Santa Comba - Ordenanza reguladora de expedición de tarxetas estacionamento para persoas minusválidas ó abeiro da Lei 8/97, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación provisional: 24/08/2000 BOP Nº: 194
Publicación definitiva: 24/08/2000 BOP Nº: 194
Aplicable dende: 24/08/2000

Titulares das tarxetas.

A) Teñen dereito a que se lles expida a tarxeta de aparcamento todas aquelas persoas que estando empadroadas neste municipio presentan algún tipo de minusvalía que afecte ó aparato locomotor (extremidades inferiores) exclusivamente. Tal extremo deberá constar no certificado de minusvalía do EVO da Xunta de Galicia, que indicará a imposibilidade de facer uso do transporte público.

B) Aquelas persoas que por razón dunha enfermidade ou accidente teñan reducida a súa motricidade e estean obrigadas a usar de xeito provisional cadeira de rodas, muletas, ou algunha axuda técnica para minusválidos. Extremo este que terá que acreditar mediante informes médicos que indiquen a súa doenza, causas e prognóstico da súa evolución.

C) Persoas eivadas que por razón da idade ou grave incapacidade, e non sexan os conductores habituais de vehículos, sendo transportados por terceiras persoas, que só poderán facer uso da tarxeta cando transporte o minusválido.

Documentación que deberán presentar.

1.-Unha solicitude en impreso oficial formalizado que deberá recoller no Departamento de Servicios Sociais do Concello.

2.-DNI do solicitante.

3.-Certificado de minusvalidez expedido equipo de valoración da Xunta de Galicia, onde conste a imposibilidade de usar transporte público.

4.-Estar empadroado.

5.-Carné de conducir do eivado, se é o conductor do vehículo, ou ben a persoa que o transporte.

6.-Para tódolos casos do apartado b), informe médico que acredite o seu problema de mobilidade, a súa evolución e prognóstico, así como a necesidade de utilizar cadeira de rodas, muletas, bastóns, etc.

7.-Unha fotografía tipo carné.

Procedemento.

A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello coa documentación pertinente, que se remitirá ó Departamento de Servicios Sociais para a emisión do informe e proposta correspondente. Posteriormente este informe elévase á Alcaldía para que dicte a resolución, concedendo ou denegando a tarxeta solicitada.

Esta resolución será notificada ó interesado de acordo co procedemento establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Indicacións para a correcta utilización tarxeta de estacionamento.

A tarxeta persoal é intransferible e dá dereito á utilización das correspondentes prazas de estacionamento destinado para o uso exclusivo das persoas con minusvalidez, en calquera sitio da Comunidade Autónoma.

A tarxeta, unha vez asinada polo titular, deberá plastificarse, e cando se utilice deberá poñerse na parte dianteira do vehículo, de maneira que sexa visible para o seu control.

Caducidade das tarxetas.

A tarxeta terá unha validez de un ano de duración, agás nos casos en que o certificado de minusvalidez indique prazos de revisión previos.

Un mes antes de que caduque a tarxeta o titular deberá solicitar unha nova, tendo obriga de entrega-la anterior no intre de recibi-la actualizada.

O Concello terá dereito a controlar que as condicións que deron orixe á expedición da tarxeta continúen vixentes, polo que poderá requirir ós solicitantes, en calquera intre, para que acheguen probas actualizadas de ditas condicións.

Calquera variación das condicións que deron orixe á expedición da tarxeta deberá ser comunicado ós Servicios Sociais Municipais no prazo de un mes; de non ser así, o Concello poderá anula-la súa vixencia.

No caso de comprobarse o uso indebido destas, estas serán retiradas".

"Modelo solicitude da tarxeta de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.

Datos do solicitante.

D/Dona ............., con DNI ...........

Maior de idade, con enderezo en ....................

Teléfono .........

En nome do/da beneficiario/a ...........................

Expón:

Que estando empadroado/a neste municipio, presento algún tipo de minusvalidez con mobilidade reducida que afecta exclusivamente ás extremidade inferiores, e así o acredito a través da cualificación de minusvalía actualizada.

Persoa minusválida con mobilidade reducida, que precisa ser transportado por terceiras persoas.

Solicita:

Que se lle expida a tarxeta de aparcamento, segundo o modelo establecido na Lei 8/97 da Comunidade Autónoma de Galicia, comprometéndose a cumpri-las normas que regulan a súa expedición.

Santa Comba, ......... de ....... de 200...

Asdo.: .............

Sr. alcalde-presidente do Concello de Santa Comba