Trazo - Ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar

Publicación provisional: 03/03/2005 BOP Nº: 50
Publicación definitiva: 03/05/2005 BOP Nº: 99
Aplicable dende: 21/05/2005

ART. 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polo arts. 133 e 142 da CE e polo art 106 dda Lei 7/85 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co disposto na Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de Trazo, establece o prezo público pola prestación do servicio de axuda no fogar.

ART. 2 - FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible e prestación básica dos servicios sociais de atención primaria dependentes deste Concello nos termos previstos no regulamento regulador deste servicio.

ART. 3- SUXEITOS PASIVOS.

Son suxeitos pasivos do prezo público en concepto de contribuíntes os veciños que se beneficien do servicio de axuda no fogar prestado polo Concello.

ART. 4- RETRIBUCIÓN

O prezo público retribuirase dende que comece a prestación do servicio, de conformidade co establecido na Orde do 22 de xullo de 1996 da consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se regula o servicio de axuda no fogar.

A liquidación do prezo público practicarase nos cinco primeiros días do mes corrente mediante débeda que se practicará na conta bancaria que designe o beneficiario.

Para o suposto de baixa voluntaria na prestación do servicio formulada propio beneficiario, procederá practica-la liquidación mensual correspondente a todo o mes en que se produza a mesma agás cando esa baixa veña imputada polas causas non imputables ó beneficiario, na que a liquidación estará referida ós días concretos nos que se prestou o servicio.

ART. 5- BASE IMPOÑIBLE.

Para os efectos previstos para a aplicación das tarifas do art.. 6 establécese o prezo por hora en razón da prestación do servicio en 5,30 euros hora, revisable anualmente e previa modificación da ordenanza segundo o IPC que publique o INE.

Igualmente revalorizarase a base de baremo coa suba anual do SMI.

ART. 6- COTA TRIBUTARIA.

A cota a satisfacer para este prezo pública será a fixada na tarifa prevista nos apartados seguintes. Para os efectos da aplicación de tales tarifas enténdese por SMI o sinalado con carácter anual polos organismos estatais competentes.

TARIFAS.

A aplicación destas tarifas farase tendo en conta a media das rendas da unidade de convivencia para o que se aplica a seguinte fórmula.

Renda base = ingresos da unidade de convivencia menos o aluguer da vivenda ou menos a amortización do préstamo para adquisición de vivenda, dividido polo número de persoas da unidade de convivencia.

E o importe desa renda base porase en relación co importe do SMI do ano correspondente, para poder concreta-las porcentaxes que quedan previstas nas tres tarifas seguintes, ós efectos de determina-la contía do prezo público.

 

Tarifa nº 1 (1 persoa).

Renda per cápita sobre o SMI.

- Inferior ó 75% do SMI: gratuíto.

- Máis do 75% ata o 100%: 25% do prezo da prestación do servicio.

- Máis do 100% ata o 125%: 50% do prezo da prestación do servicio.

- Máis do 125% ata o 150%: 75% do prezo da prestación do servicio.

- Máis do 150%: 100% do prezo da prestación do servicio.

 

Tarifa nº 2: unidade convivencial integrada por dúas persoas:

Renda per cápita sobre SMI.

- Máis do 50% ata o 75%: 25% do prezo da prestación do servicio.

- Máis do 75% ata o 100%: 50% do prezo da prestación do servicio.

- Máis do 100% ata o 125%: 75% do prezo da prestación do servicio.

- máis do 125%: 100% do prezo da prestación do servicio.

 

Tarifa nº 3: unidade convivencial integrada por tres ou máis persoas:

Renda per cápita sobre SMI.

- Máis do 50% ata o 65%: 40% do prezo da prestación do servicio.

- Máis do 65% ata o 75%: 60% do prezo da prestación do servicio.

- Máis do 75%: 100% do prezo da prestación do servicio.

ART. 7.- EXENCIÓNS E PAGAMENTO

Quedarán exentos do pagamento os beneficiarios que non superen os ingresos establecidos no art.. 6.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor de conformidade co disposto na Lei reguladora das Facendas Locais permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación posterior.