Riveira - ORDENANZA FISCAL Nº 7, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE RECOLLIDA DO LIXO E DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Publicación provisional: 18/11/2003 BOP Nº: 265
Publicación definitiva: 31/12/2003 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2006

ARTIGO 5.- Cota tributaria

1.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.

2.- A tal efecto, aplicarase a seguinte Tarifa:

A)- Vivendas: 19,3910 euros.

B)- Cafés, bares, pubs: 94,6072 euros.

C)- Salas de festa, discotecas, clubs, teatros, bingos, cines e similares: 107,7549 euros.

D)- Circos por actuacións de tres ou menos días: 206,7072 euros. Por cada día de actuación a maiores: 103,3571 euros.

E)- Atraccións, fóra de tempada de festas: 32,4554 euros/día.

F)- Bancos, Caixas de Aforro e almacéns de mais de 50 m2: 94,6072 euros.

G)- Hostais e fondas: 64,9229 euros.

H)-Comercios e tendas e xeral, de mais de 50 m2: 71,1945 euros.

I)- Comercios e tendas en xeral, de 50 m2 ou menos, postos en mercados municipais, instalacións de tempada, academias, despachos profesionais e despachos abertos ó público: 30,2608 euros.

L)- Obradoiros e garaxes de 100 m2 ou mais: 64,7401 euros.

M)- Obradoiros e garaxes de menos de 100 m2: 32,4544 euros.

N)- Supermercados:

- de menos de 900 m2: 172,3966 euros.

- de 900 m2 ou mais: 431,0198 euros.

O)- Fabricas, industrias non alimentarias, frigoríficos, industrias depuradoras e factorias e cemiterios: 115,5732 euros.

P)- Industrias de alimentación: 224,2699 euros.

Q)- Campings:

- ata 300 plazas: 129,2975 euros.

- mais de 300 plazas: 258,2153 euros.

R)- Restaurantes, mesones, asaderos e similares: 112,0578 euros.

S)- Hoteis:

- con salón comedor: 258,2153 euros.

- se non sirven comidas: 129,2975 euros.

T) Hospitais: 431,0151 euros

U) Residencias da terceira idade: 258,2200 euros

V) Colexios e Institutos e Guarderías:

- con salón comedor: 112,0578 euros.

- se non sirven comidas: 30,2608 euros.

3.- As cotas sinaldas na Tarifa teñen carácter irreducible e corresponden a un trimestre.

4.- Os inmobles das parroquias rurais de Artes, Olveira e Oleiros, onde a recollida se efectúa en días alternos, disporán dunha bonificación do 40% da Tarifa correspondente".

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data 13-11-2003, entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 01-01-2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.