Neda - Ordenanza fiscal nº 17, reguladora da taxa por prestación de servizos na casa da cultura e demais edificios de titularidade municipal
Artigo 1.-Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola utilización das instalacións da casa da cultura e demais edificios de titularidade municipal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 38 da citada Lei 39/88.
Artigo 2.- Feito Impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización dos diversos locais de titularidade municipal e a prestación dos seguintes servicios culturais, de competencia municipal, a instancia de parte:
¿ A asistencia a espectáculos no auditorio da Casa da Cultura e na Casa das Palmeiras.
¿ Calquera outras actividades culturais especiais que esixan unha prestación de servicios culturais e para as que non se estipule a gratuidade.
¿ Utilización por parte de peregríns do Camiño Inglés a Santiago de Compostela dos distintos locais municipais que puidesen ser habilitados ao efecto (ximnasio municipal, pavillón polideportivo, etc.)
Para estes efectos, entenderanse prestados a instancia de parte os anteditos servicios cando estes fosen demandados pola poboación ou redunden no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude expresa.
Ós efectos desta taxa e no caso de cursiños, considerarase que están realizando es mesmos as persoas que estean dados de alta neste, e as persoas físicas ou xurídicas que os promovan.
Artigo 3.-Período impositivo
O devengo da presente taxa producirase no momento no que o concello notifique a aceptación da solicitude e se de inicio a utilización do local.
No caso dos cursiños, o período impositivo coincidirá co mes, prorrateándose por días no seu caso. A taxa devengarase por primeira vez, o mes da inscrición, calquera que sexa o día no que esta se produza. As baixas comunicaranse na casa da cultura e causasen efectos económicos no momento da súa presentación.
A taxa pola utilización do Salón de actos do concello para vodas, devengarase no momento da concesión deste por parte deste.
Artigo 4.-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria e 23 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, que soliciten o local municipal ou que promovan a utilización dos locais.
Artigo 5. Beneficios Fiscais
Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deban satisfacer por esta taxa.
Artigo 6.-Cota Tributaria
A cota a abonar polos suxeitos pasivos consistirá no seguinte:
A) Pola utilización de locais do concello (excepto salón casa cultura e salón de actos do concello), para fins distintos ós seguintes, a cantidade de 20,00 €/diarios.
B) Pola realización de cursos por entidades privadas satisfarase a cantidade de 30,00 € de matricula no momento de concederse o local, e 10,00 €/mes por persoa matriculada ó inicio de cada período mensual; no caso de períodos inferior ó mes prorratearase en función dos días.
C) Pola utilización do salón de actos da casa da cultura ou da casa das Palmeiras, a cantidade de 30,00 € diarios e no caso de cobro de entrada 90,00 €.
D) Pola utilización do salón de actos do Concello ou dos salóns de actos da Casa da Cultura e/ou da Casa das Palmeiras para vodas, a cantidade de 120,00 € por cada acto se os contraentes estan empadroados en Neda e a cantidade de 180,00 € por acto se os contraentes non se atopan empadroados en Neda. Fora das anteditas dependencias as tarifas a satisfacer ascenderán a cantidade de 200,00 € por cada acto se os contraentes estan empadroados en Neda e a cantidade de 275,00 € por acto se os contraentes non se atopan empadroados en Neda.
E) Pola asistencia a espectáculos no auditorio da Casa da Cultura e na Casa das Palmeiras (teatro, danza, música, etc):
a.1. Entrada de adultos.-2,00.-€
a.2. Entrada infantil, > 65 anos, e xoves con carnet xove ou carnet de estudante.-1,00.-€
F) Pola utilización por parte de peregríns do Camiño Inglés a Santiago de Compostela dos distintos locais municipais que puidesen ser habilitados ao efecto (ximnasio municipal, pavillón polideportivo, etc.).-2,00.-€
Artigo 7.-Normas de xestión
No momento de efectúa-la inscrición, deberá ordenarse a unha entidade bancaria a domiciliación do pagamento da taxa.
Disposicíón Final
A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno en data 20 de setembro do 2007 e publicada no BOP número 273 de data 26 de novembro do 2007 e comezará a rexer o día 1 de xaneiro do 2008, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou a súa modificación expresa.