Cambre - ACORDO REGULADOR NÚM 4.- ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POR ACTIVIDADES XUVENÍS.
Artigo 1º. - Fundamento e natureza.
Artigo 2º. - Concepto.
Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten as actividades mencionadas no artigo anterior.
Artigo 3º. - Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento do prezo público, regulado nesta ordenanza, os que se beneficien dos servicios ou actividades prestados por este Concello a que se refire o artigo anterior.
Artigo 4º. - Contía.
1. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza determinarase aplicando as tarifas seguintes:
|
Concepto | Tarifa |
1 | Saídas dun día | 12,00 euros |
2 | Campamentos, aventuras, viaxes e saídas de máis dun día | 15,00 euros/ día |
3 | Cursos (educación non formal) |
|
3.1 | Duración ata 39 horas | 20,00 euros |
3.2 | Duración entre 40 e 99 horas | 100,00 euros |
3.3 | Duración entre 100 e 300 horas | 170,00 euros |
4 | Suplementos |
|
4.1 | Distancia ó lugar de destino superior a 300 Km | 0,03 euros/ km |
4.2 | Aloxamento | 10,00 euros/ noite |
4.3 | Alugueiro de material | 5,00 euros/ día |
4.4 | Subministración de material para actividades |
|
4.4.1 | Dun día | 3,00 euros |
4.4.2 | De máis dun día | 6,00 euros |
4.5 | Subministración de material para cursos |
|
4.5.1 | Duración ata 39 horas | 5,00 euros |
4.5.2 | Duración entre 40 e 99 horas | 20,00 euros |
4.5.3 | Duración entre 100 e 300 horas | 50,00 euros |
2. As cotas anteriores redúcense pola aplicación das seguintes bonificacións ou reduccións:
a) As persoas empadroadas no municipio que acrediten formar familiar numerosa, o 50 por 100 da cota en cada actividade.
b) Cando se inscriban na mesma actividade máis dun integrante dunha unidade familiar , que figure empadroada no municipio, o primeiro pagará o 100 por 100 da cota e os seguintes un 50 por 100 da cota.
c) As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, así como os posuidores do "carné máis" e as persoas pertencentes ó voluntariado de Cambre terán unha bonificación do 30 por 100 da cota.
d) Os posuidores do "carné xove" ou "carné propio da omix", así como os integrantes de asociacións xuvenís de Cambre que así o acrediten terán unha bonificación do 50 por 100 da cota.
e) As persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo o informe dos Servicios Sociais do Concello de Cambre ó respecto, así como os menores ata catro anos inclusive, terán unha bonificación do 100 por 100 da cota.
3. Os beneficios fiscais regulados no apartado anterior, non serán de aplicación ós suplementos das tarifas establecidos no artigo 4º, que deberán ser aboados íntegramente polos usuarios.
4. Os participantes nas actividades que non figuren empadroados no municipio terán un suplemento do 25 por 100 da tarifa resultante.
Artigo 5º.- Réxime de declaración e ingreso.
O ingreso do prezo público realizarase previamente á autorización, mediante domiciliación bancaria, que será obrigatoria.