Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 21, REGULADORA DAS TAXAS POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS E USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS DO CONCELLO DE MELIDE

Publicación provisional: 20/11/2003 BOP Nº: 267
Publicación definitiva: 31/12/2003 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 15/02/2010

Artigo 1. Fundamento e natureza

No  uso das facultades concedidas  polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLFL), este Concello establece a taxa por prestación de servizos e uso das instalacións deportivas e culturais do Concello de Melide que se rexera pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao prevido no artigo 57 do TRLFL.

Artigo 2. Feito impoñible

1- O feito impoñible está constituído pola utilización das instalacións seguintes:

a) Pavillón polideportivo da Martagona.

b) Pazo de Congresos e Exposicións.

c) Auditorio municipal.

A favor das persoas físicas e/ou xurídicas que soliciten a utilización das devanditas instalacións.

2- Non estarán suxeitas, pois, as actividades e a utilización da piscina municipal, que se rexerá pola súa propia ordenanza reguladora.

3- O Concello resérvase o dereito de programar cursos ou actividades de carácter gratuíto.

Artigo 3. Suxeito pasivo

1- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei 58/2003, de 18 de decembro, xeral tributaria, a favor dos cales se conceda o aproveitamento especial das citadas instalacións.

Artigo 4. Cota tributaria

A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada na tarifa contida neste apartado para cada unha das instalacións previstas:

a) Utilización do pazo de congresos e exposicións:
1) Alugamento primeiro día: 687,75 euros.
2) Alugamento 2.º día: 514,41 euros.
3) Alugamento 3.º día: 344,44 euros.
4) Alugamento por cada día sucesivo: 111,83 euros.
b) Utilización do auditorio municipal
1) Alugamento primeiro día: 172,22 euros.
2) Alugamento 2.º día: 114,06 euros.
3) Alugamento 3.º día: 86,11 euros.
4) Alugamento por cada día sucesivo: 57,03 euros.
c) Utilización do polideportivo da Martagona:
c.1) Para actividades deportivas sen recadación:
1) Xuvenís: 5,59 euros/hora.
2) Séniors: 11,18 euros/hora.
c.2) Para actividades deportivas con despacho de billetes: 34,39 euros/hora.
c.3) Actividades extradeportivas, con despacho de billetes: 172,22 euros/día.
D) Utilización das pistas de pádel:

Por cada turno de 1 hora e 30 minutos, 2 euros.

E) Utilización da sala de exposicións:

Por cada día: 50 euros.

F) Utilización da aula de informática:

Por cada día: 50 euros.

G) Utilización do Telecentro:

Por cada día: 50 euros.

H) Utilización de aulas do edificio multiusos:

Por cada día: 30 euros.

I) Sala de conferencias do edificio multiusos:

Por cada día: 50 euros.

No caso previsto no apartado E), F), G), H) e I) por razóns de interese social e cultural, estarán exentas do pagamento das taxas as asociacións culturais, musicais e deportivas inscritas no Concello de Melide.

No caso previsto no apartado b) a tarifa incrementarase nun 50 por cento en todo tipo de actividades con despacho de billetes.

No caso previsto no apartado c) , por razóns de interese social e cultural, estará exenta do pagamento da taxa:

1) A utilización do polideportivo para a celebración de campionatos escolares, tanto durante a xornada escolar como en época de vacacións.

2) Sempre que o uso do polideportivo sexa para a celebración de actividades promovidas polo Concello por si ou a petición de entidades supramunicipais.

3) A utilización do polideportivo por equipos federados municipais.

4) As persoas cunha minusvalía nun grao superior ao 33 por cento, sempre que o acrediten con certificado do órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Devengo e ingreso

1- Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento no que se presente a solicitude de utilización das instalacións deportivas e/ou culturais.

2- O pagamento da taxa efectuarase:

a) No caso da utilización do Pazo de Congresos e exposicións e/ou do Auditorio, na/s oficina/s bancaria/s sinaladas polo Concello unha vez notificada ao interesado a autorización para a súa utilización, e, en todo caso, antes da posta a disposición destes. Non obstante, no caso de utilización das instalacións por máis de 3 días consecutivos, poderá fraccionarse o pagamento, de forma que previa solicitude no dito senso efectuada polo obrigado ao pagamento e unha vez concedido o fraccionamento polo órgano competente, deberá abonarse o 60% no momento da solicitude e o 40% restante antes de iniciarse a actividade no 3º día da utilización, quedando paralizada a actividade en cuestión en tanto non se realice o dito pagamento.

b) No caso da utilización do pavillón polideportivo efectuarase no momento de entrar na instalación á persoa responsable deste.

Artigo 6. Infraccións e sancións tributarias

En todo o relativo a infraccións tributarias e ás súas cualificacións, así como ás sancións que correspondan, estarase ao disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno corporativo, en sesión celebrada o día 12 de novembro, e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

A partir da data da súa aplicación quedan derrogadas a ordenanza fiscal reguladora da "taxa por prestación de servicios e uso de instalacións no pavillón polideportivo do Marco ou Martagona desta vila" e o prezo público pola prestación do servicio "Conservatorio Municipal de Música".

(BOP nº 267, do 20/11/2003)

(BOP nº 299, do 31/12/2003)

(BOP nº 298, 30/12/2005)

(BOP nº 293, do 23/12/2006)

(BOP nº 300, do 31/12/2007)