Pontes de García Rodríguez As - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO

Publicación provisional: 28/09/2010 BOP Nº: 186
Publicación definitiva: 28/09/2010 BOP Nº: 218
Aplicable dende: 12/06/2014

ARTIGO 1.-CONCEPTO.

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no Capítulo VI do título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de axuda a domicilio, que constitúe un servizo público municipal que se presta de acordo co establecido na Lei 13/2008 do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, Regulamento municipal e disposicións da presente Ordenanza.

ARTIGO 2.-OBRIGADOS AO PAGAMENTO.

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado na presente ordenanza:

a) As persoas reocoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006, do 14 de decembro, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a súa modalidade) e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar.

b) As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar.

Se o/a beneficiario/a carece de capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

ARTIGO 3.-CONTÍA DO PREZO PÚBLICO.

Aos efectos previstos para aplicación das tarifas deste ordeanza fiscal, establécese o prezo da hora por prestación do servizo en 12,00 euros/hora, revisable anualmente segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) que publique o organismo público competente, previo acordo do órgano municipal competente.

ARTIGO 4.-DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DO SISTEMA DE ATENCIÓN A PERSOAS USUARIAS DA DEPENDENCIA.

1. A capacidade económica das persoas dependentes valoradas con dereito recoñecido de atención mediante o servizo de axuda no fogar calcularase en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Para o cálculo da citada capacidade económica observaranse os criterios e regras disposto na Resolución do 2 de decembro de 2008 da Secretaría de Estado de Políticas Sociais, Familia e Antención á Dependencia e á Discapacidade, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía Persoal e Atención á Dependencia sobre determinación da capacidade económica do beneficiario e sobre os criterios de participación deste nas prestacións do dito sistema, así como as normas regulamentarias promulgadas pola Xunta de Galicia que incorporen aquelas regras ao sistema galego de servizos sociais.

2. O resultado do cálculo da capacidade económica correspondente ás persoas valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar constará na resolución do plan individualizado de atención que se resolva en cada caso de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

ARTIGO 5.-DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DOUTROS SERVIZOS EN QUE SE APLIQUE O COPAGAMENTO.

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:

1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. Computarase así mesmo o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do Imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do Imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5por cento do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado de dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

ARTIGO 6.-PARTICIPACIÓN NO FINANCIAMENTO DO SERVIZO DAS PERSOAS DEPENDENTES VALORADAS, CON DEREITO DE ATENCIÓN RECOÑECIDO, USUARIAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Nos demais supostos aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos da porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intesidade do servizo asignado.

GRAO I

GRAO II

GRAO III

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel II

Nivel I

Nivel I

Capacidade económica ( referida ao IPREM)

20 horas

30 horas

40 horas

55 horas

70 horas

90 horas

Inferior ou igual ao 100% do IPREM

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

0,00%

Maior do 100% do IPREM e menor ou igual ao 115% do IPREM

4,52%

6,56%

8,59%

11,42%

14,47%

18,09%

Maior do 115% do IPREM e menor ou igual ao 125% do IPREM

5,41%

7,84%

10,28%

13,66%

17,31%

21,64%

Maior do 125% do IPREM e menor ou igual ao 150% do IPREM

5,55%

8,05%

10,54%

14,01%

17,76%

22,19%

Maior do 150% do IPREM e menor ou igual ao 175% do IPREM

5,65%

8,19%

10,73%

14,26%

18,07%

22,59%

Maior do 175% do IPREM e menor ou igual ao 200% do IPREM

5,72%

8,30%

10,87%

14,45%

18,31%

22,89%

Maior do 200% do IPREM e menor ou igual ao 215% do IPREM

5,81%

8,42%

11,03%

14,66%

18,58%

23,23%

Maior do 215% do IPREM e menor ou igual ao 250% do IPREM

6,03%

8,75%

11,46%

15,24%

19,31%

24,14%

Maior do 250% do IPREM e menor ou igual ao 300% do IPREM

6,24%

9,05%

11,86%

15,76%

19,97%

24,97%

Maior do 300% do IPREM e menor ou igual ao 350% do IPREM

6,42%

9,30%

12,19%

16,20%

20,53%

25,66%

Maior do 350% do IPREM e menor ou igual ao 400% do IPREM

6,54%

9,48%

12,42%

16,51%

20,93%

26,16%

Maior do 400% do IPREM e menor ou igual ao 450% do IPREM

6,63%

9,62%

12,60%

16,75%

21,22%

26,53%

Maior do 450% do IPREM e menor ou igual ao 500% do IPREM

6,70%

9,72%

12,74%

16,93%

21,45%

26,82%

Superior ao 500% do IPREM

6,76%

9,80%

12,84%

17,07%

21,63%

27,04%

3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atencion co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas do servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas do servizo.

