Riveira - B.1.12 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO RECOLLIDA DO LIXO E DE RESÍDUOS SÓLIDOS URBÁNS

Publicación provisional: 18/11/2003 BOP Nº: 265
Publicación definitiva: 31/12/2003 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 29/12/2023

ARTIGO 1.- Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, que nas súas normas atende ó previsto no artigo 57 do citado R.D.L. 2/2004.

ARTIGO 2.- Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo, de recepción obrigatoria polo seu carácter hixiénico-sanitario, de recollida domiciliaria do lixo e demais residuos sólidos urbanos, e o seu traslado ó vertedoiro municipal e posterior tratamento.

2. A tal efecto, considérase lixo domiciliario ou residuos sólidos urbanos, suxeitos á taxa, os definidos no art. 3 .a) da Lei 10/1997, de 22 de agosto, de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, e exclúense de tal concepto os residuos definidos no art. 4.2 da referida Lei 10/1997, que se declaran non suxeitos.

ARTIGO 3.- Suxeito pasivo.

1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais situados na zona na que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario ou de usufrutuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.

2.- Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, como beneficiarios do servizo.

ARTIGO 4.- Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades que se recollen no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria e co alcance que sinala dito artigo.

ARTIGO 5.- Cota tributaria.

1.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.

2.- A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:

 

TARIFA S - CLAVE 1 vivendas.

23,283475 €

TARIFA V - CLAVE 2 cafés, bares, pub, café-teatro, cafeterías especiais, disco-bar, casa de comidas de menos de 100 m2

113,598500 €

TARIFA H - CLAVE 3 Discotecas, salas de festas, salóns de baile, Pavillóns feriais bingos,

129,385469 €

TARIFA B - CLAVE 4 Centro asistencial, ambulatorio, facenda delegación, outras delegacions , correos e telecomunicacións

85,485937 €

TARIFA C - CLAVE 4: Avogado-despacho, academia, alfándegas-axencias, alimentación taberna-servicio, alimentación tenda x.r.-venda polo miúdo, aluguer coches sen conductor, antigüidades-venda polo miúdo, aparellador- estudio, arquitectos-estudio, asesoría, asociación de amas casa, autoescolas academias, automóbil-exposición, barberías, bazares-venda polo miúdo, bicicletas e motocicletas- exposición, bicicletas-venda polo miúdo, quincalla-venda polo miúdo, bolsos-venda polo miúdo, calzado reparación- taller, calzados-venda polo miúdo, cámara oficial de comercio, camisería- venda polo miúdo, carnicerías, casas de oficios, centro psicotécnico, cestería- venda polo miúdo, ferrallerías,club xubilados, confraría pescadores, comerico de bolsos e maletas, confeccións-exposición, confeccións-venda polo miúdo, confeitería pastelería-venda polo miúdo, construcción contratistas, contabilidade oficinas, corredores de comercio, coiro diverso- venda polo miúdo, decoración, delegacións xornais-oficinas, deportes-venda polo miúdo, despacho e vivenda, dietética e nutrición, discos e casettes- venda polo miúdo, elaboración p. cárnicos, ensino-academia, estudio, exposicións en xeral, extensión agraria, federación de empresarios, florería- exposición, fontanería-taller, gases combustibles- oficinas, lambetadas- venda polo miúdo, graduado social-oficina, alabardería e talabarterías, idiomas-academias, importación-exportación axencia, instrumentos musicais-venda polo miúdo, xardíns de infanciagarderías, xoiería e pratería- venda polo miúdo, xoiería e reloxería-venda polo miúdo, xogueterías venda polo miúdo, candeeiros-venda polo miúdo, lás-venda polo miúdo, lapidarios- taller, lavandeirías, leite e derivados-despacho, lencería, louza e cristal- exposición, louza e cristal-venda polo miúdo, maquinaria-exposición, médico, mercerías-venda polo miúdo, montaxes eléctricos-oficina técnica, motocicletas-venda polo miúdo, moblerías-exposición, música-academia, notaría, nutrición e dietética-venda polo miúdo, obras novas urbanas-venda, oficina representacións, oficinas, ópticas, ordena-dores-venda polo miúdo, organización nacional de cegos, ouro compra-venda, tendas de paxaros, pan- despachos, partidos políticos-oficinas, parvularío, perruquería cabaleiros, perruquería donas, perruquería donas e cabaleiros, perruquería , perruquería-academia, peles- venda polo miúdo, prendas punto-venda polo miúdo, profesionais-despacho, psicólogo-consulta, quincallas-venda polo miúdo, quioscos, radio-xoguetes-venda polo miúdo, recadación de tributos-oficina, agasallos-venda polo miúdo, reloxería- venda polo miúdo, revistas e xornais-venda polo miúdo, roupa fogar-venda polo miúdo, salóns de beleza, seguros sociais-oficinas, seguros-oficinas, servicios diversos-empresa, sub-ministro eléctrico-oficinas, tecidos-venda polo miúdo, teléfono-s.p., teléfonos e radio-instalación, teléfonos-venda polo miúdo, tinturerías, Locais sindicais, vestido tocado-venda polo miúdo, viaxes-axencias, viños- venda polo miúdo. (os locais seran superiores a 50 m2)

