Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR LICENCIAS URBANíSTICAS.
ARTIGO 1º .- Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e seguintes do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa por licencias urbanísticas que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que atende ó establecido no artigo 57 do citado RDL 2/2004.
ARTIGO 3º .- Suxeitos pasivos
1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o art. 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan propietarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou se executen as obras.
2.- En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras.
ARTIGO 4º .-Responsabilidade solidaria e subsidiaria
Responderán de forma solidaria ou subsidiaria das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
CONCEPTO: EUROS
a) Obras maiores: 21,15 euros
b) Obras menores: 6,82 euros
En caso de desistencia formulada polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia as cotas a liquidar serán do 100% das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.
ARTIGO 9º.- Declaración.
...
4.- Esta taxa poderá esixirse en réxime de autoliquidación.
ARTIGO 11º .- Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.