4. En ningún caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder do 65 por cento do custo do servizo determinado en termos prezo/hora.

ARTIGO 7.-PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS USUARIAS NO FINANCIAMENTO DOUTROS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS EN QUE SE APLIQUE O COPAGAMENTO.

1. Para o servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia según o calendario de implantación que se establece la Lei 39/2006, aplicarase a seguInte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ao cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 17 desta ordenanza.

Capacidade económica

Participación do custe do servizo de SAF básico

Menor de 0,80 do IPREM

0

Maior de 0,80 e menor ou igual a 1 vez o IPREM

10%

Maior de 1 e menor ou igual a 1,15 IPREM

12%

Maior de 1,15 e menor ou igual a 1,30 IPREM

15%

Maior de 1,30 e menor ou igual a 1,50 IPREM

18%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 1,65 IPREM

20%

Maior de 1,65 e menor ou igual a 1,80 IPREM

25%

Maior de 1,80 e menor ou igual a 2,00 IPREM

30%

Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,15 IPREM

40%

Maior de 2,15 e menor ou igual a 2,30 IPREM

45%

Maior de 2,30 e menor ou igual a 2,50 IPREM

50%

Maior de 2,50 e menor ou igual a 3,00 IPREM

60%

Maior de 3,00 e menor ou igual a 3,50 IPREM

65%

Maior de 3,50 e menor ou igual a 4,00 IPREM

70%

Maior de 4,00 e menor ou igual a 4,50 IPREM

75%

Maior de 4,50 e menor ou igual a 5,00 IPREM

80%

Maior de 5,00 e menor ou igual a 5,50 IPREM

85%

Maior de 5,50

90%

2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias dun 40 por cento da súa capacidade económica.

ARTIGO 8.-AFECTACIÓN DOS INGRESOS MUNICIPAIS POLO COPAGAMENTO DESTES SERVIZOS.

De conformidade co artigo 53.7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso os ingresos que recade o Concello de As Pontes en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamenento dos servizos sociais que reciban.

ARTIGO 9.-DA COORDINACIÓN COAS ENTIDADES PRIVADAS QUE ATENDAN A PERSOAS USUARIAS FINANCIADOS TOTAL OU PARCIALMENTE CON FONDOS PÚBLICOS.

No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do Concello ou entidade local.

ARTIGO 10.-NACEMENTO DA OBRIGA DE PAGO.

1. A obriga de pagar os prezos públicos regulados nesta ordenanza nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas normas de xestión.

2. Os abonos mensuais das cotas de pagamento realizaranse mediante unha domiciliación bancaria (as excepcións a esta regla deberán motivarse cun informe dos técnicos de servizos sociais). Se estes pagamentos non se puidesen facer efectivos por motivos atribuibles á persoa beneficiaria do servizo -inexistencia de fondos ou outros, éste/a será apercibido/a de inmediato, responsabilizándose dos gasto que ocasione.

3. Cando o/a usuario/a vaia a estar ausente do seu domicilio, ben por ingreso hospitalario, por asistir a programas de termalismo social ou por un motivo distinto pero xustificado, deberá avisar, como mínimo, con 48 horas de antelación (dous días). Nestes casos, se lle descontará a parte proporcional da cota que lle corresponda mensualmente.

4. Se a algún/unha dos/as beneficiairos/as non se lle prestase o servizo por causas non imputables a el/ela mesmo/a, por inconvintes derivados da organización interna do propio servizo, terá tamén dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen servizo á hora de aboar a cota mensual.

ARTIGO 11.-NORMAS DE XESTIÓN.

1. As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas liquidaranse polo servizo prestado e serán reducibles por períodos mensuais.

2. A finais do mes de febreiro de cada ano, ou antes se se producisen cambios na situación das persoas beneficiarias do servizo, requeriráselles, por parte dos Servizos Sociais, para que xustifiquen documentalmente a situación socioeconómica e patrimonial, aos efectos de actualizar a súa renda per cápita e o prezo público a aboar.

3. Unha vez iniciada a prestación do servizo, procederase á inclusión da persoa beneficiaria nos padróns ou matrículas deste prezo público. O pagamento da contía que lle corresponda aboar a cada usuario/a farase efectivo por meses naturais nas entidades bancarias colaboradoras que se sinalen, e nos prazos a tal efecto recollidos na normativa de aplicación.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

As referencias ao xénero masculino (usuario, beneficiario, interesado...) que se conteñen no texo da presente ordenanza e que non van precedidas ou seguidas da súa correspondencia feninina entenderanse efectuadas tamén ao xénero feminino (usuaria, beneficiaria, interesada...).

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza, aprobada polo Pleno do Concello das Pontes de García Rodríguez o día 1 de abril de 2014, entrará en vigor unha vez publicada no BOP e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 LRBRL, segundo establece o artigo 70.2 da devandita lei, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.