Neda - Ordenanza nº 12, reguladora da taxa pola apertura de establecementos
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade, e calquera outra esixida polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais e xerais para o seu normal funcionamento.
2.-Para tales efectos considerarase apertura:
A) A instalación por primeira vez do establecemento para dar comezo ás súas actividades.
B) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.
C) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación destas.
D) O cambio de razón social permanecendo invariable a actividade.
E) Os traslados de locais.
F) Os traspasos, transmisións, cesións, cambios de forma societaria, unións e fusións de empresas e cambios de denominación social.
3.-Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, aberta ou non ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda e que:
a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesá, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ó imposto sobre actividades económicas.
b) Complemente as actividades anteriores aínda que non se dedique ó seu exercicio, ou teña relación con estas de forma que lle proporcionen beneficios ou aproveitamento, como no caso de delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo
Artigo 4.º .-Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral; nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.º .-Cota tributaria
1.-A cota tributaria determinarase de acordo coa seguinte tarifa:
A) Licencias de tramitación ordinaria: 200,00 euros.
B) Licencias para actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, e outras de tramitación especial: 300,00 euros.
A contía fixa establecida nos parágrafos A) e B) anteriores, segundo o tipo de actividade, será incrementada por un coeficiente segundo o número de metros cadrados do local onde se desenvolva a actividade:
* Coeficiente:
Ata 50 metros cadrados: 1.
De 51 metros cadrados a 100 metros cadrados: 1,2.
De 101 metros cadrados a 250 metros cadrados: 1,4.
De 251 metros cadrados a 500 metros cadrados: 1,6.
De 501 metros cadrados a 1000 metros cadrados: 1,8.
Máis de 1.000 metros cadrados: 2.
C) Cambios de titularidade ou calquera outro suposto de tramitación equivalente que non requira informes técnicos: 90,00 euros.
Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións
Artigo 7.º .-Devengo.
1.-A taxa devéngase e nace a obriga de contribuír ó se inicia-la actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da solicitude de licencia de apertura.
2.-De se face-la apertura sen licencia previa, a taxa devengarase ó se inicia-la actividade municipal para determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do procedemento administrativo que se instrúa para autoriza-la apertura ou resolve-lo fechamento do local.
3.-En caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar serán o 20 por cento das indicadas no artigo 51, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente.
Artigo 8.º .-Normas de xestión.
1.-As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente a solicitude no Rexistro Xeral, especificando a actividade ou actividades que pretenda desenvolver no local, acompañando proxecto ou documentos esixidos para cada clase de actividade polas disposicións vixentes.
2.-Se despois de efectuada a solicitude de licencia de apertura se varía ou amplía a actividade do local, se alteran as condicións proxectadas ou se amplía o local, estas modificacións deberán comunicarse á Administración municipal, coas mesmas características do número anterior.
3.-Unha vez concedida a licencia, en actividades inocuas, ou adoptado o acordo de autorización, en actividades clasificadas, practicarase a liquidación provisional e os suxeitos pasivos estarán obrigados a realiza-lo ingreso da liquidación resultante nas oficinas da Tesourería municipal ou nas entidades bancarias debidamente autorizadas, utilizando os medios de pagamento e os prazos que indica o Regulamento xeral de recadación.