Pontes de García Rodríguez As - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO.

Publicación provisional: 28/09/2010 BOP Nº: 186
Publicación definitiva: 28/09/2010 BOP Nº: 218
Aplicable dende: 03/12/2010

ARTIGO 1. CONCEPTO

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no Capítulo VI do Título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de axuda a domicilio, especificado nas tarifas comprendidas no artigo 5, e que se rexerá pola presente ordenanza.

ARTIGO 2. OBRIGADOS AO PAGAMENTO

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado mediante a presente ordenanza as persoas ás que se lles preste o servizo de axuda a domicilio (SAD), calquera que sexa a modalidade do mesmo, baseándonos no que se establece na Orde do 22 de xaneiro de 2009 da Vicepresidencia para a Igualdade o o Benestar pola que se regula o servizo de axuda no fogar (DOG nº 22, do 2 de febreiro de 2009).

Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade para obrar, a dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

ARTIGO 3. CONTÍA DO PREZO PÚBLICO

Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo 5 seguinte, establécese o prezo da hora por prestación do servizo en 12,00 euros/hora, revisable anualmente segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) que publique o organismo público competente, previo acordo do órgano municipal competente.

ARTIGO 4. DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO

Para a determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo terase en conta o que se establece no artigo 17 da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar para a Comunidade Autonóma de Galicia.

1. Considérase persoa usuaria do servizo aquela para a que se solicita o servizo, e no caso particular de intervención con familias, entenderase como persoa usuaria un dos membros adultos da unidade de convivencia responsables dos/as menores que formen parte dela.

2. A capacidade económica das persoas usuarias do SAD calcularase en atención á súa renda, e se é o caso, ao seu patrimonio. Teránse en conta, ademáis, as persoas conviventes e económicamente dependentes da persoa usuaria.

3. A renda valorarase atendendo aos ingresos netos que perciban: rendementos de traballo, incluidas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.

4. Para o cómputo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das que deba responder. Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual en que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. Nos supostos de cotitularidade, só se terá en consideración a porcentaxe correspondente á propiedade do/a beneficiario/a.

5. No caso de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito, as rendas de ambos os dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambos os dous membros da parella.

6. A capacidade económica por razón de renda determinarase dividindo a renda ou rendas computables, de acordo co número anterior, entre a suma dos seguintes conviventes: o perceptor ou perceptores de rendas computadas e, se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen económicamente dos citados perceptores.

7. A capacidade económica resultante será a correspondente á renda da persoa usuaria, calculada de acordo cos números anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma dun 5% do valor do patrimonio neto que supere o mínimo exento para a realización da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir dos 65 anos de idade, dun 3% dos 35 aos 65 anos e dun 1% os menores de 35 anos.

8. Para o cómputo da renda ou do patrimonio teranse en conta os datos correspondentes á ultima declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida.

9. Para a actualización da información relativa á capacidade económica, as persoas beneficiarias do servizo presentarán, antes do final do mes de febreiro de cada ano, cando se produzan cambios na súa situación inicial ou ben a petición dos Servizos Sociais do Concello, xustificación documental das circunstancias socioeconómicas tidas en conta para o acceso ao servizo.

ARTIGO 5.- PARTICIPACIÓN ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO

Para os efectos de aplicación das tarifas tomarase como referencia o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria sexa igual ou inferior ao IPREM, quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Para o resto dos supostos establécense os seguintes tramos de copagamento en función da capacidade económica da persoa usuaria en relación co IPREM, respectando os límites expresados no artigo 18 da Orde do 22 de xaneiro de 2009.

TÁBOA DE COPAGAMENTO

INGRESOS EN RELACIÓN AO IPREM

PORCENTAXE DE CONTRIBUCIÓN

Entre o 100% e o 150 %

10%

Entre o 150% e o 200%

12%

Entre o 200% e o 250%

15%

Entre o 250% e o 300%

20%

Entre o 300% e o 350%

30%

Entre o 350% e o 400%

40%

Entre o 400% e o 450%

50%

Entre o 450% e o 500%

60%

Máis do 500%

65%

3. Sen prexuízo do establecido no punto anterior poderán preverse excepcións aos criterios xerais nos casos en que a problemática principal atendida sexa a desestructuración familiar e se procure a protección e integración social de menores de idade en risco de exclusión, mediante resolución motivada do órgano competente para acordar a concesión do servizo, da que en todo caso deberá deixarse constancia no correspondente expediente.