85,485937 €

TARIFA D - CLAVE 4 A: salas de xogo, Animais e prantas-venda, Fertilizantes-venda polo miúdo, alimentación-venda polo miúdo, análises clínicas, laboratorios, aparatos eléctricos-reparación, auditorio, bicicletas reparación- taller, mariscos e peixes-venda carpinteria non mecánica-taller, cementos-venda polo miúdo, centro control medio mariño, cereais-venda polo miúdo, cetarias, clínica dental, cociñas-venda e instalación, conxelados- venda polo miúdo, consignatarios de buque-oficinas, cristalerías-venda polo miúdo, droguerías- venda polo miúdo, efectos navais-venda polo miúdo, electrodomésticos-venda polo miúdo, electrónica e r.t.v. comp.-venda polo miúdo, farmaceúticos- laboratorios, farmacias, farmacias e ópticas, ferraxerías-venda polo miúdo, fincas urbanas- administración, fotografia-estudio, fotografia-laboratorio, fotografia- venda polo miúdo, froitas e verduras-venda polo miúdo, xestorías, ximnasios, billame e similares- venda polo miúdo, xeladería, fogar xuvenil, hostalería-venda maquinaría, inmobiliarias-axencias, instituto n. ensinanza media, xabóns e lixivias- venda polo miúdo, xoiería-taller, librerías, madeiras-venda polo miúdo, maquinaria agrícola-venda polo miúdo, maquinaria eléctrica- venda polo miúdo, materiais tecindustriais-venda polo miúdo, materiais de construcción- venda polo miúdo, materiais eléctricos-almacén e oficinas, materiais sanitarios-venda polo miúdo, material construcción-almacén, material, pompas fúnebres . (A venta en locais de mais de 50 m2)

85,485937 €

TARIFA F - CLAVE 4 Abonos fertilizantes-venda por xunto, asfaltos-venda por xunto, autorreposto-venda por xunto, bebidas-venda por xunto, calzados- venda por xunto, carburante lubricantes-venda por xunto, cementos-venda por xunto, cereais- venda por xunto, coloniais-venda por xunto, confeccións- venda por xunto, cristalerias-venda por xunto, deportes-venda por xunto, droguerías-venda por xunto, elaboración e envasado viños-venda por xunto, embarcacións-venda por xunto, fe- rraxerías-venda por xunto, froitas-venda por xunto, xoierias e praterias-venda por xunto, limpezavenda por xunto productos, , lubricantes-alamacen venda por xunto, madeirasvenda por xunto, maquinaria agrícola-venda por xunto, maquinaria eléctrica, venda por xunto, marcos e pintura-venda por xunto, materiais construcción-venda por xunto, material eléctrico-venda por xunto, motocicletas-venda por xunto, moblerías- venda por xunto, paquetería-venda por xunto, peixevenda por xunto, peles pais-venda por xunto, prefabricados, produtos químicos- almacén, recubrimentos pisos-venda por xunto, reloxería-venda por xunto, sal-venda por xunto, sanitarios artigos-venda por xunto, tecidos-venda por xunto, viños-venda por xunto

