Pontes de García Rodríguez As - TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENCIAS URBANÍSTICAS

Publicación provisional: 18/07/2005 BOP Nº: 163
Publicación definitiva: 02/09/2005 BOP Nº: 201
Aplicable dende: 03/09/2005

ARTIGO 1º.- POTESTADE TRIBUTARIA E RÉXIME XURÍDICO

No uso das potestades conferidas pola Constitución polo art. 106 da Lei 7/85 de bases de réxime local e de acordo co previsto no art. 58 da Lei 39/88 reguladora das facendas locais, este Concello establece a Taxa por licencias urbanísticas, que se regulará pola presente Ordenanza e polo disposto no arts. 20 a 27 da Lei 39/88 citada.

ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE

O feito impoñible está determinado pola actividade municipal desenvolvida con motivo de instalacións, construccións ou obras tendentes a verificar se as mesmas se realizan con suxeción ás normas urbanísticas de edificación e policía vixentes, en orde a comprobar que aquelas se axustan ós Plans de Ordenación vixentes, que son conformes ó destino e uso previstos, que non atentan contra a harmonía da paixase e condicións de estética, que cumpren coas condicións técnicas de seguridade, salubridade, hixiene e saneamento e, finalmente, que non existe ningunha prohibición de interés artístico, histórico ou monumental.

ARTIGO 3º.- RETRIBUCIÓN

A obriga de contribuir nacerá no momento de comenza-la prestación do servicio, que ten lugar dende que se formula a solicitude da preceptiva licencia, ou dende que o Concello realice as actuacións iniciais conducintes a verificar se é ou non autorizable a obra, instalación, primeira ocupación dos edificios ou modificación do uso destes, que se efectuase sen a obtención previa da correspondente licencia.

ARTIGO 4º.- SUXEITOS PASIVOS

1.- Son suxeitos pasivos desta Taxa, no concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptibles de imposición que sexan propietarios ou poseedores, ou no seu caso arrendatarios, dos inmobles nos que se executen as obras ou se realicen as construcción ou instalacións.

En todo caso terán a condición de substitutos do contribuinte os constructores e contratistas das obras.

ARTIGO 5º.- RESPONSABLES

En materia de responsabilidade serán aplicables os artigos 37 e seguintes da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 6º.- EXENCIÓNS, REDUCCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS FISCAIS

Non se recoñecen máis beneficios fiscais que os derivados de normas con rango de lei ou da aplicación de Tratados internacionais. Calquera bonificación ou exención deberá ser interesada ó tempo de solicitar a oportuna licencia.

ARTIGO 7º.- TARIFA

A Taxa esixirase aplicando as seguintes cotas:

1.- LICENCIAS DE OBRAS MAIORES:

a) Instalacións, construccións ou obras en edificios destinados a vivendas:

-Instalacións, construccións, obras, rehabilitacións, reformas ou melloras de edificios destinados a vivendas que afecten a unha superficie de ata 250 m2: 150,25 euros

- Cando a superficie afectada exceda de 250 m2, incrementarase a tarifa anterior, por cada 100 m2 ou fracción de exceso en: 30,05 euros

b) Instalacións,construccións ou obras industriais ou comerciais que poidan ser calificadas como molestas, insalubres ou perigosas:

-Cando a superficie da instalación, construcción ou obra industrial non supere os 250 m2..751,27 euros

-Cando a superficie afectada exceda de 250 m2 incrementarase a tarifa anterior, por cada 100 m2 ou fracción de exceso en: 150,25 euros

c) Instalacións, construccións ou obras industriais ou comerciais non calificadas como molestas, insalubres ou perigosas:

-Instalación, construcción ou obra industrial que non supere os 250 m2 de superficie... 450,76 euros

-Cando a superficie afectada exceda de 250 m2 incrementarase a tarifa anterior, por cada 100 m2 ou fracción de exceso en: 90,15 euros

d) Todas aquelas instalacións, construccións ou obras, sexan clasificadas ou non, e que non esten incluidas nos apartados anteriores:

-Cando a superficie da instalación, construcción ou obra non supere os 250 m2: 601,01 euros

-Cando a superficie afectada exceda de 250 m2 incrementarase a tarifa anterior, por cada 100 m2 ou fracción de exceso en: 120,20 euros

2.- LICENCIAS DE OBRAS MENORES

a) Que afecten a vivendas ou predios cun orzamento de execución segundo proxecto, previa revisión polo técnico municpal, que ascenda ó importe de:

Orzamento de execución: Cota

a.1) Ata 601,01 euros: 6,01 euros

a.2) De 601,02 ata 3.005,06 euros: 30,05 euros

a.3)A partir de 3.005,07 euros: 60,10 euros

b) Que afecten a instalacións industriais ou comerciais cualificadas como nocivas, insalubres ou perigosas cun orzamento de execución segundo proxecto, previa revisión polo técnico municipal, que ascenda ó importe de :

Orzamento de execución: Cota

b.1) Ata 3.005,06 euros: 90,15 euros

b.2) A partir de 3.005,07 euros: 120,20 euros

c) Que afecten a instalacións industriais ou comerciais non cualificadas como nocivas, insalubres ou perigosas cun orzamento de execución segundo proxecto, previa revisión polo técnico municipal, que ascenda ó importe de:

Orzamento de execución: Cota

c.1) Ata 3.005,06 euros: 60,10 euros

c.2) A partir de 3.005,07 euros: 90,15 euros

3.- COLOCACIÓN DE CARTEIS DE PROPAGANDA OU RÓTULOS VISIBLES DESDE A VÍA PÚBLICA

-Tarifa única por cada licencia de: 60,10 euros

4.- LICENCIA DE PRIMERA OCUPACIÓN

-Tarifa única por cada vivenda ou local de negocio de: 60,10 euros

ARTIGO 8º.- NORMAS DE XESTIÓN

1.- As persoas interesadas na obtención dunha licencia presentarán no Concello a oportuna solicitude con especificación detallada da natureza, extensión e alcance da obra ou instalación a realizar, lugar de emprazamento, presuposto por duplicado do custo real da obra firmado polo que teña o seu cargo os traballos ou polo facultativo competente e, en xeral, conterá a citada solicitude toda a información necesaria para a exacta aplicación do tributo.

2.- A solicitude poderá ser formulada polo interesado ou polo contratista das obras, pero farase constar o nome e domicilio de propietario do inmoble, do arrendatrio do mesmo cando as obras se realicen por conta e interese deste, así como a expresa conformidade ou atorización do propietario.

3.- No suposto de que as obras comporten a necesidade de grúas, andamios, valos ou calqueira outro tipo de aproveitamento na vía pública, acompañaranse documentación necesaria para determinar a súa posible autorización. Neste caso producirase un feito imponible independente, que se liquidará simultáneamente á taxa referida á licencia de obras.

ARTIGO 9º.- LIQUIDACIÓN

1.- Ä vista da documentación presentada polo interesado, practicarase por esta Administración a liquidación segundo as tarefas aplicables, a cal será notificada na forma regulamentaria.

ARTIGO 10º.- INGRESO

1.- O ingreso farase nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación para as liquidacións notificadas pola Administración.

ARTIGO 11º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

En todo o relativo a cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas lles corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos arts. 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación na data 5 de xullo de 2005, comenzará a rexer dende o día seguinte da súa publicación, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.