Pontedeume - ORDENANZA FISCAL Nº 28 REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DA PISCINAMUNICIPAL E XIMNASIO

Publicación provisional: 04/11/2005 BOP Nº: 252
Publicación definitiva: 19/12/2005 BOP Nº: 288
Aplicable dende: 01/01/2006

ARTIGO1º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases do réxime local, e de conformidad co disposto nos artigos 15 a 19 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado por R.D.lex 2/2004, de 5 de marzo, este concello estabelece a taxa por prestación do servizo público municipal de piscina e ximnasio, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 38 do citado R.D.lex 2/2004.

Artigo 2. FEITO IMPOÑÍBEL

Constitúe o feito impoñíbel da presente taxa a utilización das instalacións de piscina municipal e ximnasio e prestación de servizo nas mesmas.

Artigo 3. SUXEITOS PASIVOS

Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, e 23 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, usuarios dos servizos descritos no artigo anterior.

Artigo 4. RESPONSÁBEIS.

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo todas as persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das entidades recollidas no artigo 35da Lei xeral tributaria, que responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias da entidade.

Serán responsábeis subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades, e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5. COTA TRIBUTARIA

Estabelécense as seguintes tarifas:

A. PISCINA MUNICIPAL E XIMNASIO.

1.- ABONADOS

TRIBUTARIA

1.1. Cota de entrada (existente para todo tipo de abonados): 32,88 euros

1.2. Abonado individual con servizo deportivo: 21,92 euros / mes

1.3. Abonado individual sen piscina (servizo deportivo): 10,42 euros / mes

1.4. Abonado familiar (independente do número de fillos): 27,40 euros / mes

1.5. Abonados da terceira idade e colectivos desfavorecidos: 16,43 euros / mes

1.6. Menores de 16 anos: 13,15 euros / mes

2. NON ABONADOS

2.1. Entrada libre (sen límite de tempo / día ): 3,30 euros / día

2.2. Entrada menores de 16 anos e maiores con carné de estudante ou universitario: 2,19 euros / día

B. CURSOS

A cota tributaria dos cursos de tempada estabeleceranse dependendo da duración do mesmo, das horas e do tipo de curso impartido, estabelecéndose as seguintes tarifas ou cotas:

1.1. CURSOS DE NATACIÓN

Curso de un día á semana: 10,42 euros / mes

Curso de dous días á semana: 20,82 euros / mes

Curso de tres días á semana: 30,68 euros / mes

Curso de cinco días á semana: 41,10 euros / mes

1.2. CURSOS NATACIÓN BEBÉS

Curso de un día á semana: 20,82 euros / mes

Curso de dous días á semana: 26,30 euros / mes

Curso de cinco días á semana: 41,10 euros / mes

1.3. CURSO DE PREPARACIÓN FÍSICA

(Opositores, persoal training ): 41,10 euros / mes

1.4. CURSOS DE NATACIÓN PARA ESCOLARES

Curso de un día á semana: 6,57 euros / colexio / día

1.5. CURSOS DE NATACIÓN TERCEIRA IDADE E MINUSVALÍAS

 

DÍAS MENSUAL TRIMESTRAL
1 día á semana 4,93 euros / mes 14,25 euros / trimestre
2 días á semana 9,32 euros / mes 25,75 euros / trimestre
3 días á semana 13,15 euros / mes 38,36 euros / trimestre

 

1.6. OUTRAS ACTIVIDADES

Rehabilitación:, 10,42 euros / sesión

Revisión médica: 17,00 euros / sesión

Masaxe: 17,00 euros / sesión

Solarium: 4,38 euros / sesión

Solarium (bono 10: 39,45 euros

Solarium ( bono 20): 74,52 euros

Xornada acuática ou festiva: 5,48 euros / día

1.7. OUTRAS TARIFAS

Aluguer de rúas ( 45 minutos ): 16,44 euros

Seguro persoal asistencia sanitaria ( seguro/ano): 21,92 euros

Substitución tarxeta Provisport: 3,29 euros

NORMAS DE APLICACIÓN DAS TARIFAS ANTERIORES.

