Neda - ORDENANZA NÚMERO 5.-REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE A DOMICILIO
Capítulo I.-Fundamento legal.
Artigo 1.
Capítulo II.-Suxeito pasivo.
Artigo 2.
Están obrigados ó pagamento da taxa, regulada nesta ordenanza, quen se beneficien do servicio ou actividades, prestados ou realizados por este Concello, a que se refire o artigo anterior.
A utilización do servicio de auga declárase obrigatorio cando os edificios poidan acometer á rede xeral de distribución.
Capítulo III.-Contía.
Artigo 3.
A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada na tarifa seguinte, incrementada no IVE correspondente (7 por 100).
* Usos domésticos:
- Mínimo de facturación: 45 m3/trimestre.
- Importe por m3 de auga facturada:
De 0 a 45 m3: 26,01 ptas./m3.
Máis de 45 m3: 36,12 ptas./m3.
* Usos industriais:
- Mínimo de facturación: 105 m3/trimestre.
- Importe por m3 de auga facturado:
De 0 a 105 m3: 26,01 ptas./m3.
Máis de 105 m3: 36,12 ptas./m3.
* Usos específicos en número limitado de días:
- A cantidade fixa de: 2.893 ptas./mes.
Capítulo IV.-Obxecto imponible.
Artigo 4.
Serán obxecto da anterior tarifa os seguintes:
- Uso doméstico: enténdese como uso doméstico a utilización do subministro de auga en inmobles e vivendas particulares.
Non se permitirá o regadío e mailo abastecemento a terreos ou explotacións agrícolas.
Cando se inclúa o subministro a piscinas ou xardíns, a tarifa a aplicar será de usos industriais.
- Uso industrial: enténdese como uso industrial a utilización do subministro de auga en hoteis, hospedaxes, fondas, sanatorios, cafés, bares, tabernas, restaurantes, almacéns de viños, garaxes, talleres, fábricas, academias, colexios, panaderías, teatros, cinematógrafos, oficinas e demais establecementos ou industrias.
- Uso específico: enténdese como uso específico a utilización do subministro de auga en casos especiais (obras na rúa, feiras ou festexos, etc.) e de curta duración, aínda que se procurará sempre que se poida a instalación do contador, para poder engloba-lo subministro dentro do apartado de uso industrial.
Capítulo V.-Contadores.
Artigo 5.
Para outorgar novas pólizas será indispensable que o usuario merque o contador previa solicitude pola súa parte, o cal porá a disposición da empresa concesionaria do servicio, para a súa instalación. O Concello poderá dispor que, con carácter xeral, se instalen contadores nas vivendas e locais comerciais e industrias que carezan dos mesmos, baixo apercibimento de que, noutro senso, poderá procederse ó corte da subministración da auga.
Os contadores, debidamente verificados, serán os seguintes:
- Para usos domésticos, mínimo: 13 mm.
- Para usos industriais, mínimo: 20 mm.
Artigo 6.
Artigo 7.
Os abonos para o servicio solicitaranse calquera que sexa o uso a que se lle destine, mediante a oportuna petición de alta e subscrición da póliza de aboamento, na que o interesado declarará, ademais da filiación, enderezo, DNI o CIF, fin e uso a que se destinará a auga, fronte da vivenda, e demais datos complementarios para o perfecto coñecemento e determinación da clase e importancia do servicio que se pretenda e concesión e instalación do goce. As peticións levarán implícito o compromiso do peticionario de cumpri-las disposicións consignadas na presente ordenanza.
Os contratos ou pólizas de aboamento serán facilitados e cubertos gratuitamente pola empresa concesionaria do servicio.
Artigo 8.
Artigo 9.
Artigo 10.
Artigo 11.
Artigo 12.
Artigo 13.
Nas vivendas que exista instalación de auga é obriga do propietario pasar aviso á empresa adxudicataria do servicio das datas en que quede desalugada e na que volva a ser ocupada.
No suposto de que o propietario non o notifique, deberá seguir aboando as cotas correspondentes ós recibos que por facturación mínima corresponderán ata que se faga efectiva a baixa. De igual xeito será responsable subsidiario daqueles recibos que o inquilino non satisfaga a empresa adxudicataria do servicio polas causas expostas e de dita totalidade expediráselle o cargo correspondente.
Capítulo VI.-Termos e formas de pagamento.