85,485937 €

TARIFA F - CLAVE 79:, casas comidas, restaurantes, mesons e asaderos, de mais de 100 m2

134,552115 €

TARIFA Q -CLAVE 5 Hostais e hospedaxes (fondas))

77,955472 €

TARIFA I - CLAVE 6 Bancos, caixa postal, caixas de aforros

113,598438 €

TARIFA D - CLAVE 7 Animais e prantas-venda, Fertilizantes-venda polo miúdo, alimentación-venda polo miúdo, mariscos e peixes-venda análises clínicas, laboratorios, aparatos eléctricos-reparación, auditorio, bicicletas reparación- taller, carpinteria non mecánica-taller, cementos-venda polo miúdo, centro control medio mariño, cereais-venda polo miúdo, cetarias, clínica dental, cociñas-venda e instalación, conxeladosvenda polo miúdo, consignatarios de buque-oficinas, cristalerías-venda polo miúdo, droguerías-venda polo miúdo, efectos navais-venda polo miúdo, electrodomésticos-venda polo miúdo, electrónica e r.t.v. comp.-venda polo miúdo, farmaceúticos-laboratorios, farmacias, far- macias e ópticas, ferraxerías-venda polo miúdo, fincas urbanas- administración, fotografia- estudio, fotografia-laboratorio, fotografia-venda polo miúdo, froitas e verduras-venda polo miúdo, xestorías, ximnasios, billame e similares- venda polo miúdo, xeladería, fogar xuvenil, hostalería-venda maquinaría, inmobiliarias-axencias, instituto n. ensinanza media, xabóns e lixivias-venda polo miúdo, xoiería-taller, librerías, madeiras-venda polo miúdo, maquinaria agrícola-venda polo miúdo, maquinaria eléctrica-venda polo miúdo, materiais tecindustriais-venda polo miúdo, materiais de construcción-venda polo miúdo, materiais eléctricos-almacén e oficinas, materiais sanitarios-venda polo miúdo, material construcción-almacén, material . (A venta en locais de menos de 50 m2)

36,335401 €

TARIFA A - CLAVE 7 asociacións de veciños, churrerías, corte e confección- academia, establecementos menores en portal, quioscos, modistas-taller, postos exteriores na praza de abastos, revistas e xornais, xastrerías-taller

36,335401 €

TARIFA C - CLAVE 7 Avogado-despacho, academia, alfándegas-axencias, alimentación taberna-servicio, alimentación tenda x.r.-venda polo miúdo, aluguer coches sen conductor, antigüidades-venda polo miúdo, aparellador- estudio, arquitectos-estudio, asesoría, , asociación de amas casa, autoescolasacademias, automóbil-exposición, barberías, bazares-venda polo miúdo, bicicletas e motocicletas- exposición, bicicletas-venda polo miúdo, quincalla-venda polo miúdo, bolsos-venda polo miúdo, calzado reparación- taller, calzados-venda polo miúdo, cámara oficial de comercio, camisería- venda polo miúdo, carnicerías, casas de oficios, centro psicotécnico, cestería- venda polo miúdo, ferrallerías,club xubilados, confraría pescadores, comerico de bolsos e maletas, confeccións-exposición, confeccións-venda polo miúdo, confeitería pastelería-venda polo miúdo, construcción contratistas, contabilidade oficinas, corredores de comercio, coiro diverso- venda polo miúdo, decoración, delegacións xornais-oficinas, deportes-venda polo miúdo, despacho e vivenda, dietética e nutrición, discos e casettes-venda polo miúdo, elaboración p. cárnicos, ensino-academia, estudio, exposicións en xeral, extensión agraria, federación de empresarios, florería-exposición, fontanería-taller, gases combustibles- oficinas, lambetadas-venda polo miúdo, graduado social- oficina, alabardería e talabarterías, idiomas-academias, importación- exportación axencia, instrumentos musicais-venda polo miúdo, xardíns de infanciagarderías, xoiería e pratería-venda polo miúdo, xoiería e reloxería- venda polo miúdo, xogueterías venda polo miúdo, candeeiros-venda polo miúdo, lás-venda polo miúdo, lapidarios-taller, lavandeirías, leite e derivados-despacho, lencería, louza e cristal-exposición, louza e cristal- venda polo miúdo, maquinaria-exposición, médico, mercerías-venda polo miúdo, montaxes eléctricos-oficina técnica, motocicletas-venda polo miúdo, moblerías-exposición, música-academia, notaría, nutrición e dietética-venda polo miúdo, obras novas urbanas-venda, oficina representacións, oficinas, ópticas, ordena-dores-venda polo miúdo, organización nacional de cegos, ouro compra-venda, tendas de paxaros, pan- despachos, partidos políticos- oficinas, parvularío, perruquería cabaleiros, perruquería donas, perruquería donas e cabaleiros, perruquería , perruquería-academia, peles- venda polo miúdo, prendas punto-venda polo miúdo, profesionais-despacho, psicólogo- consulta, quincallas-venda polo miúdo, quioscos, radio-xoguetes-venda polo miúdo, recadación de tributos-oficina, agasallos-venda polo miúdo, reloxería- venda polo miúdo, revistas e xornais-venda polo miúdo, roupa fogar-venda polo miúdo, salóns de beleza, seguros sociais-oficinas, seguros- oficinas, servicios diversos-empresa, sub-ministro eléctrico-oficinas, tecidos- venda polo miúdo, teléfono-s.p., teléfonos e radio-instalación, teléfonos- venda polo miúdo, tinturerías, Locais sindicais, vestido tocado-venda polo miúdo, viaxes-axencias, viños- venda polo miúdo, loterias-administración . (os locais de venda seran inferiores a 50 m2), pequenas estacions de autobuses

