Arteixo - TASA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA.
ARTIGO 1. Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da
Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das Bases de réxime
local, e de conformidade co disposto nos artigos
ARTIGO 2. Feito impoñibel.
Constitúe o feito impoñible da presente taxa, a ocupación de terreos de
uso público local con mesas, cadeiras, tribunas e outros elementos análogos,
con finalidade lucrativa.
ARTIGO 3. Suxeito pasivo.
Son
suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuinte, as persoas físicas ou
xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de
decembro, xeral tributaria e 23 do R.D.Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo
que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a prol de quen se outorguen
as autorizacións por ocupación de vía pública con mesas, cadeiras, tribunas e
outros elementos análogos, ou quen se beneficie de dito aproveitamento, se se
procedeu sen a oportuna licencia ou autorización.
ARTIGO 4. Responsabeis.
1. Responderán solidariamente das obrigas
tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refire o
artigo 42 da citada Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os
administradores das sociedades e ós síndicos, interventores ou liquidadores de
crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos suposto e co alcance
que sinala o artigo 43 da devandita Lei xeral tributaria.
ARTIGO 5. Base do gravame.
Constitue a base imponible desta taxa a
superficie do aproveitamento realizado, expresado en metros cadrados ou cando
se trate de separadores, en metros lineais.
ARTIGO 6. Cota tributaria.
1. As tarifas da presente taxa serán as seguintes:
1. Por cada m2 ou fracción de terreo de uso público ocupado con mesas e cadeiras, veladores, paraventos, macetas, parasoles e outras instalacións similares, ao mes: 1,10 euros.
2. Por utilización de separadores, por cada metro lineal ou fracción ao mes: 0,71 euros.
3. Pola utilización de grellas e outros elementos auxiliares, por cada m2 ou fracción ao mes: 1,40 euros.
4. Cando os anteriores aproveitamentos se fagan en parques e xardíns, a cantidade resultante terá un coeficiente de incremento do: 1,2 euros.
5. Nas restantes rúas, dito coeficiente graduarase considerando a categoría da mesma, segundo o seguinte detalle:
Primeira: 1,1 euros.
Segunda: 1,0 euros.
Terceira: 0,9 euros.
Cuarta: 0,8 euros.
6. Tarifa mínima. Sempre que por aplicación dos anteriores epígrafes non se alcance o disposto no presente epígrafe, esixiranse: 21,14 euros.
2. Para os efectos de aplicación do parágrafo anterior, terase en conta que como consecuencia da colocación de toldos marquesiñas, separadores, grellas e outros elementos similares fora delimitada unha superficie maior que a ocupada por mesas e cadeiras, tomarase aquela como base de cálculo.
ARTIGO 7. Período impositivo e devengo.
2. O período impositivo coincidirá co mes
natural, devengándose a taxa no primeiro día do período impositivo.
ARTIGO 8. Declaración e ingreso.
No momento de solicita-la autorización do
aproveitamento, o contribuinte deberá autoliquidar o importe da taxa en
concepto de depósito previo na Tesourería Municipal.
ARTIGO 9. Normas de xestión.
1. As persoas ou entidades interesadas na concesión
de aproveitamentos regulados neste texto, deberán solicitar previamente a
correspondente licencia, autoliquidar a taxa a que se refire o artigo seguinte
e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os
elementos que se pretenden instalar, así como un plano detallado da superficie
que se pretende ocupar e da súa situación dentro do Concello.
3. No caso de denegarse as autorizacións, os
interesados poderán solicitar deste Concello a devolución do importe ingresado.
4. Non se consentirá a ocupación da vía
pública ata que non fora autoliquidadas as taxas correspondentes e fora obtida
a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato
poderá dar lugar á non concesión da licencia, sen prexuizo do pagamento da
taxa, así como das sancións e recargos que procedan.
5.As anteriores ocupacións entenderanse
rematadas unha vez transcurrido o prazo autorizado, debendo o interesado, de
querer continuar coa ocupación, solicitar a prorroga e abonar as taxas
correspondentes, segundo o procedemento sinalado en parágrafos precedentes.
ARTIGO 10. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á calificación de
infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan
estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria e no
disposto na ordenanza fiscal xeral.
DISPOSICIÓN ADICIONAL.
As tarifas enumeradas anteriormente serán incrementadas anualmente no IPC.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente Ordenanza Fiscal, que consta de 10 artigos, foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 6 de novembro de 1998.
Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios en sesións celebradas o día seis de setembro de 2001, 18 de xullo de 2002, 4 de setembro de 2003, 28 de outubro de 2004 e 30 de xuño de 2005.
A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o dia 28 de setembro de 2006.
Entrará en vigor, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2007, permanecendo en vigor até súa modificación ou derrogación expresas.