Melide - Ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos e uso das instalacións deportivas e culturais do Concello de Melide:
Artigo 2. Feito impoñible
1- O feito impoñible está constituído pola utilización das instalacións seguintes:
a) Pavillón polideportivo da Martagona.
b) Pazo de Congresos e Exposicións.
c) Auditorio municipal.
A favor das persoas físicas e/ou xurídicas que soliciten a utilización das devanditas instalacións.
2- Non estarán suxeitas, pois, as actividades e a utilización da piscina municipal, que se rexerá pola súa propia ordenanza reguladora.
3- O Concello resérvase o dereito de programar cursos ou actividades de carácter gratuíto".
Artigo 3. Suxeito pasivo
1- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei 58/2003, de 18 de decembro, xeral tributaria, a favor dos cales se conceda o aproveitamento especial das citadas instalacións".
Artigo 4. Cota tributaria
A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada na tarifa contida neste apartado para cada unha das instalacións previstas:
a) Utilización do Pazo de Congresos e Exposicións:
1) Alugamento primeiro día: 640,83 euros.
2) Alugamento 2.º día: 479,32 euros.
3) Alugamento 3.º día: 320,94 euros.
4) Alugamento por cada día sucesivo: 104,20 euros.
b) Utilización do Auditorio municipal
1) Alugamento primeiro día: 160,47 euros.
2) Alugamento 2.º día: 106,28 euros.
3) Alugamento 3.º día: 80,23 euros.
4) Alugamento por cada día sucesivo: 53,14 euros.
c) Utilización do polideportivo da Martagona:
c.1) Para actividades deportivas sen recadación:
1) Xuvenís: 5,21 euros/hora.
2) Séniors: 10,42 euros/hora.
c.2) Para actividades deportivas con despacho de billetes: 32,04 euros/hora.
c.3) Actividades extradeportivas, con despacho de billetes: 160,47 euros/día".
Artigo 5. Devengo e ingreso
1- Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento no que se presente a solicitude de utilización das instalacións deportivas e/ou culturais.
2- O pagamento da taxa efectuarase:
a) No caso da utilización do Pazo de Congresos e exposicións e/ou do Auditorio, na/s oficina/s bancaria/s sinaladas polo Concello unha vez notificada ao interesado a autorización para a súa utilización, e, en todo caso, antes da posta a disposición destes. Non obstante, no caso de utilización das instalacións por máis de 3 días consecutivos, poderá fraccionarse o pagamento, de forma que previa solicitude no dito senso efectuada polo obrigado ao pagamento e unha vez concedido o fraccionamento polo órgano competente, deberá abonarse o 60% no momento da solicitude e o 40% restante antes de iniciarse a actividade no 3º día da utilización, quedando paralizada a actividade en cuestión en tanto non se realice o dito pagamento.
b) No caso da utilización do pavillón polideportivo efectuarase no momento de entrar na instalación á persoa responsable deste".