Pontedeume - Ordenanza fiscal núm 28, reguladora da taxa por prestación do servicio público da piscina municipal e ximnasio

Publicación provisional: 04/11/2005 BOP Nº: 252
Publicación definitiva: 19/12/2005 BOP Nº: 288
Aplicable dende: 01/01/2010

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por prestación do servicio público municipal de piscina e ximnasio, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 38 do citado RD Lexislativo 2/2004.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible da presente taxa a utilización das instalacións de Piscina Municipal e Ximnasio e prestación de servicios nas mesmas.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS.

Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria e 23 do RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, usuarios dos servicios descritos no artigo anterior.

ARTIGO 4. RESPONSABLES.

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das Entidades recollidas no artigo 35 da Lei Xeral Tributaria, que responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias da Entidade.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades, e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA.

Establécense as seguintes tarifas:

A. PISCINA MUNICIPAL E XIMNASIO

1.- ABOADOS

COTA TRIBUTARIA

1.1. Cota de entrada (existente para todo tipo de abonados)

36,21 €

1.2. Abonado individual con servicio deportivo

24,15 €/mes

1.3. Abonado individual sin piscina (servicio deportivo)

11,47 €/mes

1.4. Abonado familiar (independiente do número de fillos)

30,18 €/mes

1.5. Abonados da terceira idade e colectivos desfavorecidos

18,08 €/mes

1.6. Menores de 16 anos

14,47 €/mes

2. NON ABOADOS

2.1. Entrada libre (sin límite de tiempo/día)

3,63 €/día

2.2 Entrada menores de 16 anos e maiores con carnet de estudiante ou universitario

2,41 €/día

B. CURSOS

A cota tributaria dos cursos de tempada estableceránse dependendo da duración do mesmo, das horas e do tipo de curso impartido, establecéndose as seguintes tarifas ou cotas:

1.1. CURSOS DE NATACIÓN

Curso de un día á semana

11,47 €/mes

Curso de dous días á semana

22,94 €/mes

Curso de tres días á semana

33,79 €/mes

Curso de cinco días á semana

45,28 €/mes

1.2. CURSOS NATACIÓN BEBÉS

Curso de un día á semana

22,94 €/mes

Curso de dous días á semana

28,97 €/mes

Curso de cinco días á semana

45,28 €/mes

1.3. CURSO DE PREPARACIÓN FISICA

(Opositores, personal training...)

45,28 €/mes

1.4. CURSOS DE NATACIÓN PARA ESCOLARES

Curso de un día á semana

7,23 €/colexio/día

1.5. CURSOS DE NATACIÓN TERCEIRA IDADE E MINUSVALÍAS

DÍAS

MENSUAL

TRIMESTRAL

1 día á semana

5,42 €/mes

15,68 €/trimestre

2 días á semana

10,26 €/mes

28,36 €/trimestre

3 días á semana

14,47 €/mes

42,26 €/trimestre

1.6. OUTRAS ACTIVIDADES

Rehabilitación

11,47 €/sesión

Revisión médica

18,72 €/sesión

Masaxe

18,72 €/sesión

Solarium

4,82 €/sesión

Solarium (bono 10)

43,45 €

Solarium (bono 20)

82,09 €

Xornada acuática ou festiva

6,03 €/día

1.7. OUTRAS TARIFAS

Aluguer de rúas (45 minutos)

18,10 €

Seguro persoal asistencia sanitaria (seguro/ano):

24,15 €

Substitución tarxeta Provisport

3,61 €

NORMAS DE APLICACIÓN DAS TARIFAS ANTERIORES

A) A condición de abonado adquírese tralo pagamento da cota tributaria correspondente. O abonado ten dereito á utilización da piscina, zona relax, e ximnasio durante todo o horario de funcionamento da instalación.

B) As tarifas fixadas para os cursos, tanto de carácter xeral ou especial, terán para os abonados, unha reducción do 33%, frente ós non abonados.

C) Enténdese por abonado familiar o responsable da unidade familiar que pode incluir ó conxuxe e fillos menores de 16 anos e que fan uso das instalacións sen limitación horaria nen de días. Os fillos/as ó cumprir os 16 anos deberán inscribirse nunha das categorías individuais, sen ter que abonar cota de entrada.

D) Enténdese por abonado da terceira idade, unha persoa maior de 65 anos, ou menores de 65 que sexan pensionistas, que poidan facer uso das instalacións da piscina municipal e ximnasio sen limitación de días nin de horario.

O desconto á terceira idade en horario reducido, que é do 25 % da tarifa establecida, aplicaráse en abono e cursos, a membros deste colectivo cuios ingresos brutos anuais sexan inferiores ó que se establece no Reglamento do Servicio. Esta misma bonificación se establece para colectivos desfavorecidos, segundo o regulamentariamente disposto.

E) Enténdese por usuario con minusvalía, cando a discapacidade sexa superior ó 33%, segundo certificado expedido por Consellería de Servicios Sociais.

ARTIGO 6. PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO.

O período impositivo coincidirá, nos abonados á piscina municipal, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles por dito período.

As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscina municipal devengaránse instantáneamente no momento de acceder ás instalacións.

O período impositivo, nos cursos impartidos na piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles por dito período.

ARTIGO 8. NORMAS DE XESTIÓN.

1.- Mensualmente, polos servicios encargados da xestión da Piscina Municipal, elaboraráse un padrón municipal de abonados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso á Piscina.Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o abonado causará baixa no Padrón, debendo, no caso de nova solicitude de abonado á piscina, aboar a cota de entrada correspondente.

2.- Nas restantes instalacións e prestacións de servicios, exixiráse o depósito previo do importe da taxa. As devolucións que procedan por falta de prestación do servicio por causas non imputables ó contribuínte, tramitaráse polo procedemento que rexe o reintegro de pagos indebidos. Prestado o servicio, a cantidade ingresada en concepto de depósito previo será aplicada ó importe definitivo da taxa, exixíndose, no seu caso, a maior contía que resulte.

A utilización das instalacións referidas nesta Ordenanza, solicitaránse por escrito dirixido ó Servicio Municipal de Deportes, cos datos do solicitante, así como da persoa, equipo, entidade, colexio ou asociación que vaia facer uso das instalacións. Na mesma sinalaráse ademáis a persoa responsable do bo uso destas e data e tempo da utilización do servicio de que se trate.

Presentada a instancia, resolveráse sobre a procedencia da utilización, que deberá ser motivada, no suposto que fora denegatoria.

3.- No caso de tratarse de actos ou actuacións extradeportivas por sociedades, partidos políticos ou outros espectáculos artísticos de índole non deportiva, serán resoltos pola Alcaldía, que en todo caso poderá recabar os informes correspondentes do Servicio Municipal de Deportes. Dita resolución sobre a procedencia ou improcedencia de concede-la autorización para usa-las instalacións, será notificada ós interesados e ós servicios encargados da súa execución.

4.- A concesión da bonificación sinalada no artigo 5 da presente Ordenanza deberá ser solicitada polo usuario con carácter previo á prestación do servicio e informada polo Servicio Municipal de Deportes. A falla desta solicitude ou a súa presentación extemporánea motivará a denegación da bonificación.

ARTIGO 9.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estaráse ó disposto ao respecto na Lei Xeral Tributaria e na Ordenanza Fiscal Xeral.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o dia 29 de outubro de 2009. Entrará en vigor logo da súa publicación íntegra no boletín oficial da provincia, o día un de xaneiro de dous mil dez, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.