Ponteceso - Ordenanza fiscal nº 13, reguladora da taxa pola prestación do servizo público de subministración de auga potable a domicilio
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
No uso das facultades que aos Concellos lles conceden os artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Ponteceso establece a taxa por prestar o servizo de sumidoiro, que se rexerá por esta ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao que preve o artigo 57 do Real decreto lexislativo 2/2004.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación no Concello dos seguintes servicios:
a) Subministración de auga potable a domicilio.
b) Acometidas á rede xeral de abastecemento de auga.
b) Conservación de acometidas e contadores.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou as xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, e que soliciten, resulten beneficiadas ou sexan usuarias dos servizos que se describen no parágrafo anterior.
Artigo 4.º .-Responsables.
Serán responsables solidarios ou subsidiarios da débeda tributaria, xunto cos debedores principais, as persoas ou as entidades ás que se refiren os artigos 42 e 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.º .-Base impoñible e liquidable.
A base do presente tributo estará constituída por:
a) Na subministración ou distribución de auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble onde estea instalado o servicio.
b) Nas acometidas á rede xeral: a sección da rede de distribución e do ramal de conexión.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
1. A contía da taxa que se regula neste texto será a que fixen as seguintes tarifas:
a) Abastecemento de auga.
Abonados domésticos:
Mínimo (12,5 m3/abonado/mes): 0.421492 euros/m3
Excesos: 0.515538 euros/m3.
Abonados industriais:
Mínimo (31.00 m3/abonado/mes): 0.515538 euros/m3
Excesos: 0.580753 euros/m3.
Cota de enganche para calquera uso (dunha soa vez): 150,25 euros.
2. As tarifas anteriores non inclúen o IVE, que o Concello engadirá en todo caso.
Artigo 7.º .-Percepción.
A presente taxa percibirase dende o momento en que se inicie a prestación do servicio, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a previa licencia.
Artigo 8.º .-Normas de xestión.
1.-Altas e baixas:
A) Usos domésticos.-Para poder dá-la alta ó futuro abonado de usos domésticos, o interesado deberá presentar, xunto coa correspondente solicitude, o último dos recibos efectivos do imposto de bens inmobles da vivenda na que pretenda a subministración e aboa-la cota de enganche fixada no artigo 6.º .
B) Usos industriais.-Ademais do esixido no apartado anterior, ó interesado poderáselle esixi-lo último dos recibos efectivos do imposto de actividades económicas.
C) Usos para obras en construcción.-O interesado deberá presentar, xunto coa solicitude de enganche, a correspondente copia da solicitude da licencia de obra e aboa-la cota de enganche mencionada.
D) No caso de que, por motivos hixiénico-sanitarios, a comisión de goberno o considere oportuno, poderá conceder altas provisionais aplicando, neste caso, a tarifa que corresponde ós usos industriais.
E) No caso de que, para cada un dos conceptos anteriormente indicados, o interesado non presente os documentos que se citan, o Concello desestimará a solicitude.
F) Respecto ás baixas, o Concello non outorgará baixas temporais.
2.-O pagamento desta taxa farase no momento en que se lle presente ó interesado, obrigado a realizalo, a correspondente factura, que se realizará con periodicidade trimestral.
3.-As débedas correspondentes á prestación do servicio poderán esixirse polo procedemento de constrinximento, de conformidade co establecido no Regulamento xeral de recadación.
Artigo 8.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo a infraccións tributarias e á súa cualificación, así como ás sancións que correspondan en cada caso, aplicaranse as normas contidas na Lei xeral tributaria.
Disposición final.
1. A modificación desta ordenanza fiscal, a redacción definitiva da cal a aprobou o Pleno na sesión do 28.02.2005. entrará en vigor ao día seguinte en que se publique integramente no Boletín Oficial da Provincia, comenzará a aplicarse nesa data e permanecerá en vigor ata que o Concello a modifique ou a derrogue expresamente.
2. Quedan derrogados expresamente os artigos 1, 3.1, 4, 6. l.a), 6.2 e a disposición final da Ordenanza fiscal núm. 13, reguladora da laxa por subministrar auga potable que aprobou o Concello na sesión do 15 de novembro de 2001 e que se publicou integramente no Boletín Oficial da Provincia número 15, do 18.01.2002, que quedarán sen efectos no momento no que entre en vigor a presente modificación