34,160816 €

TARIFA E - CLAVE 8 Acristalamento edificios-taller, axuste-taller, almacén frigorífico, automóbilexposición e venda, automóbil-lavado e engraxe, automóbil- reparación rodas, automóbil-taller chapa pintura, automóbil- taller eléctrico, automóbil-taller mecánico, autorreposto-venda polo miúdo, caldeireriataller, calefaccións, cámaras e cubertas-venda e reparación, camións-exposición e venda, carburantes lubrificantes-venda polo miúdo, carpintería metálica-taller, cerraxería e ferrería-taller, cinematógrafos, cadros e molduras-taller, cordasfábrica, cultivo de ostra, decoración-taller, , ebanisteria e carpinteria-taller, electricidadetaller, electrolisis cinc-taller, escobillas-fábrica de, , ferrallistas-taller, florerías, fontaneria calefacción, taller, forxados e viguetas-fábrica de, frigoríficos-cámaras, frio-taller reparación, garaxes servicio público, gases combustibles-almacén e venda, gasosas e sifóns-fábrica de, instalacións eléctricas alta baixa tensión-taller, instalacións eléctricas-taller, xoiería e pratería-fábrica de, cogos recreativos, ladrillo-fábrica de, lanchas e motoras-fábrica de, maquinaria industrial- reparación e venda, marmoreria- taller, motores mariños-taller, moblerías- venda polo miúdo, oficinas e taller, pan e bolos-fábrica de, practicantes- clínica, portas e persianas-venda polo miúdo, queixos e manteigas-fábrica de, radio-emisoras, soldadura e forxa-taller, taller de reixas e enreixados, taller granitos, taller mecánico, taller mecánico naval, taller reparación bombas inxectoras, tapicería-taller, teatros, transportes-axencia. (locais de mais de 100 m2)

