Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 23.-TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA, INCLUÍDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE, COLOCACIÓN E UTILIZACIÓN DE CONTADORES E INSTALACIÓNS ANÁLOGAS

Publicación provisional: 04/02/1999 BOP Nº: 28
Publicación definitiva: 04/02/1999 BOP Nº: 28
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 58 en relación cos artigos 15 ó 19 e 20 .4 t) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o Concello de Malpica de Bergantiños establece a Taxa pola prestación do Servicio de Distribución de Auga, incluídos os dereitos de enganche, colocación e utilización de contadores e instalacións análogas, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2.º .-Servicio público local

Entenderase como servicio público local do Concello de Malpica de Bergantiños, a efectos da aplicación da presente Ordenanza Fiscal, o prestado conforme as competencias atribuídas no artigo 25, 26.1 e 85 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

Artigo 3.º .-Feito impoñible

1.- De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.4 t) da Lei 39/1988, constitúe o Feito Impoñible desta Taxa o subministro de auga para consumo doméstico, subministro de auga para consumo industrial, acometidas á rede xeral de abastecemento para uso doméstico ou industrial, acometidas á rede xeral de abastecemento para obras de construcción, cambios de usuario doméstico ou industrial e a colocación, utilización ou verificación de contadores para uso doméstico ou industrial.

2.-Terán a consideración de Feito Impoñible regulado na presente Ordenanza Fiscal as actividades municipais desenvolvidas con motivo da prestación do Servicio de Distribución de Auga por te-la prestación deste servicio, a consideración de imprescindible para a vida privada dos suxeitos pasivos pola presente taxa.

Artigo 4.º .-Suxeito pasivo

1.-Son Suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da lei 230/1963, de 28 decembro, Xeral Tributaria que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios a que se refire o artigo 3 .º da presente Ordenanza Fiscal.

2.-Son Suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais industriais ou comerciais ós que se subministren do Servicio de Distribución de Auga, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 5.º .-Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores das quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 6.º .-Base impoñible e liquidable

A base da presente taxa determinarase por aplicación da modalidade e uso de servicio que se corresponda coas clasificacións que se establecen na seguinte táboa:

 

Modalidade de prestación de servicio Tipos de uso do servicio Elemento para a determinacion da base impoñible
a) Subministro ou distribución de auga Doméstico M3 de auga consumida onde estea instalado o servicio.
b) Subministro ou distribución de auga Industrial M3 de auga consumida onde estea instalado o servicio.
c) Acometidas á rede xeral de abastecemento Doméstico ou Industrial Feito da conexión á rede por cada local comercial ou industrial e vivenda individual.
d) Acometidas á rede xeral de abastecemento Obra de construcción Feito da conexión á rede por cada obra de construcción por período máximo dun ano.
e) Cambios de usuario Doméstico ou Industrial Feito de cambio de benefiaciario ou titular do subministro.
f) Colocación, utilización ou verificación de contadores Doméstico ou Industrial Clase de contador individual ou colectivo.

 

Artigo 7.º .-Cotas tributarias

As cotas tributarias esixiranse por aplicación de dous cadros de tarifas, Cadro de tarifas 1 e Cadro de tarifas 2, aplicables en función dos feitos impoñibles definidos no artigo 3.º da presente Ordenanza Fiscal.

 

A) Cadro de tarifas 1. Normas aplicación.

Será utilizada para determinación da débeda tributaria nas modalidades de subministro ou distribución de auga tanto para uso doméstico como industrial e consistirá no sistema de cota fixa mínima correspondente a cada tipo de uso ata 30 m3 de auga consumida ó trimestre, conxuntamente coa aplicación do gravame por cada m3 consumido que exceda de 30 m3 de auga ó trimestre natural, conforme ó seguinte cadro:

 

Tarifa Escala de gravame m3 consumidos Cota trimestral
Epigrafe 1.A.-Subministro de auga para consumo doméstico De 0 a 30 m3 1.650
  M3 de exceso sobre 30 m3 65
Epigrafe 1.B.-Subministro de auga para consumo industrial De 0 a 30 m3 1.950
  M3 de exceso sobre 30 m3 75

 

B) Cadro de tarifas 2.-Normas de aplicación.

