Laracha A - REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS.

Publicación provisional: 19/06/2004 BOP Nº: 139
Publicación definitiva: 11/08/2004 BOP Nº: 184
Aplicable dende: 01/02/2005

ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E RÉXIME.

En aplicación do disposto no artigo 16.1 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, o Concello de A Laracha procede á modificación da Ordenanza Fiscal número 1, reguladora da Taxa por expedición de documentos administrativos.

Os aspectos deste tributo non regulados pola presente modificación quedarán suxeitos ó previsto no texto original da Ordenanza Fiscal e, no seu defecto, polo disposto na Sección 3ª do Capítulo III do Título I do Real Decreto Legislativo 2/2004.

ARTIGO 2.- TARIFA.

Modifícase o artigo 7º do texto da Ordenanza Fiscal número 1 do Concello de A Laracha, que quedará redactado do seguinte modo:

A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase nos seguintes epígrafes:

Epígrafe Primeiro: Censos de poboación de habitantes.

Certificacións de empadroamento no Padrón de Habitantes, do Padrón actual ou anteriores: 2,55 euros.

Epígrafe Segundo: Certificacións e compulsas.

Certificacións e documentos ou acordos municipais: 2,55 euros.

Epígrafe Terceiro: Documentos expedidos polas Oficinas Municipais.

Por cada contrato administrativo que se subscriba de obras, bens ou servicios: 4,20 euros.

Epígrafe Cuarto: Documentos relativos ó servicio de Urbanismo.

1.- Por cada expediente de declaración de ruína de edificios: 156 euros.

2.- Por cada certificación que se expida de servicios urbanísticos solicitada a instancia de parte: 10,36 euros.

3.- Por cada informe que se expida sobre características do terreo, ou consulta a efectos de edificación a instancia de parte: 27 euros.

Epígrafe Quinto: Tramitación de licencias para a realización de operacións de depósito, carga e transporte en vehículos de madeira procedente de tala.

1.- Por tramitación de nova licencia ou renovación de licencia: 25,50 euros.

2.- Por tramitación de cada rexistro de vehículo afectado á actividade: 7,20 euros.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente modificación, aprobada por acordo plenario de data 24 de novembro de 2004, entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, mantendo a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.