Artigo 14.
A recadación do importe da taxa será trimestral e realizarase pola empresa concesionaria, mediante recibo, salvo en caso de fraude, que se fará por actas de invitación. O cobramento dos recibos farase de forma preferente mediante domiciliación, para o cal no momento en que se produza a firma do contrato de aboamento ó servicio, asinarase polo contratante o correspondente impreso de domiciliación, no que se conteña unha cláusula que manteña a validez de dita domiciliación, ata en tanto polo Concello non se lle comunique ó establecemento bancario a cancelación da mesma. Non obstante o anterior, o cobramento do recibo poderá realizarse tamén por presentación no domicilio dos abonados.
No caso dos recibos que se presenten ó cobramento en establecementos bancarios e sexan devoltos por inexistencia de fondos, o débito notificarase ó abonado, quen poderá facelo efectivo na oficina do servicio no prazo de quince días hábiles sen recargo ningún.
Cando o cobramento dos recibos se faga por presentación no domicilio do abonado, e de non ser pagado o seu importe neste momento por ausencia do mesmo, o cobrador deixará un aviso impreso e datado, para que se faga efectivo nas oficinas do servicio, dispoñendo os abonados dun prazo de quince días hábiles para aboalos sen recargo ningún. De ser rexeitado o pagamento do recibo no momento da súa presentación, o cobrador estenderá dilixencia ó dorso facendo constar tal feito, e o abonado disporá dun período de cinco días hábiles para facelo efectivo nas oficinas do servicio sen recargo.
Transcorridos os períodos anteriores, a empresa concesionaria poderá suspende-lo subministro de auga ó abonado que estea en descuberto e incluso retirárselle definitivamente o mesmo, dando de baixa por falta de pagamento, dando conta ó Concello previamente de tales feitos.
En todo caso, transcorridos os prazos anteriores, os recibos deberán aboarse cun recargo do 20 por 100, cobrándose por vía de constrinximento, de acordo coa lexislación vixente.
Para ser rehabilitado o abonado no subministro de auga deberá pagar novos dereitos de acometida, segundo o establecido na presente ordenanza. Os recibos que resulten incobrados declararanse fallidos, previa a instrucción do oportuno expediente.
Artigo 15.
Artigo 16.
Artigo 17.
Capítulo VII.-Acometidas.
Artigo 18.
Artigo 19.
A concesión de novas tomas ou acometidas á rede faranse mediante solicitude dos interesados nas oficinas da empresa concesionaria do servicio, e con acordo adoptado polo Concello, previo informe.
As peticións terán de ser individuais, é dicir, unha por cada toma ou acometida, e en caso de resultar aprobada deberase satisface-la cantidade de 2.412 pesetas como dereito de acometida.
Asemade, fíxase a cantidade de 16.861 ptas. como dereito de acometida, para os casos nos que estas fosen realizadas en núcleos con contribución veciñal e algún dos veciños non a tivese realizada sen causa xustificada.
Artigo 20.
As tomas ou acometidas que se soliciten para utiliza-la auga en terreos onde non exista rede de distribución, no caso de acceder a iso o Concello, deberán os solicitantes sufraga-los gastos de ampliación da rede, e as obras deberán ser realizadas pola empresa concesionaria do servicio, a cal levará o control e dirección destas xuntamente cos técnicos municipais.
Unha vez posta en funcionamento, pasará a instalación a ser propiedade de Concello.
Artigo 21.
Artigo 22.
Artigo 23.
Artigo 24.
Artigo 25.
Os diámetros dos entubados que se usan para as acometidas serán:
- Para edificios compostos de baixo e dúas vivendas, o diámetro mínimo será de 25 mm, aumentándose este a medida que a casa teña máis pisos ou sexa susceptible de ser ampliada.
- Para edificios compostos de planta baixa e que non sexan susceptibles de ampliación: 25 mm de diámetro mínimo.
Artigo 26.
Serán de conta do propietario as modificacións ou reformas que sexa preciso facer nas instalacións con motivo da colocación de contadores ou por outra causa calquera a xuízo do técnico do servicio.
Tódalas reformas deberán ser realizadas pola empresa concesionaria do servicio.
Artigo 27.
O importe da conservación do contador e acometidas no caso de avarías, será sufragado polo propietario.
Capítulo VIII.-Instalacións interiores.