77,735978 €

TARIFA L - CLAVE 9 supermercados de menos de 900 m2

207,003253 €

TARIFA E - CLAVE 10: cristalamento edificios-taller, axuste-taller, almacén frigorífico, automóbilexposición e venda, automóbil-lavado e engraxe, automóbil- reparación rodas, automóbil-taller chapa pintura, automóbil- taller eléctrico, automóbil-taller mecánico, autorreposto-venda polo miúdo, caldeireriataller, calefaccións, cámaras e cubertas-venda e reparación, camións-exposición e venda, carburantes lubrificantes-venda polo miúdo, carpintería metálica-taller, cerraxería e ferrería-taller, cinematógrafos, cadros e molduras-taller, cordasfábrica, cultivo de ostra, decoración-taller, , ebanisteria e carpinteria-taller, electricidadetaller, electrolisis cinc-taller, escobillas-fábrica de, ferrallistas-taller, florerías, fontaneria calefacción, taller, forxados e viguetas-fábrica de, frigoríficos-cámaras, frio-taller reparación, garaxes servicio público, gases combustibles-almacén e venda, gasosas e sifóns-fábrica de, instalacións eléctricas alta baixa tensión-taller, instalacións eléctricas-taller, xoiería e pratería-fábrica de, cogos recreativos, ladrillo-fábrica de, lanchas e motoras-fábrica de, maquinaria industrial-reparación e venda, marmoreria- taller, motores mariños-taller, moblerías-venda polo miúdo, oficinas e taller, pan e bolos-fábrica de, practicantes-clínica, portas e persianas-venda polo miúdo, queixos e manteigas-fábrica de, radio- emisoras, soldadura e forxa-taller, taller de reixas e enreixados, taller granitos, taller mecánico, taller mecánico naval, taller reparación bombas inxectoras, tapicería-taller, teatros, transportes-axencia. (de menos de 100 m2)

38,969272 €

TARIFA J - CLAVE 29 supermercados de 900 m2 o mas

517,542138 €

TARIFA CH - CLAVE 31 Colexio con comedor

134,552115 €

TARIFA LL - CLAVE 32 Colexio sin comedor

36,335401 €

TARIFA P - CLAVE 33 hospitais

517,536365 €

TARIFA R - CLAVE 34 residencias

310,049393 €

TARIFA G - CLAVE 39 industrias transformadoras de peixe e/ou marisco conserveiras/depuradoras/cocedeiros/etc.), asfaltos-elaboración, estaleiros, automóbil- taller xeral e ITV, baldosas terrazos pavimentos-fábrica de, bombas de fluidos-fábrica de, carrocerías-fábrica de, cepillos-fábrica de, conservas-fábrica de, construccións metálicas-fábrica de, de-pósitos-fábrica de, economatos-empresas, envases metálicos- fábrica de, fundicións e aleaccións-fábrica de, imprenta-taller, imprentas e papelerías, industria metal, maquinaria industria conserveira-taller, motores mariños-fábrica de, mobles-fábrica de, plásticos-fábrica de, produtos lácteos-fábrica de, pub, recuperación estaño-fábrica , cementerios, tanatorios

138,773139 €

TARIFA -CLAVE 44 circos por actuacións de tres ou menos dias,

248,201244 €

Por cada día de actuación a maiores

124,104767 €

TARIFA G - CLAVE 49 A estación autobuses de mais de 100 m2, cementerios, tanatorios

269,289468 €

TARIFA CH - CLAVE 54 atraccións, fora de tempada de festas

38,970437 €

TARIFA LL - CLAVE 59 camping hasta 300 plazas

155,252440 €

TARIFA P - CLAVE 69 camping de mas de 300 plazas

310,049393 €

TARIFA T - CLAVE 89 Hoteis con comedor

310,049393 €

TARIFA U - CLAVE 99 Hoteis sin comedor

155,252440 €

Para calquera outro uso non especificado nas tarifas facturarase por similitude, previos os informes dos Técnicos Municipais.

 

3.- As cotas sinaladas na tarifa teñen carácter irredutible e corresponden a un trimestre.

4.- Os inmobles das parroquias rurais de Artes, Olveira e Oleiros, onde a recollida se efectúa en días alternos, disporán dunha bonificación do 30% da tarifa correspondente.

5.- A cota quedará reducida ao 50% para os contribuíntes beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA).

5.1. O carácter desta redución é rogado, xurdindo efecto a súa concesión no período de liquidación seguinte ao da solicitude.

