Coristanco - ORDENANZA FISCAL Nº 3 REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENCIAS URBANÍSTICAS E OUTROS SERVIZOS URBANISTICOS
Artigo 1.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas locais (TRLRFL), reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por licencias urbanísticas e outros servizos urbanísticos , que se rexera pola presente Ordenanza Fiscal, cuxas normas atenden ó previñido nos artigos 20 a 27 e 57 do citado Texto Refundido.
Artigo 2.- Feito Impoñible
1.- Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo aos que se refiren a Lei 2/2016, de 20 de febreiro de solo de Galicia, e o Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da antedita Lei, e que se realicen no termo municipal, se axustan ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na citada Lei do Solo.
2.- Non estará suxeitas a esta taxa as obras de mero ornato, conservación e reparación que se realicen no interior das vivendas, a non ser que se trate de obras que pola súa entidade e natureza requiran a presentación de proxectos.
Artigo 3.- Suxeito pasivo
1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei Xeral Tributaria, que sexan propietarios dos inmobles, ou titulares de calquera outro dereito real sobre os mesmos nos que se realicen as construcións, instalacións ou se executen as obras.
2.- En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e os contratistas das obras.
Artigo 4.- Responsables
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.- Tarifa
A taxa esixirase aplicando as seguintes cotas tributarias:
A) Tramitación de expedientes de obras maiores: 127,40 euros.
B) Tramitación expedientes obras menores, colocación carteis, rótulos, valados publicitarios e similares: 56,39 euros.
C) Tramitación de licencias de primeira ocupación ou utilización de edificacións nas que resulten mais dunha vivenda ou local de utilización separada (por cada vivenda ou local resultante da liquidación): 97,07 euros.
D) Tramitación de licencias de primeira ocupación ou utilización de vivendas ou edificacións unifamiliares nas que a edificación non sexa susceptible de uso divisible: 56,39 euros.
E) Tramitación de licencias de primeira ocupación ou utilización de naves industriais (por cada unha das resultantes): 83,76 euros.
F) Tramitación de expedientes de reposición á legalidade nos que non sexa posible a legalización, conducindo á orde de execución da demolición da obra executada, se a obra deberá ter a consideración de obra maior: 127,40 euros.
G) Tramitación de expedientes de reposición á legalidade nos que non sexa posible a legalización, conducindo á orde de execución da demolición da obra executada, se a obra deberá ter a consideración de obra menor: 56,39 euros.
Artigo 6.- Beneficios fiscais.
Non serán aplicables outros beneficios fiscais máis cós expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais.
Artigo 7.- Devengo
1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación do servizo ou a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita prestación do servizo ou actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, se efectúe a comunicación previa ou de prestación do servizo ou actividade ou no seu caso cando a Administración actúe de oficio.
2.-Cando as obras ou outras actuacións se inicien ou executen sen obter a oportuna licenza, ou sen presentar a correspondente comunicación previa, a taxa se devengará cando se inicie efectivamente a prestación do servizo ou a actividade administrativa conducente a determinar se a obra ou actuación en cuestión é ou non autorizable ou conforme ao ordenamento xurídico.
3.-Cando as obras se inicien ou executen en virtude dunha orde de execución municipal, a taxa se devengará cando se inicie efectivamente a prestación do servizo ou actividade municipal de oficio ou a instancia de terceiro interesado.
4.-A obriga de contribuír, unha vez dada, non se verá afectada de ningún xeito pola concesión da licenza condicionada á modificación do proxecto presentado.
Artigo 8.- Declaración
1.- As persoas interesadas na obtención dunha licencia de obra presentarán previamente no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, acompañando certificado visado polo Colexio Oficial respectivo, con especificación da natureza da obra e o lugar de emprazamento, na que fará constar o importe estimado da obra, medicións e destino do edificio.
