Arteixo - TASA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 30/08/2005 BOP Nº: 198
Aplicable dende: 01/01/2006

ARTIGO 1. Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das Bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello estableca a TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ó disposto no artigo 57 do citado R.D. lexislativo.

ARTIGO 2. Feito impoñibel.

Constitúe o feito impoñible da presente taxa, a ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.

ARTIGO 3. Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuinte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e 23 do R.D.Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a prol de quen se outorguen as autorizacións por ocupación de vía pública con mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos análogos, ou quen se beneficie de dito aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna licencia ou autorización.

ARTIGO 4. Responsabeis.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refire o artigo 42 da citada Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e ós síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos suposto e co alcance que sinala o artigo 43 da devandita Lei xeral tributaria.

 

ARTIGO 5. Base do gravame.

Constitue a base imponible desta taxa a superficie do aproveitamento realizado, expresado en metros cadrados ou cando se trate de separadores, en metros lineais.

ARTIGO 6. Cota tributaria.

1.As tarifas da presente taxa serán as seguintes:

1.-Por cada m2 ou fracción de terreo de uso público ocupado con mesas e

cadeiras,veladores,paraventos,macetas,parasoles e outras instalacións

similares,ao mes

1,6 €

2.-Por utilización de separadores,por cada metro lineal ou fracción ao mes 1,35 €

3.-Pola utilización de grellas e outros elementos auxiliares,por cada m2 ou

fracción ao mes ,68 €

4.-Cando os anteriores aproveitamentos se fagan en parques e xardíns,a

cantidade resultante terá un coeficiente de incremento do 1,2

5.-Nas restantes rúas,dito coeficiente graduarase considerando a categoría

da mesma,segundo o seguinte detalle:

Primeira 1,1

Segunda 1,

Terceira ,9

Cuarta ,8

6.-Tarifa mínima.Sempre que por aplicación dos anteriores epígrafes non

se alcance o disposto no presente epígrafe,esixiranse 2 ,39 €

2.Para os efectos de aplicación do parágrafo anterior,terase en conta o seguinte:

Se como consecuencia da colocación de toldos,marquesiñas,separadores,grellas e

outros elementos similares fora delimitada unha superficie maior que a ocupada por mesas

e cadeiras,tomarase aquela como base de cálculo.

ARTIGO 7. Período impositivo e devengo.

1. A taxa devengarase no momento de obter a autorización da ocupación ou utilización privativa do uso público local ou da ocupación, se se procedeu sen a oportuna licencia ou autorización.

2. O período impositivo coincidirá co mes natural, devengándose a taxa no primeiro día do período impositivo.

ARTIGO 8. Declaración e ingreso.

No momento de solicita-la autorización do aproveitamento, o contribuinte deberá autoliquidar o importe da taxa en concepto de depósito previo na Tesourería Municipal.

ARTIGO 9. Normas de xestión.

1. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados neste texto, deberán solicitar previamente a correspondente licencia, autoliquidar a taxa a que se refire o artigo seguinte e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se pretenden instalar, así como un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do Concello.

3. No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar deste Concello a devolución do importe ingresado.

4. Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que non fora autoliquidadas as taxas correspondentes e fora obtida a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión da licencia, sen prexuizo do pagamento da taxa, así como das sancións e recargos que procedan.

5.As anteriores ocupacións entenderanse rematadas unha vez transcurrido o prazo autorizado, debendo o interesado, de querer continuar coa ocupación, solicitar a prorroga e abonar as taxas correspondentes, segundo o procedemento sinalado en parágrafos precedentes.

ARTIGO 10. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria e no disposto na ordenanza fiscal xeral.

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL.

As tarifas enumeradas anteriormente serán incrementadas anualmente no IPC.

" \>

As tarifas enumeradas anteriormente serán incrementadas anualmente no IPC.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza Fiscal,que consta de 1 artigos,foi aprobada polo Concello

Pleno en sesión celebrada o día 6 de novembro de 1998.

Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios en sesións celebradas o día

seis de setembro de 2001,18 de xullo de 2002,4 de setembro de 2003 e 28 de outubro de

2004.

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día

3 de xuño de 2005.

Entrará en vigor,logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia,o día 1 de

xaneiro de 2006,permanecendo en vigor até súa modificación ou derrogación expresas ".