Rianxo - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR SERVICIOS DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA, GAS, ELECTRICIDADE E OUTROS ABASTECEMENTOS PÚBLICOS INCLUÍDOS OS DEREITOS DE ENGANCHE DE LIÑAS E COLOCACIÓN E UTILIZACIÓN DE CONTADORES E INSTALACIÓNS ANÁLOGAS, CANDO DITOS SERVICIOS OU

Publicación provisional: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Publicación definitiva: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 01/01/2006

Artigo 1.º .-Natureza e fundamento

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e os artigos 20 e 58 da Lei 39/88, do 28 de decembro, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da taxa por servicios de distribución de auga, gas, electricidade e outros abastecementos públicos incluídos os dereitos de enganche de liñas e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas, cando ditos servicios ou subministros sexan prestados por entidades locais.

Artigo 2.º .-Feito imponible

Constitúen o feito imponible da taxa a prestación dos servicios de distribución de auga, gas, electricidade e outros abastecementos públicos incluídos os dereitos de enganche de liñas e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos

- Serán suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen as vivendas e locais situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.

- Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os propietarios das vivendas ou locais que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio.

Artigo 4.º .-Responsables

- Serán responsables solidarias das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º-Tarifas

A) Uso doméstico: mínimo 30 m3, a razón de 0,23 euros/m3, os excesos a 0,31 euros/m3.

B) Usos industriais: consumo mínimo 60 m3, a razón de 0,31 euros/m3, os excesos, a razón de 0,38 euros/m3.

As tarifas son sen IVE incluido

C) Taxas enganche:

Vivendas: 74,5 euros.

Industrias: 173,83 euros.

Hoteis e similares: 173,83 euros.

Obras: 173,83 euros.

1.- A presente modificación da Ordenanza foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión celebrada o 11 de outubro de 2005.

2.- O inicio de aplicación desta modificación é o 1 de xaneiro de 2006."

Artigo 6.º .-Beneficios fiscais

Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

Artigo 7.º .-Percepción

A) Cando se trate de servicios non periódicos:

Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude de prestación do servicio ou actividade.

B) Cando se trate de servicios periódicos:

Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír o primeiro día de cada ano natural, excepto no momento da alta no padrón, caso no que se percibirá a partir dese mesmo momento.

Artigo 8.º .-Liquidación

A) Cando se trate de servicios non periódicos:

- Cando se trate de servicios ou actividades cunha liquidación que se poida cuantificar no momento de presenta-la solicitude de prestación, liquidarase nese mesmo momento ou no momento posterior, pero sempre antes de presta-lo servicio ou de realiza-la actividade.

- Cando se trate de servicios ou actividades cunha liquidación que non se poida cuantificar no momento de presenta-la solicitude da prestación do servicio ou da realización da actividade, practicarase a liquidación unha vez prestado o servicio ou realizada a actividade.

- Se se realiza a prestación do servicio ou a actividade sen mediar solicitude, liquidarase e notificarase a taxa tan pronto se detecte esta situación, esixíndose o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

B) Cando se trate de servicios periódicos:

Practicarase a liquidación única anual ou coa periodicidade que se determine nas tarifas desta taxa.

Artigo 9.º .-Ingreso

O pagamento desta taxa realizarase:

- Cando se trate de liquidacións cunha cuantificación que se poida efectuar antes de presta-lo servicio ou de levar a cabo a actividade, realizarase o ingreso antes da prestación do servicio ou realización da actividade na Tesourería municipal ou nas entidades financeiras que se sinalen na liquidación.

- Cando se trate de liquidacións cunha cuantificación que non se poida efectuar con anterioridade á prestación do servicio ou realización da actividade, farase o ingreso nos prazos e lugares que se sinalen na liquidación.

- Cando se trate de liquidacións periódicas, nos prazos e nos lugares que se sinalen no edicto de exposición ó público.

Artigo 10.º .-Infraccións e sancións

Nesta materia estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e normativa de desenvolvemento.

Artigo 11.º .-Normas de xestión

- As persoas ou entidades interesadas na prestación dos servicios que se citan no artigo segundo desta ordenanza, deberán presentar solicitude por escrito na que se detalle o lugar para o que se solicita e demais requisitos que esixa cada concello.

- Unha vez autorizada a prestación do servicio entenderase prorrogado mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado, a non ser que se trate de servicios non periódicos.

- Cando remate a necesidade do servicio, por cambio de propietario ou declaración de ruína do inmoble, os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó da súa presentación, podendo, no seu caso, prorratearse polo período de liquidación das tarifas. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.

Disposición adicional única

Cando existan os convenios de colaboración ós que fai referencia o artigo 27.2 da Lei 39/88, do 28 de decembro, os procedementos de liquidación e recadación regulados nos artigos 8 e 9 desta ordenanza cederán ante a regulación prevista nos convenios.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.