Pontes de García Rodríguez As - ORDENANZA FISCAL Nº 7, TAXA POR LICENZAS URBANÍSTICAS, DECLARACIÓNS RESPONSABLES E COMUNICACIÓNS PREVIAS
ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E NATUREZA
No uso das potestades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de acordo co previsto no artigo 57 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais -RD lexislativo 2/2004 do 5 de marzo-, este Concello establece a Taxa por licencias urbanísticas, declaracións responsables e comunicacións previas que se regulará pola presente Ordenanza e polo disposto no artigos 20 a 27 do citado texto refundido.
ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa tendentes a verificar se os actos de edificación e uso do solo que se realicen no térmo municipal son feitos con suxeción ás normas urbanísticas de edificación e policía vixentes, en orde a comprobar que aquelas se axustan ós Plans de Ordenación vixentes, que son conformes ao destino e uso previstos, que non atentan contra a harmonía da paixase e condicións de estética, que cumpren coas condicións técnicas de seguridade, salubridade, hixiene e saneamento e, finalmente, que non existe ningunha prohibición de interés artístico, histórico ou monumental, ben se trate de actuacións suxeitas a réxime de autorización ou licenza, a declaración responsable ou a comunicación previa.
ARTIGO 3º.- SUXEITOS PASIVOS
1.- Son suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas, e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan propietarios, ou no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou nos que se executen as obras de acondicionamento.
2.- En calquera caso, terán a condición de sustitutos do contribuinte, os constructores e contratistas das obras, por imperativo expreso do artigo 23.2 b) do RD lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, que virán obrigados ao pago da taxa.
ARTIGO 4º.- RESPONSABLES
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
ARTIGO 5º.- EXENCIÓNS, REDUCCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS FISCAIS
Non se recoñecen máis beneficios fiscais que os derivados de normas con rango de lei ou da aplicación de tratados internacionais.
ARTIGO 6º.- TARIFA
De conformidade cosa limitacións sinaladas polo artigo 24 do texto refundido da Lei regualdora das facendas locais, establécense as seguintes tarifas:
1.- LICENZAS, DECLARACIÓNS RESPONSABLES E COMUNICACIÓNS PREVIAS DE OBRAS MAIORES:
a) Instalacións, construccións ou obras en edificios destinados a vivendas:
-Construccións, rehabilitacións, reformas ou melloras de edificios destinados a vivendas que afecten a unha superficie de ata 250 metros cadrados: 150,25 euros
- Cando a superficie afectada exceda de 250 m2, incrementarase a tarifa anterior, por cada 100 m² ou fracción de exceso en: 30,05 euros
b) Instalacións e construccións industriais ou comerciais que sexan tramitadas con avaliación da incidencia ambiental:
- Cando a superficie da instalación ou construcción industrial non supere os 250 m²: 751,27 euros
- Cando a superficie afectada exceda de 250 m2 incrementarase a tarifa anterior, por cada 100 m² ou fracción de exceso en: 150,25 euros
c) Instalacións e construccións industriais ou comerciales non tramitadas con avaliación da incidencia ambiental:
- Cando a superficie da instalación ou construcción industrial non supere os 250 m²: 450,76 euros
- Cando a superficie afectada exceda de 250 m² incrementarase a tarifa anterior, por cada 100 m² ou fracción de exceso en: 90,15 euros
2.- LICENCIAS, DECLARACIÓNS RESPONSABLES E COMUNICACIÓNS PREVIAS DE OBRAS MENORES
a) Que afecten a vivendas ou predios cun orzamento de execución segundo proxecto, previa revisión polo técnico municpal, que ascenda ao importe de:
Orzamento de execución: Cota
a.1) Ata 601,01 euros 6,01 euros
a.2) De 601,02 ata 3.005,06 euros 30,05 euros
a.3)A partir de 3.005,07 euros 60,10 euros
b) Que afecten a instalacións industriais ou comerciais tramitadas con avaliación da incidencia ambiental cun orzamento de execución segundo proxecto, previa revisión polo técnico municipal, que ascenda ó importe de :
Orzamento de execución Cota
b.1) Ata 3.005,06 euros 90,15 euros
b.2) A partir de 3.005,07 euros 120,20 euros
c) Que afecten a instalacións industriais ou comerciais non tramitadas con avaliación da incidencia ambiental cun orzamento de execución segundo proxecto, previa revisión polo técnico municipal, que ascenda ó importe de:
Orzamento de execución Cota
c.1) Ata 3.005,06 euros 60,10 euros
c.2) A partir de 3.005,07 euros 90,15 euros
3.- COLOCACIÓN DE CARTEIS DE PROPAGANDA OU RÓTULOS VISIBLES DESDE A VÍA PÚBLICA
-Tarifa única por cada licencia de: 60,10 euros
4.- LICENCIA DE PRIMERA OCUPACIÓN
-Tarifa única por cada vivenda ou local de negocio de: 60,10 euros
ARTIGO 8º.- NORMAS DE XESTIÓN
1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade, na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, comunicación previa ou declaración responsable se o suxeito pasivo formulase expresamente algunha destas.
2.-Cando as obras se iniciaran ou executaran sen obter a oportuna licenza ou sin presentar a comunicación previa ou a declaración responsable, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión e ou non autorizable ou conforme, con independencia da iniciación do espediente administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non foran autorizables.
3.-A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada de ningún xeito pola denegación da licenza solicitada, ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante, unha vez concedida a licenza.
4.-No suposto de que as obras comporten a necesidade de grúas, andamios, valos ou calqueira outro tipo de aproveitamento na vía pública, acompañaranse documentación necesaria para determinar a súa posible autorización. Neste caso producirase un feito imponible independente, que se liquidará simultáneamente á taxa referida á licenza de obras.
ARTIGO 9º.- DECLARACIÓN
1.- As persoas interesadas na obtención dunha licenza de obra, declaración responsable ou comunicación previa presentarán previamente no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, declaración ou comunicación, acompañando a documentación esixida na ordenanza municipal para a simplificación administrativa no Concello das Pontes.
2.-Cando se trate de licenza, declaración responsable ou comunicación previa para aqueles actos nos que non sexa esixible a formulación de proxecto suscrito polo técnico competente, á solicitude acompañarase dun orzamento das obras a realizar, así como unha descrición detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a empregar e, en xeral, das características da obra ou acto, cos datos que permitan comprobar o custo daquelas.
3.-Á vista da documentación presentada polo interesado, practicarase por esta Administración a liquidación segundo as tarefas aplicables, a cal será notificada na forma regulamentaria.
ARTIGO 10º.- INGRESO
1.-O ingreso farase, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación para as liquidacións notificadas pola Administración, na oficina de recadación ou entidades colaboradoras, tendo a liquidación tributaria así practicada o carácter de provisional e estando suxeita a posterior comprobación administrativa.
2.-Unha vez rematadas as obras, a Administración Municipal poderá comprobar o custo real e efectivo das mesmas, e á vista do resultado de tal comprobación, practicar a liquidación que proceda, con deducción do importe ingresado pola liquidación provisional ou se procederá á devolución dos importes indebidamente ingresados.
ARTIGO 11º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas lles corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación e publicada no boletín oficial da provincia, comenzará a rexer dende o día seguinte da súa publicación, e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación.