Trazo - Ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar
ART. 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA.
ART. 2 - FEITO IMPOÑIBLE.
ART. 3- SUXEITOS PASIVOS.
ART. 4- RETRIBUCIÓN
O prezo público retribuirase dende que comece a prestación do servicio, de conformidade co establecido na Orde do 22 de xullo de 1996 da consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se regula o servicio de axuda no fogar.
A liquidación do prezo público practicarase nos cinco primeiros días do mes corrente mediante débeda que se practicará na conta bancaria que designe o beneficiario.
Para o suposto de baixa voluntaria na prestación do servicio formulada propio beneficiario, procederá practica-la liquidación mensual correspondente a todo o mes en que se produza a mesma agás cando esa baixa veña imputada polas causas non imputables ó beneficiario, na que a liquidación estará referida ós días concretos nos que se prestou o servicio.
ART. 5- BASE IMPOÑIBLE.
Para os efectos previstos para a aplicación das tarifas do art.. 6 establécese o prezo por hora en razón da prestación do servicio en 5,30 euros hora, revisable anualmente e previa modificación da ordenanza segundo o IPC que publique o INE.
Igualmente revalorizarase a base de baremo coa suba anual do SMI.
ART. 6- COTA TRIBUTARIA.
Fíxase o prezo público pola prestación do servizo de Axuda no Fogar en 12,50 Euros por hora.
Para o cálculo da cota mensual en función do número de hroasw, realizarase atendendo á programación semanal que se determina en cada caso, multiplicado pola cifra de 4,35 que é a media de semanas por mes.
A participación das persoas beneficiarias establecerase en función do coste do Servizo que se presta e da súa capacidade económica persoal, consonte á seguinte táboa:
IPREM ANUAL | PORCENTAXE DE CONTRIBUCIÓN |
Igual ou inferior ó IPREM | Exento |
Superior ó 100 % e ata o 150 % | 18 % do custo do servizo |
Superior ó 150 % e ata o 300 % | 19 % do custo do servizo |
Superior ó 300 % e ata o 400 % | 20 % do custo do servizo |
Superior ó 400 % e ata o 500 % | 40 % do custo do servizo |
Superior ó 500 % do IPREM | 65 % do custo do servizo |