Ponteceso - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 13, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO PÚBLICO DE SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE A DOMICILIO
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por prestación do servicio público de subministración de auga potable a domicilio e das acometidas á rede xeral de abastecemento de auga, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 38 da Lei 39/88.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación no Concello dos seguintes servicios:
a) Subministración de auga potable a domicilio.
b) Acometidas á rede xeral de abastecemento de auga.
b) Conservación de acometidas e contadores.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, e 23 da Lei 39/88, do 28 de decembro, que soliciten, resulten beneficiadas ou sexan usuarias dos servicios descritos no parágrafo anterior.
Terán a condición de substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais ós que se provea do servicio, podendo repercutir, de se-lo caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.º .-Base impoñible e liquidable.
A base do presente tributo estará constituída por:
a) Na subministración ou distribución de auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.
b) Nas acometidas á rede xeral: a sección da rede de distribución e do ramal de conexión.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
1.-A contía da taxa, regulada neste texto, será a fixada nas seguintes tarifas:
a) Abastecemento de auga.
ABONADOS DOMÉSTICOS
Mínimo: 12.5 m3/abonado. Mes: 0.369021* euros/m3 (61,4 pesetas/m3).
Excesos: 0.451360* euros/m3 (75,10 pesetas/m3).
ABONADOS INDUSTRIAIS
Mínimo: 31.00 m3/abonado. Mes: 0.451360*euros/m3 (75,10 pesetas/m3).
Excesos: 0.508456* euros/m3 (84,60 pesetas/m3).
* Importante.-O artigo 11.4 da Lei 46/1998, do 17 de decembro, sobre introducción do euro, dispón: "Cando se trate da conversión á unidade euro de tarifas, prezos, aranceis ou cantidades unitarias que teñan que aplicarse a bases expresadas en calquera magnitude, as cifras que resulten da aplicación do tipo de conversión tomaranse con seis cifras decimais, efectuándose o redondeo por exceso ou por defecto ó sexto decimal máis próximo. No caso de que ó aplica-lo tipo de conversión se obteña unha cantidade a sétima cifra decimal da cal sexa cinco, o redondeo efecturarase á cifra superior".
Cota de enganche para calquera uso (dunha soa vez): 150,25 euros (25.000 pesetas).
b) Cota de conservación dos contadores.
Calibre (mm).-Cota mensual
13 mm: 0,21 euros/mes (35 pesetas/mes)
25/30 mm: 0,37 euros/mes (62 pesetas/mes)
40/50 mm: 0,68 euros/mes (112 pesetas/mes)
65 mm: 4,16 euros/mes (691 pesetas/mes)
80 mm: 5,19 euros/mes (863 pesetas/mes)
100 mm: 6,49 euros/mes (1.079 pesetas/mes)
150 mm: 9,36 euros/mes (1.557 pesetas/mes)
200 mm: 18,95 euros/mes (3.153 pesetas/mes)
250 mm: 23,88 euros/mes (3.974 pesetas/mes)
300 mm: 32.15 euros/mes (5.350 pesetas/mes)
400 mm: 47.11 euros/mes (7.838 pesetas/mes)
500 mm: 60,54 euros/mes (10.073 pesetas/mes)
c) Cota de conservación da acometida.
0,22 euros/unidade (35,95 pesetas/unidade).
Artigo 7.º .-Percepción.
A presente taxa percibirase dende o momento en que se inicie a prestación do servicio, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a previa licencia.
Artigo 8.º .-Normas de xestión.
1.-Altas e baixas:
A) Usos domésticos.-Para poder dá-la alta ó futuro abonado de usos domésticos, o interesado deberá presentar, xunto coa correspondente solicitude, o último dos recibos efectivos do imposto de bens inmobles da vivenda na que pretenda a subministración e aboa-la cota de enganche fixada no artigo 6.º .
B) Usos industriais.-Ademais do esixido no apartado anterior, ó interesado poderáselle esixi-lo último dos recibos efectivos do imposto de actividades económicas.
C) Usos para obras en construcción.-O interesado deberá presentar, xunto coa solicitude de enganche, a correspondente copia da solicitude da licencia de obra e aboa-la cota de enganche mencionada.
D) No caso de que, por motivos hixiénico-sanitarios, a comisión de goberno o considere oportuno, poderá conceder altas provisionais aplicando, neste caso, a tarifa que corresponde ós usos industriais.
E) No caso de que, para cada un dos conceptos anteriormente indicados, o interesado non presente os documentos que se citan, o Concello desestimará a solicitude.
F) Respecto ás baixas, o Concello non outorgará baixas temporais.
2.-O pagamento desta taxa farase no momento en que se lle presente ó interesado, obrigado a realizalo, a correspondente factura, que se realizará con periodicidade trimestral.
3.-As débedas correspondentes á prestación do servicio poderán esixirse polo procedemento de constrinximento, de conformidade co establecido no Regulamento xeral de recadación.
Artigo 8.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo a infraccións tributarias e á súa cualificación, así como ás sancións que correspondan en cada caso, aplicaranse as normas contidas na Lei xeral tributaria.
Disposición final.
1.-A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno o día 15 de novembro de 2001, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, comezará a rexer a partir do 1 de xaneiro de 2002 e permanecerá en vigor ata súa modificación ou derrogación expresas.
2.-Queda derrogada expresamente a Ordenanza fiscal número 13, reguladora do prezo público por subministración de auga,aprobada polo Concello pleno na sesión do 13 de novembro de 1989 e publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia número 298 bis, do 30 de decembro de 1989, que quedará sen efectos no momento da entrada en vigor da presente ordenanza fiscal.