Neda - ORDENANZA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS NA CASA DA CULTURA E DEMAIS EDIFICIOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL
Artigo 1.-Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola utilización das instalacións da casa da cultura e demais edificios de titularidade municipal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 38 da citada Lei 39/88.
Artigo 3.-Período impositivo
O devengo da presente taxa producirase no momento no que o concello notifique a aceptación da solicitude e se de inicio a utilización do local.
No caso dos cursiños, o período impositivo coincidirá co mes, prorrateándose por días no seu caso. A taxa devengarase por primeira vez, o mes da inscrición, calquera que sexa o día no que esta se produza. As baixas comunicaranse na casa da cultura e causasen efectos económicos no momento da súa presentación.
A taxa pola utilización do Salón de actos do concello para vodas, devengarase no momento da concesión deste por parte deste.
Artigo 4.-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria e 23 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, que soliciten o local municipal ou que promovan a utilización dos locais.
Artigo 5.-Exencións
Están exentos do pagamento da taxa:
1.-As entidades de carácter deportivo e cultural, existentes no concello sen fins lucrativos.
2.-A realización de cursiños, tanto por parte do concello, coma doutras entidades, que vaian dirixidos a persoas en paro ou sen medios económicos, previa comprobación por este dos ditos extremos.
3.-A utilización dos locais por persoas do concello sen recursos ou menores de 18 anos.
4.-Aquelas peticións que pola súa peculiaridades, consideradas previamente pola comisión de goberno, se considere non deben satisfacer cota ningunha.
Artigo 6.-Cota tributaria
A cota a aboar polos suxeitos pasivos consistirá no seguinte:
A) Pola utilización de locais do concello (excepto salón casa cultura e salón de actos do concello), para fins distintos ós seguintes, a cantidade de 6,01 euros/diarios.
B) Pola realización de cursos por entidades privadas satisfarase a cantidade de 30,05 euros de matricula no momento de concederse o local, e 6,01 euros/mes por persoa matriculada ó inicio de cada período mensual; no caso de períodos inferior ó mes prorratearase en función dos días.
C) Pola utilización do salón de actos da casa da cultura ou da casa das Palmeiras, a cantidade de 9,02 euros diarios e no caso de cobramento de entrada 90,15 euros.
D) Pola utilización do salón de actos do Concello para vodas, a cantidade de 30,05 euros por cada acto e no da casa da cultura e da casa das Palmeiras 60,10 euros por acto.
Artigo 7.-Normas de xestión
No momento de efectúa-la inscrición, deberá ordenarse a unha entidade bancaria a domiciliación do pagamento da taxa.