Oroso - TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS URBANÍSTICOS

Publicación provisional: 10/08/2005 BOP Nº: 182
Publicación definitiva: 03/10/2005 BOP Nº: 227
Aplicable dende: 04/10/2005

Artigo 1º.- FUNDAMENTO E NATUREZA

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 y 142 da Constitución e polo Artigo 106 da Ley 7 de 1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do TR 2/2004 da lei, reguladora das Facendas Locais, o Concello de Oroso estabrece a "Taxa por prestación de servicios urbanísticos", que rexiráse pola presente Ordenanza fiscal, cuias normas atenden ó previsto no Artigo 57 e da citada Lei.

Artigo 2º.-FEITO IMPOÑIBLE

Constitue o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, desenvolvida para a prestación dos seguintes servicios urbanísticos:

a) A destinada a verificar se os actos de edificación e uso do solo e subsolo que teñan que realizarse no termo municipal, axustanse á lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, disposicións de desenrolo e as normas urbanísticas específicas do Concello de Oroso de cara á obtención da preceptiva licencia urbanística, xa sexa de obras, primeira ocupación, segregación ou calesquera outras que esixa a normativa urbanística en vigor.

b) A realización a instancia de parte de informes, consultas, certificados e cédulas urbanísticas.

Artigo 3º.- SUXEITO PASIVO

1.- Son suxeitos pasivos contribuintes as personas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refiere o Artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunden as prestacións ás que se refire a presente Ordenanza.

2.- En todo caso, terán a condición de sustituto do contribuinte na concesión de licencias urbanísticas, os constructores ou contratistas das obras.

Artigo 4º.- DEVENGO

1.- Devengase a Taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitue o seu feito impoñible. A estos efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude polo suxeito pasivo se formulase expresamente ésta.

2.- Cando as obras se iniciaranse ou executaranse sen haber obtido a oportuna licencia, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a autorización de esas obras ou a súa demolición se non fosen autorizables.

Artigo 5º.- COTA TRIBUTARIA

1.-A cota tributaria ven determinada pola aplicación de unha tarifa segundo a natureza do expediente a tramitar:

a) Licencias de obras:

Por euro correspondente ó presuposto de execución material: 0,004 euros

Tarifa mínima: 30 euros.

b) Consultas previas, informes, certificados ou cédulas urbanísticas:

* Para una parcela: 15 euros

* Para cada dos o más parcelas: 10 euros por parcela.

c) Licencias de primeira ocupación

- para vivendas unifamiliares:

. 60,00 euros para vivendas de menos de 200 m2

. 90,00 euros para vivendas de 200 m2 ou máis

- para edificios de vivendas:

. 15 euros por vivenda

. 12 euros por cada 100 m2 o fracción comercial o industrial

. 10 euros por cada 100 m2 o fracción de garaxe e trasteiros

- para naves e instalacións industriais e comerciais:

. 90 euros de cuota fixa por edificación

. 10 euros por cada 200 m2 o fracción

- para outras edificacións:

. hasta 200 m2: 0,30 euros/m2

. de máis 200 m2 hasta 1000 m2: 1,50 euros/m2 este tramo

. de máis 1000 m2: 2,50 euros/m2 este tramo

Tarifa mínima: 15 euros

d) Licencias de segregación ou parcelación.

En función do número de parcelas resultantes:

- para dos parcelas resultantes: 60 euros por parcela

- para tres parcelas resultantes: 50 euros por parcela

- para cuatro parcelas resultantes: 45 euros por parcela

- para cinco o más parcelas resultantes: 40 euros por parcela

e) Sinalamento de aliñacións e rasantes

- una cuota fixa de 50 euros.

- 1,20 euros por cada metro lineal de aliñación

Artigo 6º.- NORMAS DE XESTIÓN

1.- As taxas por prestación de servicios urbanísticos esixiranse en réxime de autoliquidación, cando medie solicitude do interesado, e no suposto de que se inicie o expediente de oficio, por liquidación practicada pola administración municipal.

2.- No primeiro dos supostos, os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación nos impresos habilitados ó efecto pola administración municipal e realiza-lo ingreso na entidade bancaria autorizada, o que se deberá acreditar no momento de presenta-la correspondente solicitude. Non se tramitará ésta ata que quede acreditado o pago íntegro da taxa.

3.- Cando os servicios municipais comproben que se realizou unha construcción ou obra, ou se está exercitando calquera actividade sen obter a previa licencia preceptiva, considerarase o acto de comprobación como a iniciación do trámite de esta última, con obriga do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida sen perxuicio da imposición da sanción que corresponda pola infracción urbanística cometida ou da adopción das medidas necesarias para o adecuado desenvolvemento das normas urbanísticas.

4.- O pago da autoliquidación, presentada polo interesado ou da liquidación inicial notificada pola Administración municipal terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda, se esta fora necesaria.

Artigo 7º.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

De conformidade co disposto no artigo 9 da lei 39/88, non se concederán máis exencións ou bonificacións que as que expresamente se prevean nas leis ou as que se deriven da aplicación dos Tratados Internacionales.

Artigo 8º.- INFRACCIÓNS OU SANCIÓNS

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, se estará ó disposto nos artígos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, aprobada a súa redacción definitiva polo Pleno do Concello, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Quedan derogadas calesquera outras normas sobre os feitos impoñibles recollidos pola presente ordeanza regulamentadas por este concello en data anterior a presente.