servizo nace a obriga de contribuir o primeiro día de xaneiro de cada ano. No caso de que a prestación do servizo se produza con posterioridade ao primeiro día de xaneiro, nace a obriga de contribuir pola primeira cota o primeiro día do mes seguinte, rateando a cota anual por semestres a partir da data de percepción.

3.-Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos que figuran na matrícula, levaranse a cabo as modificacións correspondentes, que producirán efectos a partir do período de cobranza seguinte ao da data na que se efectúe a declaración.

ARTIGO 8. Normas de Xestión

A xestión, liquidación, inspección e recadación desta Taxa realizarase segundo o disposto na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e nas demais leis reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da Taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade da leira e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación das devanditas declaracións de alta e baixa.

As altas solicitadas polos suxeitos pasivos dentro do exercizo serán aprobadas, previa liquidación formulada pola Secretaría-Intervención, pola Alcaldía, e seranlle notificadas ao suxeito pasivo para o seu ingreso directo en arcas municipais, quedando aquel incorporado automáticamente ao Padrón para os seguintes exercizos.

As baixas solicitadas polos suxeitos pasivos dentro do exercizo serán aprobadas pola Alcaldía e deberán cursarse antes do último día laborable do período impositivo para surtir efectos a partir do seguinte. Quenes incumpran tal obriga quedarán suxeitos ó pago da exacción.

Os cambios de suxeitos pasivos dentro do exercicio Terán efectos a partir do exercizo seguinte ao que se produzan.

As liquidacións practicadas que procedan pola tramitación das altas, baixas e/ou cambios de titularidade serán notificadas para o ingreso directo na forma e prazos que sinalan os artigos 60 e 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

ARTIGO 9. Infraccións e Sancións

En todo o referente a infraccións e sancións, será de aplicación a Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, en concreto os artigos 181 e seguintes, así como as súas disposicións de desenvolvemento, segundo o disposto no artigo 11 o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

ARTIGO 10. Lexislación Aplicable

En todo o non previsto na presente Ordenanza estarase ao disposto no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, a Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día ______________________________, entrará en vigor o mesmo día da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir de _________________, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou a súa derrogación expresa.