Oroso - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación de servizos urbanísticos
Artigo 1º.- FUNDAMENTO E NATUREZA
Artigo 2º.-FEITO IMPOÑIBLE
Constitue o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, desenvolvida para a prestación dos seguintes servicios urbanísticos:
a) A destinada a verificar se os actos de edificación e uso do solo e subsolo que teñan que realizarse no termo municipal, axustanse á lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, disposicións de desenrolo e as normas urbanísticas específicas do Concello de Oroso de cara á obtención da preceptiva licencia urbanística, xa sexa de obras, primeira ocupación, segregación ou calesquera outras que esixa a normativa urbanística en vigor.
b) A realización a instancia de parte de informes, consultas, certificados e cédulas urbanísticas.
Artigo 3º.- SUXEITO PASIVO
1.- Son suxeitos pasivos contribuintes as personas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refiere o Artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunden as prestacións ás que se refire a presente Ordenanza.
2.- En todo caso, terán a condición de sustituto do contribuinte na concesión de licencias urbanísticas, os constructores ou contratistas das obras.
Artigo 4º.- DEVENGO
1.- Devengase a Taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitue o seu feito impoñible. A estos efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude polo suxeito pasivo se formulase expresamente ésta.
2.- Cando as obras se iniciaranse ou executaranse sen haber obtido a oportuna licencia, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a autorización de esas obras ou a súa demolición se non fosen autorizables.
Artigo 5º.- COTA TRIBUTARIA
1.-A cota tributaria ven determinada pola aplicación de unha tarifa segundo a natureza do expediente a tramitar:
a) Licencias de obras:
Por euro correspondente ó presuposto de execución material
.....0,01 euros
Tarifa mínima: 50 euros.
b) Consultas previas, informes, certificados ou cédulas urbanísticas:
· Para una parcela: 20 euros
· Para cada dos o más parcelas: 15 euros por parcela.
c) Licencias de primeira ocupación
- para vivendas unifamiliares:
o 80,00 euros para vivendas de menos de 200 m2
o 120,00 euros para vivendas de 200 m2 ou máis
- para edificios de vivendas:
o 20 euros por vivenda
o 16 euros por cada 100 m2 o fracción comercial o industrial
o 12 euros por cada 100 m2 o fracción de garaxe e trasteiros
- para naves e instalacións industriais e comerciais:
o 90 euros de cuota fixa por edificación
o 12 euros por cada 200 m2 o fracción
- para outras edificacións:
o hasta 200 m2: 0,30 €/m2
o de máis 200 m2 hasta 1000 m2: 1,50 €/m2 este tramo
o de máis 1000 m2: 2,50 €/m2 este tramo
Tarifa mínima: 20 euros
d) Licencias de segregación ou parcelación.
En función do número de parcelas resultantes:
- para dos parcelas resultantes: 80 € por parcela
- para tres parcelas resultantes: 60 € por parcela
- para cuatro parcelas resultantes: 50 € por parcela
- para cinco o más parcelas resultantes: 45 € por parcela
e) Sinalamento de aliñacións e rasantes
- una cuota fixa de 50 euros.
- 1,20 euros por cada metro lineal de aliñación
Artigo 6º.- NORMAS DE XESTIÓN
1.- As taxas por prestación de servicios urbanísticos esixiranse en réxime de autoliquidación, cando medie solicitude do interesado, e no suposto de que se inicie o expediente de oficio, por liquidación practicada pola administración municipal.
2.- No primeiro dos supostos, os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación nos impresos habilitados ó efecto pola administración municipal e realiza-lo ingreso na entidade bancaria autorizada, o que se deberá acreditar no momento de presenta-la correspondente solicitude. Non se tramitará ésta ata que quede acreditado o pago íntegro da taxa.
3.- Cando os servicios municipais comproben que se realizou unha construcción ou obra, ou se está exercitando calquera actividade sen obter a previa licencia preceptiva, considerarase o acto de comprobación como a iniciación do trámite de esta última, con obriga do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida sen perxuicio da imposición da sanción que corresponda pola infracción urbanística cometida ou da adopción das medidas necesarias para o adecuado desenvolvemento das normas urbanísticas.
4.- O pago da autoliquidación, presentada polo interesado ou da liquidación inicial notificada pola Administración municipal terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda, se esta fora necesaria.
Artigo 7º.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Artigo 8º.- INFRACCIÓNS OU SANCIÓNS
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza fiscal, aprobada a súa redacción definitiva polo Pleno do Concello, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.