Narón - ORDENANZA NÚMERO 25, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS NO CENTRO MUNICIPAL DE ATENCIÓN A PERSOAS MAIORES

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 23/06/2000 BOP Nº: 143
Aplicable dende: 23/06/2000

Artigo 1.-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 117, en relación co artigo 41 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello, establece o prezo público polos servicios prestados no centro municipal de atención a persoas maiores, especificados nas tarifas contidas no artigo 3.º da presente ordenanza

Artigo 2.-Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza aqueles que se beneficien dos servicios ou actividades realizados polo Concello ou entidade concesionaria do servicio, a que se refire o artigo anterior.

Artigo 3.º .-Contía.

A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a fixada nas tarifas que seguen de seguido:

Epígrafe 1.-Productos de ambigú social:

1.1.-Zumes: 65.

1.2.-Refrescos laranxa, limón ou cola: 70.

1.3.-Refrescos de mazá: 85.

1.4.-Mosto: 80.

1.5.-Tónica: 80.

1.6.-Batido de chocolate: 80.

1.7.-Cervexa sen alcol: 70.

1.8.-Auga (con ou sen gas): 60.

1.9.-Café (só-cortado-con leite-descafeinado): 60.

1.10.-Café dobre: 65.

1.11.-Leite (só, con Cola-Cao ou con Eko): 60.

1.12.-Infusións (té, tila, manzanilla, menta): 50.

Epígrafe 2.-Menús de comedor.

2.1.-Menú diario: 600

2.2.-Talonarios semanais ou mensuais de menús (6 ou 26 menús). Prezo por menú: 540.

Artigo 4.-Obriga de pagamento.

A obriga de pagamento do prezo público regulado na presente ordenanza, nace coa prestación do servicio especificado nos artigos anteriores. O pagamento efectuarase ó persoal destinado para tal efecto polo Concello, ou pola entidade concesionaria do servicio.

Disposición adicional.

Nos términos previstos no artigo 48 da Lei 39/88, do 28 de decembro, e normativa concordante, delégase na comisión de goberno do Concello a facultade de modifica-lo prezo público regulado nesta ordenanza.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.