Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA FISCAL Nº 24, REGULADORA DA TAXA POR LICENCIAS URBANíSTICAS.
ARTIGO 1º .- Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e seguintes do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa por licencias urbanísticas que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, que atende ó establecido no artigo 57 do citado RDL 2/2004.
ARTIGO 2º.- Feito impoñible.
1.- Constitúen o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do chan a que se refire o art. 178 da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, texto refundido aprobado polo RD 1346/76, do 9 de abril, e que se realicen no termo Municipal, se axustan ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na citada Lei do solo así como nas Normas subsidiarias de planeamento deste municipio.
2.- Non estará suxeito a esta taxa as obras de simple ornato, conservación e reparación que se realicen no interior das vivendas.
ARTIGO 3º .- Suxeitos pasivos
1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o art. 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan propietarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou se executen as obras.
2.- En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras.
ARTIGO 4º .-Responsabilidade solidaria e subsidiaria
Responderán de forma solidaria ou subsidiaria das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
ARTIGO 5º.- Base impoñible.
1.- Constitúe a base impoñible da taxa:
a)O custo real e efectivo da obra civil, cando se trate de movementos de terras, obras de nova construcción e modificación de estructuras ou aspecto exterior das edificacións existentes.
b)O custo real e efectivo da vivenda, local ou instalación, cando se trate da primeira utilización dos edificios e a modificación do seu uso.
c)O valor que teñan sinalados os terreos e construccións para os efectos do imposto sobre bens inmobles, cando se trate de parcelacións urbanas e de demolición de construccións.
d)A superficie dos carteis de propaganda colocados en forma visible desde a vía pública.
2.- Do custo sinalada nas letras b) e c) do número anterior, exclúese o correspondente a maquinaria e instalacións industriais e mecánicas.
ARTIGO 6.º .-Cota tributaria.
CONCEPTO | EUROS |
a) Obras maiores | 25,12 € |
b) Obras menores | 8,10 € |
En caso de desistencia formulada polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza as cotas a liquidar serán do 100% das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.
ARTIGO 7.-Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da taxa.
ARTIGO 8º.- Inicio da obriga de pagamento.
1.- A taxa ten obriga de pagamento e nace esta cando se inicie a actividade municipal que constitúe a base impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licencia urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente ésta.
2.- Cando as obras se iniciaran ou executaran sen a oportuna licencia, a taxa terá obriga de pagamento cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a devandita obra é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expedinte administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non foran autorizables.
3.- A obriga de contribuír, logo de nacida, non se verá afectada de ningún xeito pola denegación da licencia solicitada ou pola súa concesión condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistencia do solicitante, logo de concedida a licencia.
ARTIGO 9º.- Declaración.
...
4.- Esta taxa poderá esixirse en réxime de autoliquidación.
ARTIGO 10º.- Liquidación en ingreso.
1.- Cando se trate das obras e actos ós que se refire o artigo 5º
a)Logo de concedida a licencia urbanística, practicarase liquidación provisional sobre a base declarada polo solicitante.
b) A Administración municipal poderá comproba-lo custo real e efectivo logo de rematada-las obras, e a superficie dos carteis declarada polo solicitante, e, á vista do resultado de tal comprobación, practicará a liquidación definitiva que proceda, con deducción do ingresado en provisional, se é o caso.
2.- No caso de parcelacións urbanas e demolición de construccións, a liquidación que se practique, logo de concedida a licencia, sobre a base impoñible que corresponda, terá carácter definitivo salvo que o valor sinalado no imposto sobre bens inmobles non teña este carácter.
3.- Tódalas liquidacións que se practiquen serán notificadas ó suxeito pasivo substituto do contribuínte para o seu ingreso directo nas arcas municipais utilizando os medios de pagamento e os prazos sinalados no Regulamento Xeral de recadación.
ARTIGO 11º .- Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión realizada o día 4 de decembro de 1989 e modificada polo mesmo órgano o 16 de novembro de 1999, 26 de decembro de 2000, 8 de novembro de 2001, 11 de novembro de 2002, 30 de outubro de 2003 e 28 de decembro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.