Coristanco - REGULADORA DA TAXA POR LICENCIA URBANÍSTICAS

Publicación provisional: 15/11/2003 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 20/12/2003 BOP Nº: 291
Aplicable dende: 01/01/2004

Artigo 1.-Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por licencias urbanísticas , que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuias normas atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2.-Feito Imponible

1.-Constitúe o feito imponible desta taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire o artigo 242 do Texto refundido da Lei sobre o Réxime do Solo e Ordenación Urbana, aprobado por RD Lexislativo 1/1992, de 26 de Xuño, e que se realicen no termo municipal, se axustan ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na citada Lei do Solo.

2.-Non estará suxeitas a esta taxa as obras de mero ornato, conservación e reparación que se realicen no interior das vivendas.

Artigo 3.-Suxeito pasivo

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan propietarios dos inmobles nos que se realicen as construccións, instalacións ou se executen as obras.

2.-En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e os contratistas das obras.

Artigo 4.-Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.-Cota tributaria

1.-A cota tributaria resultará de aplicar á base impoñible os seguintes tipos de gravame:

A) O 0,75 por 100, no suposto 1.a) do artigo anterior.

B) O 0,75 por 100, no suposto 1.b) do artigo anterior.

C) O 0,75 por 100, nas parcelacións urbanas.

D) 24,00 euros por m2 de cartel, no suposto 1.d) do artigo anterior.

2.-No caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar serán o 20 por 100 das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal iniciarase efectivamente.

Artigo 6.-Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nen bonificación algunha na exacción da Taxa.

Artigo 7.-Devengo

1.-Devengará a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito imponible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data da presentación da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.

2.-Cando as obras se iniciaran ou se executáran sin obterse a oportuna licencia, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non foran autorizables.

3.-A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, en modo algún, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.

Artigo 8.-Declaración.

1.-As persoas interesadas na obtención dunha licencia de obra presentarán previamente no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, acompañando certificado visado polo Colexio Oficial respectivo, con especificación da natureza da obra e o lugar de emprazamento, na que fará constar o importe estimado da obra, medicións e destino do edificio.

2.-Cando se trate de licencia para aqueles actos nos que non sexa esixible a formulación de proxecto suscrito por Técnico competente, á solicitude acompañarase un presuposto das obras a realizar, así como unha descrición detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a utilizar e en xeral das características da obra ou acto cuios datos permitan comprobar o custo de aqueles.

3.-Se despois de formulada a solicitude de licencia se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da Administración Municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.

Artigo 9º .-Liquidación e ingreso.

1.-Cando se trate de obras e actos a que se refire o artigo 5º .1 a), b) e c):

A) Unha vez concedida a licencia urbanística, practicarase liquidación provisional sobre a base declarada polo solicitante.

B) A Administración Municipal poderá comprobar o custo real e efectivo unha vez terminadas as obras, e a superficie dos carteis declarada polo solicitante, e á vista do resultado de tal comprobación, practicará a liquidación definitiva que proceda, con deducción do, no seu caso, ingresado en provisional.

2.-No caso de parcelacións urbanas e demolición de construccións, a liquidación que se practique, unha vez concedida a licencia, sobre a base impoñible que lle corresponda, terá carácter definitivo salvo que o valor sinalado no Imposto sobre Bens Inmobles non teña este carácter.

3.-Tódalas liquidacións que se practiquen serán notificadas ó suxeito pasivo substituto do contribuínte para o seu ingreso directo nas arcas municipais utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.

Artigo 10.-Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final

A presente Ordenanza Fiscal, cuia redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 10 de novembro de 2003, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día un de xaneiro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.