Índice
Cambre - ACORDO REGULADOR NÚM 4.- ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POR ACTIVIDADES XUVENÍS.
Publicación provisional:
17/11/2005
BOP Nº:
263
Publicación definitiva:
31/12/2005
BOP Nº:
299
Aplicable dende:
04/11/2007
Artigo 1º. - Fundamento e natureza.
De acordo co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41,
ambos do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo,
regulador das facendas locais, este Concello establece prezos
públicos por actividades xuvenís regulados pola presente
ordenanza.
Artigo 2º. - Concepto.
Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten as actividades mencionadas no artigo anterior.
Artigo 3º. - Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento do prezo público, regulado nesta ordenanza, os que se beneficien dos servicios ou actividades prestados por este Concello a que se refire o artigo anterior.
Artigo 4º. - Contía.
1. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza determinarase aplicando as tarifas seguintes:
Concepto Tarifa 1 Saídas dun día 12,00 euros 2 Campamentos, aventuras, viaxes e saídas de máis dun día 15,00 euros/ día 3 Cursos (educación non formal) 3.1 Duración ata 39 horas 20,00 euros 3.2 Duración entre 40 e 99 horas 100,00 euros 3.3 Duración entre 100 e 300 horas 170,00 euros 4 Suplementos 4.1 Distancia ó lugar de destino superior a 300 Km 0,03 euros/ km 4.2 Aloxamento 10,00 euros/ noite 4.3 Alugueiro de material 5,00 euros/ día 4.4 Subministración de material para actividades 4.4.1 Dun día 3,00 euros 4.4.2 De máis dun día 6,00 euros 4.5 Subministración de material para cursos 4.5.1 Duración ata 39 horas 5,00 euros 4.5.2 Duración entre 40 e 99 horas 20,00 euros 4.5.3 Duración entre 100 e 300 horas 50,00 euros2. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a que fixe, en cada caso, o Pleno da corporación, ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e co artigo 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril.3. As cotas anteriores redúcense pola aplicación das seguintes bonificacións ou reduccións:a) As persoas empadroadas no municipio que acrediten formar familiar numerosa, o 50 por 100 da cota en cada actividade.b) Cando se inscriban na mesma actividade máis dun integrante dunha unidade familiar, que figure empadroada no municipio, o primeiro pagará o 100 por 100 da cota e os seguintes un 50 por 100 da cota.c) As persoas que acrediten debidamente figurar nos rexistros do paro, así como os posuidores do ¿carné máis" e as persoas pertencentes ó voluntariado de Cambre terán unha bonificación do 30 por 100 da cota.d) Os posuidores do ¿carné xove" ou ¿carné propio da omix", así como os integrantes de asociacións xuvenís de Cambre que así o acrediten terán unha bonificación do 50 por 100 da cota.e) As persoas que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da tarifa correspondente segundo o informe dos Servicios Sociais do Concello de Cambre ó respecto, así como os menores ata catro anos inclusive, terán unha bonificación do 100 por 100 da cota.4. Os beneficios fiscais regulados no apartado anterior, non serán de aplicación ós suplementos das tarifas establecidos no artigo 4º, que deberán ser aboados íntegramente polos usuarios.5. Os participantes nas actividades que non figuren empadroados no municipio terán un suplemento do 25 por 100 da tarifa resultante."
Artigo 5º.- Réxime de declaración e ingreso.
O ingreso do prezo público realizarase previamente á autorización, mediante domiciliación bancaria, que será obrigatoria.
Artigo 6º. - Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións rexeranse polo disposto nos artigos
178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de
desenvolvemento."