A) A condición de abonado adquírese tras o pagamento da cota tributaria correspondente. O abonado ten dereito á utilización da piscina, zona relax, e ximnasio durante todo o horario de funcionamento da instalación.

B) As tarifas fixadas para os cursos, tanto de carácter xeral ou especial, terán para os abonados unha reducción do 33 %, fronte aos non abonados.

C) Enténdese por abonado familiar o responsábel da unidade familiar que pode incluír ó cónxuxe e fillos/as menores de 16 anos e que fan uso das instalacións sen limitación horaria e de días. Os fillos/as ao cumpriren os 16 anos deberán inscribirse nunha das categorías individuais, sen ter que aboar cota de entrada.

D) Enténdese por abonado da terceira idade, unha persoa maior de 65 anos ou menores de 65 anos que sexan pensionistas, que poidan facer uso das instalacións da piscina municipal e ximnasio sen limitación de días e de horario. O desconto á terceira idade en horario reducido, que é do 25% da tarifa estabelecida, aplicarase en abonos e cursos a membros deste colectivo cuxos ingresos brutos anuais sexan inferiores ao que estabelece no regulamento do servizo. Esta mesma bonificación estabelécese para colectivos desfavorecidos, segundo o regulamentariamente disposto.

E) Enténdese por usuario con minusvalía aquel con discapacidade superior ao 33 %, segundo certificado expedido por Consellería de Servizos Sociais.

Artigo 6. PERÍODO IMPOSITIVO E ESIXIBILIDADE DA COTA.

O período impositivo coincidirá, para os abonados á piscina municipal, co mes natural, percibíndose a cota o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irredutíbeis polo dito período.

As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscina municipal exixirase instantaneamente no momento de acceder ás instalacións.

O período impositivo, nos cursos impartidos na piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, percibíndose a cota o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irredutíbeis por dito período.

Artigo 8. NORMAS DE XESTIÓN

1. Mensualmente, os servizos encargados da xestión da piscina municipal elaborarán un padrón municipal de abonados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. A falta de pagamento das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso á piscina. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o abonado causará baixa no padrón, debendo, no caso de nova solicitude de abonado á piscina, aboar a cota de entrada correspondente.

2. Nas restantes instalacións e prestacións de servizos, exixirase o depósito previo do importe da taxa. As devolucións que procedan por falta de prestación do servizo por causas non imputábeis ao contribuínte, tramitarase polo procedemento que rexe o reintegro de pagos indebidos. Prestado o servizo, a cantidade ingresada en concepto de depósito previo será aplicada ao importe definitivo da taxa, exixíndose, de ser o caso, a maior contía que resulte.

A utilización das instalacións referidas nesta ordenanza solicitarase por escrito dirixido ao Servizo Municipal de Deportes, cos datos do solicitante, así como da persoa, equipo, entidade, colexio ou asociación que vaia facer uso das instalacións. Na mesma sinalarase ademais a persoa responsábel do bo uso destas e data e tempo de utilización do servizo de que se trate.

Presentada a instancia, resolverase sobre a procedencia da utilización, que deberá ser motivada no suposto que fora denegatoria.

3. No caso de tratarse de actos ou actuacións extradeportivas por sociedades, partidos políticos ou outroa espectáculos artísticos de índole non deportiva, serán resoltos pola Alcaldía, que en todo caso poderá solicitar os informes correspondentes do Servizo Municipal de Deportes. Dita resolución sobre a procedencia ou improcedencia de conceder a autorización para usar as instalacións, será notificada aos interesados e aos servizos encargados da súa execución.

4. A concesión da bonificación sinalada no artigo 5 da presente ordenanza deberá ser solicitada polo usuario con carácter previo á presentación do servizo e informada polo Servizo Municipal de Deportes. A falla desta solicitude ou a súa presentación extemporánea motivará a denegación da bonificación.

Artigo 9.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan , estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria e na Ordenanza fiscal xeral.

Disposición final.

A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 27 de outubro de dous mil cinco. Entrará en vigor, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, o un de xaneiro de 2006, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.>