Será utilizada para determinación da débeda tributaria nas modalidades prestación de servicio por acometidas á rede xeral de abastecemento para uso doméstico ou industrial, acometidas á rede xeral de abastecemento para obra de construcción por período máximo dun ano, cambios de usuario, e colocación, utilización ou verificación de contadores e consistirá no sistema de cota fixa correspondente a cada tipo de feito gravado.

Tarifa Cota
Epígrafe 2A.-Acometidas á rede xeral de abastecemento para uso doméstico ou industrial 10.000
Epígrafe 2B.-Acometidas á rede xeral de abastecemento para obra de construcción por período máximo dun ano 2.000
Epigrafe 2C.-Cambios de usuario doméstico ou industrial 2.000
Epígrafe 2D.-Colocación, utilización ou verificación de contadores para uso doméstico ou industrial 2.500

 

Artigo 7.º .-Devengo e período impositivo

1.-A obriga de contribuír nace no momento de prestarse o servicio, previa a correspondente solicitude, ou dende que se utilice este sen ter obtido a previa licencia, debéndose depositar previamente o pagamento correspondente ás modalidades de acometidas á rede xeral de abastecemento para uso doméstico ou industrial, acometidas á rede xeral de abastecemento para obras de construcción, cambios de usuario doméstico ou industrial e a colocación, utilización ou verificación de contadores para uso doméstico ou industrial

2.-O período impositivo para as modalidades de subministro ou distribución de auga tanto para uso doméstico como industrial coincide co ano natural, excepto cando se trate de solicitudes de inicio ou alta no servicio, abarcando neste caso o período impositivo dende o trimestre comprendido dende a data de autorización de alta ata o final do ano natural.

3.-A taxa devéngase o primeiro día do período impositivo e as cotas serán rateadas (prorratedas) por trimestres naturais, a tal fin a Administración Municipal, para as modalidades de subministro ou distribución de auga tanto para uso doméstico como industrial, elaborará un padrón anual das persoas ou entidades obrigadas ó pagamento, que deberá ser aprobado definitivamente antes do último día do primeiro trimestre do período impositivo.

4.-No caso de cese na utilización do servicio de subministro ou distribución de auga tanto para uso doméstico como industrial, os suxeitos pasivos que pretendan non realiza-lo uso do servicio subministro de auga potable, deberán solicita-lo cese con anterioridade ó inicio trimestre natural en que o devandito cese producirá efectos.

Artigo 8.º .-Exencións e bonificacións

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88 de 28 de decembro non se concederá exención ou bonificación ningunha respecto á taxa regulada pola presente ordenanza, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos Tratrados ou Acordos Internacionais ou os previsto con rango de Lei.

Artigo 9.º .-Tramitación das autorizacións

1.-As autorizacións de acometidas á rede xeral de abastecemento para uso doméstico ou industrial, as acometidas á rede xeral de abastecemento para obras de construcción, cambios de usuario doméstico ou industrial e a colocación, utilización ou verificación de contadores para uso doméstico ou industrial serán outorgadas polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños mediante acto administrativo, conforme ás atribucións concedidas polo artigo 21.1 ll) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e 24 do Real Decreto Lexislativo 781/1986.

2.-As acometidas de auga á rede xeral, serán solicitadas individualmente, por cada vivenda ou industria, polo que será obrigatoria a instalación dun contador por vivenda unifamiliar ou local industrial. A devandita solicitude, será presentada no Concello.

3.-Os solicitantes de acometida de enganche, farán constar ó fin a que destinan a auga, advertíndose que calquera infracción ou aplicación diferente, daquela para a que se teña solicitada, será motivo de sanción con multa na contía que acorde o Concello, sen prexuízo de retirárlle-lo subministro de auga.

4.-A concesión do servicio de abastecemento para uso doméstico ou industrial e abastecemento para obras de construcción de quedará suxeito ás disposicións da presente Ordenanza e ás que se fixen na oportuna póliza de subministro. Será por tempo indefinido para as modalidades de abastecemento para uso doméstico ou industrial, en tanto as partes non manifesten por escrito, a súa vontade de rescindi-la póliza de subministro e que por parte do Concello se cumpran as condicións prescritas nesta Ordenanza e na aludida póliza de subministro.

