Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE LICENZAS URBANÍSTICAS

Publicación provisional: 22/11/2004 BOP Nº: 269
Publicación definitiva: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 02/12/2011

Artigo 1. Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, polo artigo 106 de da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Negreira establece a Taxa pola expedición de Licencias Urbanísticas, a que se refire o artigo 20.4 h) do Texto Refundido aprobado polo RDLex. 2/2004, que se rexirá pla presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao previsto no artigo 58 do citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Artigo 2.Feito imponible

Constitúe o feito imponible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, dirixida a verificar se os actos de ocupación, construcción, edificación e uso do solo e do subsolo que vaian realizarse no termo municipal, axústanse ao ordenamento urbanístico vixente e se reúnen as condicións esixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade, todo elo de conformidade có establecido no artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e a sua normativa de desenrolo.

Artigo 3. Supostos de non suxeición

Non estarán suxeitos ó pagamento da taxa, pero si da obriga de solicita-la oportuna licencia:

a) As obras que deban efectua-los particulares nas vías públicas ou na fachada dos pisos baixos e que sexan consecuencia directa das modificacións de aliñacións ou rasantes, canalizacións ou sumidoiros que faga o Concello.

b) O branqueo, pintado ou revestimento das fachadas e muros.

c) As derrubas ou demolicións que se produzan como consecuencia de declaracións de ruína inminente e que fosen ordenados polo Concello.

d) As derrubas ou demolicións daqueles inmobles que de acordo coa actual regulamentación urbanística do Concello se atopen fóra de ordenación e fosen ordenadas por este último.

e) As obras necesarias para a eliminación de barreiras arquitectónicas, sempre e cando non impliquen incremento de volume da edificación nin cambio de uso de ela.

f) As instalacións, construccións e obras promovidas directamente por outras administracións públicas que estiveran suxeitas a licencia urbanística municipal ou a calquera outra actividade municipal técnica e administrativa de verificación que constitúa o feito imponible de este imposto, de conformidade co establecido no artigo 2 da presente ordenanza.

Artigo 4. Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as personas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan solicitantes dunha licencia ou que executen as instalacións, obras ou construccións sen ter obtido a preceptiva licencia.

2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras, de conformidade co previsto no artigo 23.2.b) do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo.

Artigo 5. Responsables solidarios e subsidiarios

1. Responderán solidariamente das obligacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refieren os artigos 41 e 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores de feito e de dereito das perosas xurídicas, os integrantes da administración concursal e os liquidadores de sociedades i entidades en xeral, nos supostos e coa extensión que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artículo 6.-Cota tributaria

1. A cota tributaria determinarase por unha cota fixa á que, segundo a natureza do expediente a tramitar, se lle sumará outra cantidade en función da superficie, lonxitude ou unidade, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2. Para determinar a superficie das obras e instalacións terase en conta a totalidade das súas plantas e espacios construídos.

Artículo 7.-Tarifa

1. Licencias de autorización para a segregación de parcelas urbanas, por cada parcela resultante: 60,00 euros.

2. Licencias de primeira ocupación de vivendas unifamiliares:

a) vivendas de ata 200 m2 de superficie construida: 60,00 euros.

b) vivendas de 201 m2 a 400 m2 de superficie construida: 90,00 euros.

c) vivendas de mais de 400 m2 de superficie construida: 120,00 euros.

3. Licencias de primeira ocupación de vivendas colectivas:

a) cota fixa por inmoble: 90,00 euros.

b) por cada unidade de vivenda e por cada 100m2 ou fracción comercial ou industrial: 15,00 euros.

c) por cada 100 m2 ou fracción de garaxes, trasteiros e demais dependencias auxiliares: 10,00 euros.

4. Licencias de primeira ocupación de naves e instalacións industriais e comerciais:

a) cota fixa por unidade: 90,00 euros.

b) por cada 200m2 ou fracción: 12,00 euros.

5. Instalación de tanques, depósitos de almacenamento de auga, piscinas, etc., así como outros depósitos de almacenamento de gas, petróleos, gasóleos e similares: 60,00 euros.

6. Instalación de quioscos en vía pública:

a) cota fixa por unidade: 60,00 euros.

b) por cada metro cadrado: 30,00 euros.

7. Instalación de carteis publicitarios:

a) cota fixa por unidade: 60,00 euros.

b) por cada metro cadrado: 30,00 euros.

