Rianxo - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 7, REGULADORA DA TAXA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE A DOMICILIO

Publicación provisional: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Publicación definitiva: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 01/01/2016

Artigo 1º.- Natureza e fundamento

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 1 19 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL), este Concello acorda a imposición e ordenación da Taxa por servicios de distribución de auga, gas, electricidade e outros abastecementos públicos incluídos os dereitos de enganche de liñas e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas, cando ditos servicios ou subministros sexan prestados por entidades locais.

Artigo 2º.- Feito impoñible

1. Constitúen o feito impoñible da Taxa de abastecemento de auga polo Concello de Rianxo.

2. Será obxecto da taxa, o suministro de auga potable para:

a) usos domésticos en domicilios

b) usos comerciais e industriais

3. Os usos interpretaranse da seguinte maneira:

a) Usos domésticos en domicilios: todas as aplicacións da auga destinadas a atender as necesidades cotiás da vida e da hixiene personal coma a bebida, o aseo.

b) Usos comerciais e industriais: son os subministros prestados a calquera clase de comercio ou industria, actividades profesionais e redes interiores contra incendios.

Artigo 3º.- Suxeitos pasivos

1. Serán suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeral Tributaria: que ocupen ou utilicen as vivendas e locais situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.

2. Terán a consideración de suxeitos pasivos subtitutos do contribuínte, os propietarios das vivendas ou locais que poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio.

Artigo 4º.- Responsables

Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o Art. 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Cota tributaria

A) Uso doméstico: mínimo 30 m³/ trimestre, a razón de 0,2800 euros/m³, os excesos a 0,3769 euros/m³.

As tarifas son sen IVE incluído.

B) Usos industriais: consumo mínimo 60 m³/ trimestre, a razón de 0,3769 euros/m³, os excesos, a razón de 0,4523 euros/m³.

As tarifas son sen IVE incluído

C) Taxas enganche:

Vivendas: 88,50 euros.

Industrias: 206,48 euros.

Hoteis e similares: 206,48 euros.

Obras: 206,48 euros.

D) Taxas de conservación de contadores

Diámetro 13-20 mm ----------- 0,84€/ab. trimestre

Diámetro 25-30 mm ----------- 2,23 €/ab. trimestre

Diámetro 40-50 mm ----------- 6,35 €/ab. trimestre

E) Taxa de conservación de acometidas

Cantidade por usuario ----------- 0,86 €/ab. trimestre

3. A cota quedará reducida a cero para os contribuíntes beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA).

Esta reducción ten carácter rogado, xurdindo efecto a súa concesión no período impositivo seguinte ao da solicitude.

3.1. A documentación que deberán presentar os interesados nesta reducción será:

a) modelo de solicitude normalizado aprobado debidamente cuberto.

b) fotocopia do NIF dos solicitantes, ou do representante, no seu caso, e acreditación desta condición

c) fotocopia compulsada do acordo da concesión da RISGA

d) fotocopia do último recibo da taxa

e) indicación da referencia catastral do inmoble

f) no caso de que o inmoble non sexa propiedade do solicitante, deberá aportar ademais:

- NIF do propietario do inmoble

- fotocopia do contrato de alugueiro do respectivo inmoble

3.2. Si a solicitude adoleciese de algún defecto, conferirase ao interesado un prazo de 10 días para que proceda á súa subsanación, con indicación de que, si así non o fixese, considerarase que desiste da súa petición.

3.3. O beneficiario desta reducción de cuota estará obrigado a comunicar á administración calquera modificación relativa á mesma nun prazo de 15 días naturais dende que a correspondente circunstancia se produxese.

3.4. No caso de que estando concedida a reducción regulada neste artigo se produxera un cambio de domicilio do beneficiario, a reducción quedará sin efecto a partir do seguinte período de deivindicación da taxa.

Artigo 6º.- Beneficios fiscais

Só se admitirán os beneficios que veñan estabrecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

Artigo 7º.- Percepción

1. O período impositivo coincide con trimestre natural.

2. A deivindicación prodúcese:

a) Cando se trate de servizos non periódicos: cando se presente a solicitude de prestación do servizo ou actividade.

b) Cando se trate de servizos periódicos: o primeiro día do período impositivo, agás no inicio de prestación do servizo, en cuio caso entenderase iniciada dende que se materialice a acometida á rede municipal de abastecemento.

Artigo 8º.- Liquidación

A) Cando se trate de servicios non periódicos:

- Cando se trate de servicios ou actividades cunha liquidación que se poida cuantificar no momento de presenta-la solicitude de prestación, liquidarase nese mesmo momento ou no momento posterior, pero sempre antes de presta-lo servicio ou de realiza-la actividade.

- Cando se trate de servicios ou actividades cunha liquidación que non se poida cuantificar no momento de presenta-la solicitude da prestación do servicio ou da realización da actividade, practicarase a liquidación unha vez prestado o servicio ou realizada a actividade.

- Se se realiza a prestación do servicio ou a actividade sen mediar solicitude, liquidarase e notificarase a taxa tan pronto se detecte esta situación, esixíndose o ingreso nos prazos previstos na Lei Xeral Tributaria, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

B) Cando se trate de servicios periódicos:

Practicarase a liquidación única anual ou coa periodicidade que se determine nas tarifas desta taxa.

Artigo 9º.- Ingreso

O pagamento desta taxa realizarase:

- Cando se trate de liquidacións cunha cuantificación que se poida efectuar antes de presta-lo servicio ou de levar a cabo a actividade, realizarase o ingreso antes da prestación do servicio ou realización da actividade na Tesourería municipal ou nas entidades financieiras que se sinalen na liquidación.

- Cando se trate de liquidacións cunha cuantificación que non se poida efectuar con anterioridade á prestación do servicio ou realización da actividade, farase o ingreso nos prazos e lugares que se sinalen na liquidación.

- Cando se trate de liquidacións periódicas, nos prazos e nos lugares que se sinalen no edito de exposición ó público.

Artigo 10º.- Infraccións e sancións

Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e normativa de desenvolvemento.

Artigo 11º.- Normas de xestión

- As persoas ou entidades interesadas na prestación dos servicios que se citan no artigo segundo desta ordenanza, deberán presentar solicitude por escrito na que se detalle o lugar para o que se solicita e demais requisitos que esixa cada concello.

- Unha vez autorizada a prestación do servicio entenderase prorrogado mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado, a non ser que se trate de servicios nón periódicos.

- Cando remate a necesidade do servicio, por cambio de propietario ou declaración de ruína do inmoble, os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no padrón da taxa e surtirá efectos no período natural seguinte ó da súa presentación, podendo, no seu caso, prorratearse polo período de liquidación das tarifas. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA.

Cando existan os convenios de colaboración ós que fai referencia o Art. 27.2 da Lei 39/88, do 28 de decembro, os procedementos de liquidación e recadación regulados nos Art. 8 e 9 desta ordenanza cederán ante a regulación prevista nos convenios.-

Disposición Final

A presente Ordenanza aprobouse polo Pleno na súa sesión de 22 de decembro de 1998, e foi modificada polo Pleno na sesión do día 16 de novembro de 2015, entrando en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e surtindo efectos dende o 1 de xaneiro de 2016, ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.