5.-.Cando se presente a solicitude ou se inicie o expediente os suxeitos pasivos polas autorizacións correspondente ás modalidades c), d), e) e f) da táboa do artigo 3.º da presente Ordenanza Fiscal estarán obrigados a ingresa-lo importe de taxa en concepto de depósito previo, de acordo co artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro reguladora das Facendas Locais. O importe de taxa en concepto de depósito previo será autoliquidado polo suxeito mediante a aplicación do Cadro de Tarifas 2. Non se tramitará o expediente nin se permitirá a utilización da modalidade de servicio solicitado sen que se teña efectuado o pagamento correspondente.

6.-Será preceptivo o informe do Arquitecto Técnico Municipal, no que se fixarán as condicións da autorización. Na súa determinación terase en conta unicamente as necesidades xerais e especificacións técnicas que ten que cumpri-la autorización do servicio solicitado e as disposicións legais vixentes que poidan ser de aplicación á autorización solicitada.

7.-Tramitado o correspondente expediente, e comprobado o importe de taxa en concepto de depósito previo autoliquidado polo suxeito pasivo, procederase á autorización do subministro de auga para consumo doméstico, subministro de auga para consumo industrial, acometidas á rede xeral de abastecemento para uso doméstico ou industrial, acometidas á rede xeral de abastecemento para obras de construcción, cambios de usuario doméstico ou industrial e a colocación, utilización ou elevándose o depósito previo á liquidación definitiva ó concederse a autorización solicitada.

8.-Os interesados, no suposto de denegación da autorización poderán solicita-la devolución do importe do depósito previo.

Artigo 10.º .-Regulamento do servicio e cobranza

1.-As comunidades de veciños, virán obrigadas a establecer un contador xeral, para a comunidade a excepción dos locais comerciais, sen prexuízo de que cada usuario, teña un contador individual. Os locais comerciais, así como as industrias, están obrigados a poñer contador individual, con toma anterior ó contador xeral da comunidade. En todo caso, no prazo de tres meses, contados a partir da entrada en vigor da presente Ordenanza, tódolos donos de comercio o industrias, deberán ter cumprido o establecido no parágrafo anterior.

2.-Cando o solicitante de acometida de auga a efectuase, en data posterior á data do acto administrativo de concesión da autorización, satisfará como dereito de enganche, o 200 por 100 do importe que lle correspondese aboar por cada enganche.

3.-As concesións clasifícanse en:

a) Para usos domésticos, é dicir, para atender-las necesidades da vida e hixiene privada.

b) Para usos industriais, considerándose dentro destes, os hoteis, bares, tabernas, garaxes, fábricas, colexios, ou calquera actividade cualificada como actividade industrial ou comercial nas tarifas do Imposto de Actividades Económicas.

c) Para usos oficiais.

4.-Ningún aboado pode e dispón da auga máis que para aquilo que lle foi concedida, salvo causa de forza maior, quedando terminantemente prohibida a cesión gratuíta ou a revenda da mesma.

5.-Os gastos que ocasione a renovación de tubarias non pertencentes á rede xeral de distribución do Concello, serán cubertas polos interesados.

6.-Tódalas obras para conduci-la auga, da rede xeral á toma do solicitante ou aboado ó servicio de subministro, serán de conta destes, se ben se realizará baixo a dirección municipal e na forma que o Concello indique.

7.-O Concello por providencia do Sr. Alcalde, pode sen outro trámite, corta-lo subministro de auga a un aboado, cando negue a entrada ó domicilio para o exame das instalacións, cando ceda a título gratuíto ou onerosamente a auga a outra persoa, cando non pague puntualmente as cotas de consumo, cando exista rotura de precintos, selos ou outra marca de seguridade posta polo Concello. Tódalas concesións responden a una póliza ou contrato subscrito polo particular e o Concello, que se fará por duplicado exemplar.

8.-O corte da acometida por falta de pagamento, levará consigo ó rehabilitarse, o pagamento de taxa por nova acometida.

9.-O cobro da taxa polo subministro ou distribución de auga tanto para uso doméstico como industrial farase mediante recibos trimestrais. A cota que non se fixese efectiva, dentro do mes seguinte á terminación do período respectivo, esixirase pola vía de constrinximento ós suxeitos pasivos da taxa pola modalidade de subministro de auga.

Artigo 11.º .-Infraccións e sancións tributarias

En todo o relativo á cualificación de infraccions tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

Disposición final

1. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no "Boletín Oficial da Provincia", e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.

2. A presente Ordenanza, que consta de once artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria, celebrada o día 25 de novembro de mil novecentos noventa e oito.