TÁBOA DE COPAGAMENTO SEGUNDO IPREM 2010

TÁBOA DE COPAGAMENTO DOS/AS USUARIOS/AS DE

ACCESO DIRECTO (DEPENDENCIA)

Ingresos

IPREM

Desde

Ata

Copago

90 h./mes

G.D. 3.2.

70 h./mes

G.D. 3.1.

55 h./mes

G.D. 2.2.

40 h./mes

G.D. 2.1.

Entre o 0 e o 100%

0

532,51

0

0

0

0

0

Entre o 100% e o 150%

532,52

798,77

10%

108

84

66

48

Entre o 150% e o 200%

798,78

1.065,02

12%

129,6

100,8

79,2

57.6

Entre o 200% e o 250%

1.065,03

1.331,28

15%

162

126

99

72

Entre o 250% e o 300%

1.331,29

1.597,53

20%

216

168

132

96

Entre o 300% e o 350%

1.597,54

1.863,79

30%

324

252

198

144

Entre o 350% e o 400%

1.863,80

2.130,04

40%

432

336

264

192

Entre o 400% e o 450%

2.130,05

2.396,30

50%

540

420

330

240

Entre o 450% e o 500%

2.396,31

2.662,55

60%

648

504

396

288

Máis do 500%

2.662,56

65%

702

546

429

312

TÁBOA DE COPAGAMENTO USUARIOS/AS DE LIBRE CONCORRENCIA

Ingresos IPREM

Desde

Ata

Copago

Prezo/hora

Entre 0 e o 100%

0

532,51

0

0

Entre o 100% e o 150%

532,52

798,77

10%

1,2

Entre o 150% e o 200%

798,78

1.065,02

12%

1,44

Entre o 200% e o 250%

1.065,03

1.331,28

15%

1,8

Entre o 250% e o 300%

1.331,29

1.597,53

20%

2,4

Entre o 300% e o 350%

1.597,54

1.863,79

30%

3,6

Entre o 350% e o 400%

1.863,80

2.130,04

40%

4,8

Entre o 400% e o 450%

2.130,05

2.396,30

50%

6

Entre o 450% e o 500%

2.396,31

2.662,55

60%

7,2

Máis do 500%

2.662,56

65%

7,8

As táboas anteriores para o exercicio 2010 están suxeitas ás variacións establecidas cada ano no IPREM.

ARTIGO 6. CONDICIÓNS DE PAGAMENTO

a) A obriga de pagamento do prezo público nace dende o momento no que se inicie a prestación do servizo.

b) Os abonos mensuais das cotas de pagamento realizaranse mediante unha domiciliación bancaria (as excepcións a esta regla deberán motivarse cun informe dos técnicos de Servizos Sociais). Se estes pagamentos non se puidesen facer efectivos por motivos atribuibles á persoa beneficiaria do servizo -inexistencia de fondos ou outros-, éste/a será apercibido/a de inmediato, responsabilizándose dos gastos que esto ocasione.

c) Cando o/a usuario/a vaia a estar ausente do seu domicilio, ben por ingreso hospitalario, por asistir a programas de termalismo social ou por un motivo distinto pero xustificado, deberá avisar, como mínimo, con 48 horas de antelación (dous días). Nestes casos, se lle descontará a parte proporcional da cota que lle corresponda mensualmente.

d) Se a algún/unha dos/as beneficiarios/as non se lle prestase o servizo por causas non imputables a el/ela mesmo/a, léase por inconvintes derivados da organización interna do propio servizo, terá tamén dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen servizo á hora de aboar a cota mensual.

ARTIGO 7. NORMAS DE XESTIÓN

1. As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas liquidaranse polo servizo prestado e serán reducibles por períodos mensuais.

2. A finais do mes de febreiro de cada ano, ou antes se se producisen cambios na situación das persoas beneficiarias do servizo, requeriráselles, por parte dos Servizos Sociais, para que xustifiquen documentalmene a situación socioeconómica e patrimonial, aos efectos de actualizar a súa renda per cápita e o prezo público a aboar.

3. Unha vez iniciada a prestación do servizo, procederase á inclusión da persoa beneficiaria nos padróns ou matrículas deste prezo público. O pagamento da contía que lle corresponda aboar a cada usuario/a farase efectivo por meses naturais nas entidades bancarias colaboradoras que se sinale, e nos prazos a tal efecto recollidos na normativa de aplicación.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza, unha vez aprobada polo Pleno do Concello das Pontes de García Rodríguez, entrará en vigor unha vez publicada no BOP e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 LRBRL, segundo establece o artigo 70.2 da devandita lei, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa."

Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.