Vedra - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES (IBI)

Publicación provisional: 17/11/2003 BOP Nº: 264
Publicación definitiva: 08/01/2004 BOP Nº: 5
Aplicable dende: 01/01/2004

Artigo 1.-Fundamento legal

Segundo o establecido no artigo 15.2 e 73 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este concello acorda no exercicio das facultades que lle confire a citada lei no relativo á fixación dos elementos necesarios para a determinación de cotas tributarias do imposto sobre bens inmobles, previsto no artigo 60.1 a) da referida lei.

Artigo 2.-Elementos da relación tributaria fixados pola lei.

A natureza do tributo, a configuración do feito impoñible, a determinación dos suxeitos pasivos e da base de tributación, a aplicación dos beneficios tributarios, a concreción do período impositivo e o nacemento da obriga de contribuír ó devengo, así coma o réxime de administración e xestión, regúlase conforme o establecido na subsección 2.ª, da sección 3.ª, do capítulo II, da citada Lei reguladora das facendas locais.

Artigo 3.-Tipos de gravame

De acordo co establecido no artigo 73 da le 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, establécense os seguintes tipos de gravame:

A) En bens inmobles de natureza urbana: 0,50 por cento.

B) En bens inmobles de natureza rústica: 0,65 por cento.

C) En bens inmobles de características especiais: 1,3 por cento.

Artigo 4.-Exencións

4.1.-Gozarán de exención os inmobles previstos no artigo 63.1 da LFL

4.2.-Gozarán tamén de exención, previa solicitude, os inmobles previstos no artigo 63.2 da LFL. A solicitude que será presentada antes do 1 de xullo de cada exercicio, incluirá a acreditación do cumprimento dos requisitos esixibles para a aplicación da exención:

A) No caso dos inmobles declarados expresa e individualizadamente monumento ou xardín histórico de interese cultural, a declaración do inmoble como ben de interese cultural

B) No caso das superficies dos montes con repoboamento forestal ou rexeneración de masas arbóreas, certificación acreditativa emitida pola Delegación Provincial da Dirección Xeral de Montes.

4.3.-Gozarán así mesmo de exención os seguintes inmobles:

A) Os de natureza urbana, sempre que a cota líquida, resultante da aplicación dos beneficios fiscais, sexa inferior a 6 euros

B) Os de natureza rústica, no caso que, para cada suxeito pasivo, a cota líquida correspondente a totalidade de bens rústicos posuídos no concello sexa inferior, despois de ser aplicados os beneficios fiscais, a 1 euro.

5.º .-Bonificacións

5.1.-Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa gozarán dunha bonificación na cota íntegra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual, e na que estea empadroado, coas seguintes características:

 

Categoría de familia numerosa % bonificación si valor catastral menor ou igual a 50.000 euros
1.ª 35
2.ª 45
Honor 55

 

Para a aplicación das bonificacións será requisito imprescindible a súa solicitude polo interesado, que deberá acreditar:

A) O empadroamento na vivenda obxecto da solicitude.

B) A condición e categoría de familia numerosa, por medio do título oficial.

Non se poderá aplica-la bonificación a máis dunha vivenda por titular.

5.2.-Gozarán dunha bonificación do 95 por cento da cota os bens de natureza rústica das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra.

Os solicitantes presentarán o certificado sobre a condición de cooperativas agrarias ou de explotación comunitaria da terra, emitido pola administración correspondente.

5.3.-As bonificacións, previo informe dos departamentos municipais que correspondan, serán concedidas ou denegadas pola Comisión de Goberno.

5.4.-As bonificacións contempladas nos puntos 2 e 3 deste artigo serán compatibles, sen que en ningún caso poidan exceder do 75 por cento da cota íntegra, de forma acumulativa.

6.º .-Infraccións e sancións

Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 77 e seguintes da LXT.

Disposición derradeira

A presente ordenanza foi aprobada de xeito provisorio polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 30 de outubro de dous mil tres. Comezará a rexe-lo día 1 de xaneiro de 2004 e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.