Santa Comba - Ordenanza reguladora de expedición de tarxetas estacionamento para persoas minusválidas ó abeiro da Lei 8/97, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.
Titulares das tarxetas.
A) Teñen dereito a que se lles expida a tarxeta de aparcamento todas aquelas persoas que estando empadroadas neste municipio presentan algún tipo de minusvalía que afecte ó aparato locomotor (extremidades inferiores) exclusivamente. Tal extremo deberá constar no certificado de minusvalía do EVO da Xunta de Galicia, que indicará a imposibilidade de facer uso do transporte público.
B) Aquelas persoas que por razón dunha enfermidade ou accidente teñan reducida a súa motricidade e estean obrigadas a usar de xeito provisional cadeira de rodas, muletas, ou algunha axuda técnica para minusválidos. Extremo este que terá que acreditar mediante informes médicos que indiquen a súa doenza, causas e prognóstico da súa evolución.
C) Persoas eivadas que por razón da idade ou grave incapacidade, e non sexan os conductores habituais de vehículos, sendo transportados por terceiras persoas, que só poderán facer uso da tarxeta cando transporte o minusválido.
Documentación que deberán presentar.
1.- Unha solicitude en impreso oficial formalizado que deberá recoller no Departamento de Servicios Sociais do Concello.
2.- DNI do solicitante.
3.- Certificado de minusvalidez expedido equipo de valoración da Xunta de Galicia, onde conste a imposibilidade de usar transporte público.
4.- Estar empadroado.
5.- Carné de conducir do eivado, se é o conductor do vehículo, ou ben a persoa que o transporte.
6.- Para tódolos casos do apartado b), informe médico que acredite o seu problema de mobilidade, a súa evolución e prognóstico, así como a necesidade de utilizar cadeira de rodas, muletas, bastóns, etc.
7.- Unha fotografía tipo carné.
Procedemento.
A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello coa documentación pertinente, que se remitirá ó Departamento de Servicios Sociais para a emisión do informe e proposta correspondente. Posteriormente este informe elévase á Alcaldía para que dicte a resolución, concedendo ou denegando a tarxeta solicitada.
Esta resolución será notificada ó interesado de acordo co procedemento establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Indicacións para a correcta utilización tarxeta de estacionamento.
A tarxeta persoal é intransferible e dá dereito á utilización das correspondentes prazas de estacionamento destinado para o uso exclusivo das persoas con minusvalidez, en calquera sitio da Comunidade Autónoma.
A tarxeta, unha vez asinada polo titular, deberá plastificarse, e cando se utilice deberá poñerse na parte dianteira do vehículo, de maneira que sexa visible para o seu control.
Caducidade das tarxetas.
¿A tarxeta para os casos de invalidez permanente terá unha validez de 10 anos de duración, agás nos casos en que o certificado indique prazos de revisión previos. En todo caso o Concello, de oficio, poderá revisar ditas tarxetas no caso de indicios de cambio nas condicións de dito certificado.
No resto de casos as tarxetas renovaranse segundo os prazos fixados no certificado correspondente. No caso de non explicitar ningún prazo deberán renovarse cada 5 anos. En todo caso o Concello, de oficio, poderá revisar ditas tarxetas no caso de indicios de cambio nas condicións de dito certificado."
Modelo solicitude da tarxeta de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.
Datos do solicitante.
D/Dona ............................................., con DNI ......................................
Maior de idade, con enderezo en .............................................................
Teléfono ...........................................
En nome do/da beneficiario/a .................................................................
Expón:
Que estando empadroado/a neste municipio, presento algún tipo de minusvalidez con mobilidade reducida que afecta exclusivamente ás extremidade inferiores, e así o acredito a través da cualificación de minusvalía actualizada.
Persoa minusválida con mobilidade reducida, que precisa ser transportado por terceiras persoas.
Solicita:
Que se lle expida a tarxeta de aparcamento, segundo o modelo establecido na Lei 8/97 da Comunidade Autónoma de Galicia, comprometéndose a cumpri-las normas que regulan a súa expedición.
Santa Comba, ......... de ....... de 200...
Asdo.: ......................
Sr. alcalde-presidente do Concello de Santa Comba"
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas,
incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los
acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de
los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no
entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya
transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas
fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El
requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime
vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la
recepción de la comunicación del acuerdo."