Artigo 28.
Artigo 29.
Artigo 30.
Artigo 31.
Nos terreos que comprendan varias vivendas ou industrias e por conseguinte, varios abonados, faranse as instalacións individuais a cada unha delas de forma que os contadores poidan colocarse en arquetas axeitadas e todos xuntos en batería, e en lugar facilmente accesible do portal, patio ou baixo do edificio, norma que se terá asemade en conta no caso de que sexa soamente un só abonado.
Se houber dificultade na elección do sitio de emprazamento, o propietario solicitará á Administración que lle fixe o lugar de colocación.
Artigo 32.
Artigo 33.
Artigo 34.
Artigo 35.
Cando se instalen termosifóns ou calefaccións a presión, é obrigatorio a colocación dunha válvula de retención antes dos depósitos ou caldeiras e no tubo de alimentación das mesmas, co obxecto de evitar que a causa do peche na rede ou dun aumento de presión nos aparatos, a auga quente poida pasar ós entubados xerais de subministración, con conseguinte prexuízo para os contadores, depósitos e fervedoiros do termo.
Recoméndase que en todos eles se coloquen válvulas de expansión co obxecto de evitar posibles explosións. Sendo obrigatorio colocar en todos flotadores de regulación de nivel.
Artigo 36.
Artigo 37.
Artigo 38.
Todo abonado queda obrigado a permitir que a calquera hora hábil do día sexa visitada a súa instalación polos empregados encargados deste cometido, sen que poidan opoñer ningún obstáculo a cantas comprobacións periódicas ou excepcionais se estimen procedentes.
A negativa dos interesados a autorizar estas revisións será causa suficiente para retirarlle o servicio de augas, sen dereito a reclamación ningunha
Artigo 39.
Artigo 40.
Artigo 41.
Artigo 42.
Capítulo IX.-Responsabilidades por incumprimento desta ordenanza.
Artigo 43.
Artigo 44.
Agás no caso de incendio que porán en coñecemento da Administración do servicio dentro das vintecatro horas seguintes do sinistro, baixo ningún pretexto poderán os abonados ou quen os represente:
a) Emprega-la auga para usos distintos dos estipulados na póliza de aboamento.
b) Vender ou cede-la auga que lle subministre o Concello a prol dun terceiro.
c) Deixar corre-la auga sen necesidade.
d) Abrir, nin facer uso dos rexistros que encerran os aparatos de toma, chaves de paso, aforos ou outros servicios.
e) Establecer ningún ramal entre a toma e o aparato que verifique o aforo, nin facer derivación da instalación para outros locais ou vivendas diferentes ás consignadas na póliza.
A contravención de calquera destes apartados dará lugar á imposición dunha multa de 1.000 a 5.000 ptas., sinalada pola Alcaldía, aténdose á gravidade e importancia da falta, sen prexuízo de retirarlle temporal ou definitivamente o servicio.
Artigo 45.
EXENCIÓNS
Artigo 46.
Están exentos os edificios e dependencias propiedade do Concello que estean destinados á presentación dos servicios públicos de competencia municipal.
Así mesmo, quedan exentos do pagamento da taxa:
1.-Abonados e titulares do servicio que se confeccione segundo padrón de desempregados e pensionistas vixente, ou altas novas.
2.-As familias con ingresos, iguais ou inferiores ó salario mínimo interprofesional para toda a unidade familiar.
3.-Pensionistas con ingresos iguais ou inferiores á pensión mínima da Seguridade Social, para toda a unidade familiar.
4.-Aqueloutras persoas que, non reunindo os requisitos 2 e 3, reúnan condicións especiais que se estimen por esta corporación que non acadan os mínimos vitais.
5.-Así mesmo, poderá a corporación non eximir a quen, reunindo os requisitos 2 e 3, non teñan cargas familiares ou teñan ingresos adicionais (rendas de capital, etc.).
DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 47.
Artigo 48.
Artigo 49.
Artigo 50.
Artigo 51.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Primeira.-O imposto sobre o valor engadido repercutivo sobre as taxas establecidas nesta ordenanza, será modificado de forma automática, no momento en que se producise modificación no tipo de gravame do citado imposto.
Segunda.-Na última quincena do ano, aprobaranse os listados de prezos que rexerán para as obras do exercicio seguinte, previo informe técnico e adopción pola comisión de goberno.