8. Fixación de liñas e rasantes de edificacións:

a) Cota fixa por unidade: 60,00 euros.

b) por cada metro: 1,50 euros.

9. Construcción de edificacións:

a) Os primeiros 200 metros cadrados construidos: 0,30 euros por metro cadrado.

b) Dos 200 aos 1.000 metros cadrados construidos: 1,50 euros por cada metro cadrado deste tramo.

c) A partir de 1.000 metros cadrados construidos: 2,16 por cada metro cadrado deste tramo.

d) Cando non se acade esta contía, a taxa mínima a cobrar será de 60,00 euros.

10. Demolición de edificacións:

a) Os primeiros 1.000 metros cadrados: 0,15 euros por metro cadrado.

b) A partir de 1.000 metros cadrados: 0,30 euros por metro cadrado deste tramo.

c) cando non se acade esta contía, a taxa mínima a cobrar será de 60,00 euros.

11.No caso de obras mayores: expedición e subministro do cartel de obra normalizado segundo o modelo establecido na normativa urbanística: 120,00 euros.

12.Por toda aquela actividade municipal que se axuste ao feito imponible desta ordenanza en no apareza especificada nos epígrafes destas tarifas, esixirase unha taxa mínima de 60,00 euros.

Artículo 8.-Devengo

1. Devengase a tasa e xurde a obriga de contribuir cando se comenze a actividade municipal que constitúe o seu feito imponible. A estos efectos, entenderase comenzada a devandita actividade na data de presentación da oportuna solicitude, se o suxeito pasivo formulase expresamente ésta.

2. Cando as obras se iniciaran ou executaran sen ter obtido a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se comence a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable.

3. A obriga de contribuir, unha vez xurdida, non se verá afectada en modo algunho pola denegación da licencia solicitada nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.

Artículo 9.-Beneficios Fiscais

Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos Tratados Internacionais.

Artículo 10.-Normas de Xestión

1.- Os interesados na obtención dunha licencia de obras ou urbanística virán obrigados a presentar no Registro Xeral do Concello a oportuna solicitude, acompañando proxecto visado polo Colexio Oficial respectivo, especificando a natureza da obra, lugar de emplazamento, importe estimado da mesma, medicións e destino.

2.-Cando se trate de licencia para aqueles actos nos que, de conformidade coa normativa estatal, autonómica e local aplicable, non sexa esixible a formulación de proxecto subscrito por técnico competente, acompañarase á solicitude un presuposto das obras a realizar así como unha descripción precisa da superficie afectada, materiais a empregar, i en xeral, das características da obra ou acto, dos cales os seus datos permitan comprobar o seu coste.

3.-Se despois de formulada a solicitude de licencia se modificase ou ampliase o proxecto, deberá poñerse en coñecemento da administración municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.

Artículo 11.-Liquidación, Notificación e Ingreso

1.-Á vista da documentación presentada polos interesados, previo estudio e valoración da mesma pola oficina técnica municipal, practicarase liquidación provisional tomando como base imponible para esta liquidación o presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial corrrespondente cando elo constitúa un requisito preceptivo.

2.- Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do coste real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base imponible a que se refire o artigo 5 da presente ordenanza, practicando a correspondente liquidación definitiva, i esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

3.-O ingreso realizarase nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 12.Caducidade e duración das licencias

1.-Consideranse caducadas as licencias si despois de ser concedidas transcorren mais de seis meses sen dar comenzo ás obras, ou cando, unha vez comenzadas, foran interrompidas durante o devandito prazo, excepto nos casos de forza maior, que deberá ser alegada polo titular da licencia antes de que expire o referido prazo para a súa resolución posterior polo organismo concedente.

2.-Transcorrido o prazo de caducidade, quedará sen valor nin efecto algunho a autorización obtida, salvo que anticipadamente se solicite e se obteña a prórroga regulamentaria, que terá como prazo máximo o da licencia orixinaria.

Artígo 13. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será aplicable, segundo dispón o artículo 11 do RDLexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a regulación contida nos artigos 178 e seguientes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e nas disposicións que a complementen e desenrolen.

Disposición Final

1.A presente ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno do Concello de Negreira en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2004, comenzará a aplicarse a partires do día 1 de xaneiro do 2005, mantenendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derogación expresas. Negreira, 22 de decembro de 2004.