2.- Cando se trate de licencia para aqueles actos nos que non sexa esixible a formulación de proxecto suscrito por Técnico competente, á solicitude acompañarase un presuposto das obras a realizar, así como unha descripción detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a emplear e en xeral das características da obra ou acto cuios datos permitan comprobar o custo de aqueles.
3.- Se despois de formulada a solicitude de licencia se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da Administración Municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.
Artigo 9º.- Depósito previo e autoliquidación
1. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior e a teor da facultade que confire o artigo 26 do Real decreto lexislativo 2/2004, esixirase o depósito previo do importe da taxa regulada nesta ordenanza, e para este fin o solicitante da licenza procederá a liquidar o seu importe e ingresar a cantidade resultante. O depósito será aplicado á satisfacción da cota tributaria no momento de outorgarse a licenza, e efectuarase a correspondente liquidación provisional, con reintegro do seu importe ao interesado se por causas non imputables a el non chegase a prestarse o servizo.
Se da liquidación practicada resultase unha cota superior ou inferior ao depósito constituído, procederase a requirir o ingreso da diferenza antes de expedir a licenza, no primeiro caso, e á devolución do exceso, no segundo. Xuntamente co depósito previo ingresarase o importe estimado dos anuncios que sexa necesario publicar e outros gastos análogos que sexan por conta do interesado.
2. Nos supostos de presentación de comunicación previa os obrigados tributarios virán obrigados a presentar ante o Concello autoliquidación segundo o modelo determinado pola Administración municipal e simultaneamente procederá a ingresar na Tesourería Municipal a cota que resulte. No referido o documento o declarante fará constar todos os elementos da relación tributaria que sexan necesarios para efectuar a liquidación e realizará a mesma.
3. Quedan excluídas da obriga de constituír depósito previo e no seu caso presentar autoliquidación, aquelas entidades públicas que, en virtude de lei, están exceptuadas da presentación de fianzas ou depósitos. Este beneficio non supoñerá a exención do tributo, que deberá ser aboado como requisito previo ao despacho da licenza.
Artigo 10.- Normas de xestión.
1.- Previamente ao outorgamento da licenza efectuarase a liquidación provisional dos dereitos ou taxas que procedesen. As liquidacións así efectuadas terán carácter provisional ata que, unha vez rematadas as obras, sexa comprobado pola Administración Municipal o efectivamente realizado, requiríndolles para iso aos interesados as correspondentes certificacións de obras e demais elementos ou datos que se consideren oportunos. Á vista do resultado da comprobación efectuarase a liquidación definitiva.
2. Nos casos en que as obras se realicen previa presentación de comunicación previa o Servizo de Urbanismo comunicará ós servizos de Recadación os supostos nos que a autoliquidación inicial non alcanza a totalidade da cota, procedéndose por parte de Concello a aprobar a liquidación complementaria que corresponda.
3. Ós Servizos Económicos e Recadación remitiráselle unha copia dos actos de presentación de comunicación previa ou declaración responsable así como de concesión da licenza, co fin de que se comprobe o estrito cumprimento das previsións consignadas neles en canto teña transcendencia de carácter fiscal. Todos os expedientes que se tramiten, de oficio ou por instancia de parte, e que supoñan a revisión ou revogación das liquidacións efectuadas ou a devolución de ingresos, serán informados polos Servizos Económicos, Recadación e fiscalizadas pola Intervención.
4. As licenzas e comunicacións previas, e as cartas de pagamento ou fotocopias compulsadas dunhas e outras figurarán no lugar das obras mentres duren estas, para poder ser exhibidas por requirimento dos axentes da Autoridade Municipal.
Artigo 11.- Infraccións e sancións
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente Ordenanza Fiscal, cuxa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 10 de novembro de 2003, e elevada a definitiva de forma automática pola falla de presentación de alegacións á mesma, entrou en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e foi de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2004.
A modificación do Título e dos artigos 1, 2, 5, 6, 9, e 10 foi aprobada inicialmente polo Pleno de data 30 de xaneiro de 2020 , e entrará en vigor o día da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ate a súa modificación ou derrogación expresa".