5.2. Os interesados que desexen solicitar esta redución da cota da taxa, deberán presentar o modelo normalizado aprobado polo Concello de Riveira debidamente cuberto, achegando a seguinte documentación:

a) Solicitude da redución mediante o modelo que se facilitará por este Concello.

b) Fotocopia do NIF das persoas físicas solicitantes, así como no seu caso, xustificante que acredite a actuación a través de representación e NIF da persoa que actúe como representante.

c) Fotocopia compulsada do acordo de concesión da RISGA.

d) Fotocopia do último recibo de pago da taxa polo servizo de recollida do lixo e residuos sólidos urbanos.

e) Identificación da referencia catastral do inmoble obxecto da prestación do servizo de recollida do lixo e residuos sólidos urbanos (copia do recibo do imposto sobre bens inmobles,...) no que debe constar correctamente a titularidade catastral do inmoble.

f) No caso en que o inmoble obxecto do servizo onde resida o solicitante non sexa da súa propiedade, deberá achegarademais:

 

1. Fotocopia do NIF do propietario doinmoble.

2. Fotocopia do contrato de aluguer ou documento que acredite que o propietario do inmoble cédelle o uso do mesmo ao solicitante da redución.

5.3. Se a solicitude non reúne os requisitos sinalados nos puntos anteriores, requirirase ao interesado na forma establecida no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que nun prazo de 10 días emenden a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixese, considerarase que desistiu da súa petición, logo de resolución ditada para o efecto.

5.4. Tanto o propietario do ben inmoble obxecto da prestación do servizo como o beneficiario terán a obriga de comunicar á administración municipal calquera modificación nos datos relativos a esta redución.

5.5. No caso de renovacións, cando o réxime protector (RISGA) ao que estea acollido o interesado se acorde por un período de tempo determinado, deberanse presentar soamente os documentos expresados nas letras a) e c) do punto 2 deste apartado.

5.6. O cambio de domicilio por parte do beneficiario suporá o cese do desfrute da redución da cota tributaria con efectos no mesmo trimestre en que efectivamente se probe. No seu caso deberá facer unha nova solicitude con todos os documentos expresados no punto 2 deste artigo para o recoñecemento da mesma no novo domicilio.

ARTIGO 6.- Devengo.

1.- Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento da iniciación da prestación do servizo, entendéndose realizada a súa utilización polos titulares de vivendas e locais existentes na zona cuberta polo servizo, ben por estar no itinerario ou ben por estar a zona de influencia contenerizada, por ter carácter de recepción obrigatoria en virtude dos artigos 11 da Lei 10/1997 de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia e 34 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais.

2.- Establecido e en funcionamento o servizo, as cotas devengaranse o primeiro día de cada trimestre natural.

ARTIGO 7.- Declaración e ingreso.

1.- Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data en que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición no correspondente censo fiscal, presentado ó efecto a preceptiva declaración de alta.

2.- Cando se coñeza, xa de oficio ou ben por comunicación dos interesados, calquera variación nos datos salientados no Padrón fiscal, levaranse a cabo neste as modificacións correspondentes, que farán efecto a partir do período de cobranza seguinte á data na que se efectúe a declaración.

3.- O cobro das cotas efectuaranse trimestralmente, notificando as liquidacións colectivamente mediante a inserción de anuncios no B.O.P. de acordo co previsto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 8.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributaria, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarse ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición Adicional Primeira.

Nos exercicios en que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia estableza unha bonificación do 15% no canon unitario de Sogama e o Concello de Ribeira deba trasladar o importe equivalente ao da devandita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo, establécese unha bonificación no importe da tarifa do cuarto trimestre, de tal maneira que as contías das tarifas do mesmo serán as seguintes, en substitución das previstas no artigo 5.2 da ordenanza fiscal:

CLAVE

NUM TARIFA

TARIFA

A

7

26,15 €

B

4

61,51 €

C

4

61,51 €

C

7

26,15 €

CH

31

96,82 €

D

4

61,51 €

D

7

26,15 €

E

8

55,94 €

E

10

28,03 €

F

4

61,51 €

F

79

96,82 €

G

39

99,85 €

G

49

193,77 €

H

3

93,10 €

I

6

81,74 €

J

29

372,40 €

L

9

148,95 €

LL

32

26,15 €

LL

59

111,71 €

P

33

372,40 €

P

69

223,10 €

Q

5

56,10 €

R

34

223,10 €

S

1

16,75 €

T

89

223,10 €

U

99

111,71 €

V

2

81,74 €

Sobre estas tarifas tamén se aplicarán as bonificacións recollidas no artigo 5.4 da ordenanza.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente modificación da ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia logo da súa aprobación definitiva polo Pleno da Corporación municipal, e estará en vigor ata a súa derrogación expresa.