Neda - Ordenanza nº 12, reguladora da taxa pola apertura de establecementos

Publicación provisional: 13/01/1999 BOP Nº: 9
Publicación definitiva: 13/01/1999 BOP Nº: 9
Aplicable dende: 28/12/2011

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 144 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1 985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D.lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a Taxa por Licencias de Apertura de Establecementos, a que se refire o artigo 20.4.i) do citado R.D. lexisltativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 57 do citado R.D. Lexislativo.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade, e calquera outra esixida polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais e xerais para o seu normal funcionamento.

2.-Para tales efectos considerarase apertura:

A) A instalación por primeira vez do establecemento para dar comezo ás súas actividades.

B) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.

C) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación destas.

D) O cambio de razón social permanecendo invariable a actividade.

E) Os traslados de locais.

F) Os traspasos, transmisións, cesións, cambios de forma societaria, unións e fusións de empresas e cambios de denominación social.

3.-Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, aberta ou non ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda e que:

a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesá, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ó imposto sobre actividades económicas.

b) Complemente as actividades anteriores aínda que non se dedique ó seu exercicio, ou teña relación con estas de forma que lle proporcionen beneficios ou aproveitamento, como no caso de delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, oficinas, despachos ou estudios.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver, ou, se é o caso, desenvolvida en calquera establecemento industrial ou mercantil.

Artigo 4.º .-Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral; nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º .-Cota tributaria

1.-A cota tributaría se determinará de acordo coa seguinte tarifa:

A) Verificación do cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación sectorial cando se trate de actividades non suxeitas a autorización ou control previo relativo a actividades de tramitación ordinaria: 200,00 euros.

B) Verificación do cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación sectorial cando se trate de actividades non suxeitas a autorización ou control previo relativo a actividades de tramitación especial: 300,00 euros.

A contía fixa establecida nos parágrafos A) e B) anteriores, segundo o tipo de actividade, será incrementada por un coeficiente segundo o número de metros cadrados do local onde se desenvolva a actividade:

Coeficiente

Ata 50 metros cadrados: 1.

De 51 metros cadrados a 100 metros cadrados: 1,2.

De 101 metros cadrados a 250 metros cadrados: 1,4.

De 251 metros cadrados a 500 metros cadrados: 1,6.

De 501 metros cadrados a 1000 metros cadrados: 1,8.

Máis de 1.000 metros cadrados: 2.

C) Cambios de titularidade ou calquera outro suposto de tramitación equivalente que non requira informes técnicos: 90,00 euros.

Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións

Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos en normas con rango de lei ou os derivados da aplicación de tratados internacionais.

Artigo 7.º .-Devengo.

1.-A taxa devéngase e nace a obrigación de contribuír ao se iniciar a actividade municipal que constitúe o feito imponible. Para estes efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da comunicación previa ou da solicitude de licencia de apertura.

2.-De se facer a apertura mediante comunicación previa sen licencia previa, a taxa devengarase ao se iniciar a actividade municipal para determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do procedemento administrativo que se instrúa para autorizar a apertura ou resolver o fechamento do local.

3.-En caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar serán o 20 por cento das indicadas no artigo 51, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente.

Artigo 8.º .-Normas de xestión.

1.-As persoas interesadas na apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente a comunicación previa no Rexistro Xeral, especificando a actividade ou actividades que pretenda desenvolver no local, acompañando os documentos esixidos para cada clase de actividade polas disposicións vixentes.

2.-Se despois de efectuada a comunicación previa ou a solicitude de licencia de apertura se varía ou amplía a actividade do local, se alteran as condicións proxectadas ou se amplía o local, estas modificacións deberán comunicarse á Administración Municipal, coas mesmas características do número anterior.

3.-Unha vez comunicada o inicio da actividade, en actividades inocuas, ou adoptado o acordo de autorización, en actividades clasificadas, practicarase a liquidación provisional e os suxeitos pasivos estarán obrigados a realizar o ingreso da liquidación resultante nas oficinas da Tesourería municipal ou nas entidades bancarias debidamente autorizadas, utilizando os medios de pago e os prazos que indica o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 8.º .-Normas de xestión.

1.-As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente a solicitude no Rexistro Xeral, especificando a actividade ou actividades que pretenda desenvolver no local, acompañando proxecto ou documentos esixidos para cada clase de actividade polas disposicións vixentes.

2.-Se despois de efectuada a solicitude de licencia de apertura se varía ou amplía a actividade do local, se alteran as condicións proxectadas ou se amplía o local, estas modificacións deberán comunicarse á Administración municipal, coas mesmas características do número anterior.

3.-Unha vez concedida a licencia, en actividades inocuas, ou adoptado o acordo de autorización, en actividades clasificadas, practicarase a liquidación provisional e os suxeitos pasivos estarán obrigados a realiza-lo ingreso da liquidación resultante nas oficinas da Tesourería municipal ou nas entidades bancarias debidamente autorizadas, utilizando os medios de pagamento e os prazos que indica o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.

Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza foi aprobada de xeito provisorio polo pleno da Corporación na sesión celebrada o día 3 de novembro de dous mil tres, e foi publicada no BOP número ... de ... de ... decembro de 2003. Comezará a rexer a partir do 1 de xaneiro de 2004, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.