Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE LICENZAS URBANÍSTICAS
Artigo 1.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Negreira establece a Taxa pola expedición de Licencias Urbanísticas, á que se refire o artigo 20.4 h) do Texto Refundido aprobado polo RDLex. 2/2004, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao previsto no artigo 58 do citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Artigo 2.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, dirixida a verificar se os actos de ocupación, construcción, edificación e uso do solo e do subsolo que vaian realizarse no termo municipal, axústanse ao ordenamento urbanístico vixente e se reúnen as condicións esixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade, todo elo de conformidade co establecido no artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e a súa normativa de desenrolo.
Artigo 3.- Supostos de non suxeición.
Non estarán suxeitos ó pagamento da taxa, pero si a obriga de solicitar a oportuna licencia:
a) As obras que deban efectuar os particulares nas vías públicas ou na fachada dos pisos baixos e que sexan consecuencia directa das modificacións de aliñacións ou rasantes, canalizacións ou sumidoiros que faga o Concello.
b) O branqueo, pintado ou revestimento das fachadas e muros.
c) As derrubas ou demolicións daqueles inmobles que se produzan como consecuencia de declaracións de ruína inminente e que fosen ordenadas polo Concello.
d) As derrubas ou demolicións daqueles inmobles que de acordo coa actual regulamentación urbanística do Concello se atopen fora de ordenación e fosen ordenadas por este último.
e) As obras necesarias para a eliminación de barreiras arquitectónicas, sempre e cando non impliquen incremento do volume da edificación nin cambio de uso de ela.
f) As instalacións, construccións e obras promovidas directamente por outras administracións públicas que estiveran suxeitas a licencia urbanística municipal ou a calquera outra actividade municipal técnica e administrativa de verificación que constitúa o feito impoñible de este imposto, de conformidade co establecido no artigo 2 da presente ordenanza.
Artigo 4.- Suxeito pasivo
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan solicitantes dunha licencia ou que executen as instalacións, obras ou construccións sen ter obtido a preceptiva licencia.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras, de conformidade co previsto no artigo 23.2 do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo.
Artigo 5.- Responsables solidarios e subsidiarios.
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito e de dereito das persoas xurídicas, os integrantes da administración concursal e os liquidadores de sociedades i entidades en xeral, nos supostos e coa extensión que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 6.- Cota tributaria.
A cota tributaria determinarase mediante a aplicación da tarifa contida do artigo seguinte, segundo as seguintes modalidades:
- Unha cota fixa á que, segundo a natureza do expediente a tramitar, se lle sumará outra cantidade en función da superficie, lonxitude ou unidade.
- Pola aplicación dun tipo sobre o orzamento, nos casos de obras de construcción, conservación e similares e de demolición de edificacións.
Artigo 7.- Tarifa.
1. Licencias de autorización para a segregación de parcelas, por cada parcela resultante: 60,00 euros.
2. Instalación de tanques, depósitos de almacenamento de auga, piscinas, etc., así como outros depósitos de almacenamento de gas, petróleos, gasóleos e similares: 60,00 euros.
3. Instalación de quioscos en vía pública:
a. Cota fixa por unidade: 60,00 euros.
b. Por cada metro cadrado: 30,00 euros.
4. Instalación de carteis publicitarios:
a. Cota fixa por unidade: 60,00 euros.
b. Por cada metro cadrado: 30,00 euros.
5. Fixación de liñas e rasantes de edificacións:
a. Cota fixa por unidade: 60,00 euros.
b. Por cada metro: 1,50 euros.
6. Construcción de edificacións:
Para a determinación da cota tributaria, aplicarase unha porcentaxe dun 0,5% sobre a base impoñible a efectos do Imposto de Construccións, Instalacións e Obras.
7. Obras de conservación, reforma, peches, retellados e similares:
Para a determinación da cota tributaria, aplicarase unha porcentaxe dun 0,5% sobre a base impoñible a efectos do Imposto de Construccións, Instalacións e Obras.
8. Demolición de edificacións:
Para a determinación da cota tributaria, aplicarase unha porcentaxe dun 0,5% sobre a base impoñible a efectos do Imposto de Construccións, Instalacións e Obras.
9. No caso de obras maiores: expedición e subministro do cartel de obra normalizado segundo o modelo establecido na normativa urbanística: 120,00 euros.
10. Por toda aquela actividade municipal que se axuste ao feito impoñible desta ordenanza e que non apareza especificada nos epígrafes destas tarifas, aplicarase unha porcentaxe dun 0,5% sobre a base impoñible a efectos do Imposto de Construccións, Instalacións e Obras.
Establécese unha bonificación do 100% na cota tributaria, para os casos de determinación da mesma mediante porcentaxe sobre o orzamento presentado, cando o importe a liquidar non acade un mínimo de 1,00 €.
Artigo 8.- Devengo.
1. Devéngase a taxa e xurde a obriga de contribuír cando se comece a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase comezada a devandita actividade na data da presentación da oportuna solicitude, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2. Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter obtido a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se comece a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable.
3. No caso de denegación da licencia solicitada, ou de renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia, procederase, previa solicitude do interesado, á devolución do 100% do importe previamente aboado.
Artigo 9.- Beneficios fiscais.
Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos Tratados Internacionais.
Artigo 10.- Normas de xestión.
1. Os interesados na obtención dunha licencia de obras ou urbanística virán obrigados a presentar no Rexistro Xeral do Concello a oportuna solicitude, acompañando proxecto visado polo Colexio Oficial respectivo, especificando a natureza da obra, lugar de emprazamento, importe estimado da mesma, medicións e destino.
2. Cando se trate de licencia para aqueles actos nos que, de conformidade coa normativa estatal, autonómica e local aplicable, non sexa esixible a formulación de proxecto subscrito por técnico competente, acompañarase á solicitude un presuposto das obras a realizar así como unha descrición precisa da superficie afectada, materiais a empregar, i en xeral, das características da obra ou acto, dos cales os seus datos permitan comprobar o seu custo.
3. Se despois de formulada a solicitude de licencia se modificase ou ampliase o proxecto, deberá poñerse en coñecemento da administración municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.
Artigo 11.- Liquidación, notificación e ingreso.
1. Á vista da documentación presentada polos interesados, previo estudio e valoración da mesma pola oficina técnica municipal, practicarase liquidación provisional tomando como base impoñible para esta liquidación o presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial correspondente cando elo constitúa un requisito preceptivo.
2. Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible á que se refire o artigo 5 da presente ordenanza, practicando a correspondente liquidación definitiva i esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
3. O ingreso realizarase nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 12.- Caducidade e duración das licencias.
1. Consideraranse caducadas as licencias se despois de ser concedidas transcorren máis de seis meses sen dar comezo ás obras, ou cando, unha vez comezadas, foran interrompidas durante o devandito prazo, excepto nos casos de forza maior, que deberá ser alegada polo titular da licencia antes de que expire o referido prazo para a súa resolución posterior polo organismo concédente.
2. Transcorrido o prazo da caducidade, quedará sen valor nin efecto algún a autorización obtida, salvo que anticipadamente se solicite e se obteña a prórroga regulamentaria, que terá como prazo máximo o da licencia orixinaria.
Artigo 13.- Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións será aplicable, segundo dispón o artigo 11 do RDLexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a regulación contida nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e nas disposicións que a complementen e desenrolen.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno do Concello de Negreira en sesión celebrada o día 8 de setembro de 2011, comezará a aplicarse a partir da data de publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.