Narón - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 29, REGULADORA DE TAXA POR LICENCIAS URBANÍSTICAS
Artigo 1.Fundamento e natureza.
Artigo 2.
Artigo 3.Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten a licencia de obras ou se beneficien dela.
2.-En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras.
Artigo 4.Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.Dereito de retribución.
1.-A obriga de contribuír nacerá no momento de comezar a prestación do servicio, que ten lugar dende que se formula a solicitude da preceptiva licencia, ou dende que o Concello realice as iniciais actuacións conducentes a verificar se é ou non autorizable a obra, instalación, primeira ocupación dos edificios ou modificación do uso deles, que se efectuase sen a obtención previa da correspondente licencia.
2.-A obriga de contribuír non se verá afectada ou modificada pola denegación no seu caso da licencia, concesión con modificacións da solicitude, renuncia ou desestimento do solicitante.
3.-A obriga de contribuír a taxa producirase aínda que a concesión da licencia veña imposta polas normas que regulan o silencio administrativo positivo,
Artigo 6.Base impoñible e liquidable.
- Tomarase como base de gravame da presente taxa, en xeral, o custo real e efectivo da obra, construcción ou instalación determinado según os criterios establecidos na Ordenanza fiscal n. 2 reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras para cada ano.
- Nas aliñacións e resantes tomarase como base de gravame, os metros lineais de fachada ou fachada dos inmobles.
Artigo 7. tarifas
1.-O tipo de gravame a aplicar sobre a base liquidable determinada segundo o establecido no artigo anterior será do 0,4%.
2.- Por cada aliñación realizada sobre o terreno por metro lineal ou fracción ou sin actuación pericial por terreno.
TARIFA | EUROS |
Ata | 364,00.- € |
Por cada metro lineal ou fracción de exceso | 3,65.- € |
En zona rústica sin actuación pericial sobre o terreno | 31,20.- € |
3.- Establecese unha cuota mínima de 6,25 € para obras menores.
Artigo 8.Normas de xestión.
1.-Os dereitos desta ordenanza son compatibles con calquera outro por aproveitamento especiais ou por prestación de servicios distintos.
2.-O dereito a edificar extínguese por incumprimento dos prazos fixados, mediante a súa declaración formal, no expediente tramitado con audiencia ó interesado.
Extinguido o dereito a edificar, o interesado non poderá iniciar ou comezar de novo actividade ningunha o abeiro da licencia caducada, agás, despois autorización ou orde da Administración, as obras estrictamente necesarias para garantir a seguridade de persoas e bens, así como do xa edificado.
Artigo 9.Tramitación.
1.-As licencias para instalacións, obras e construccións, solicitaranse por medio de instancia dirixida o alcalde, segundo modelo oficial, que se ha facilitar na oficina do rexistro de documentos, onde se determinarán os documentos que deberá de presentar o interesado.
Nos supostos de falta de calquera dos documentos esixidos actuarase conforme o regulado no artigo 54 da Lei de procedemento administrativo.
2.-A solicitude poderá ser formulada polo interesado ou polo contratista das obras, pero deberá facerse constar o nome e enderezo do propietario do inmoble, do seu arrendatario, cando as obras se realicen por conta e interese deste, así como a expresa conformidade ou autorización do propietario. As solicitudes para a primeira utilización dos edificios deberán ser subscritas polo promotor da edificación, e a súa obtención e requisito indispensable para poder destinar os edificios o uso proxectado, tendo por obxecto a comprobación de que a edificación foi realizada con suxeición estricta os proxectos de obras que obtivesen a correspondente licencia municipal para a edificación e que as obras fosen rematadas totalmente, debendo, en consecuencia, ser obtidas para a súa utilización. Nos casos de modificación no uso dos edificios, esta licencia será previa a de obras ou modificación de estructuras e tenderá a comprobar que o cambio de ¡so non contradí ningunha normativa urbanística e que a actividade realizada e conforme co regulado na lexislación vixente.
3.-Se despois de formulada a solicitude de licencia se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da Administración municipal acompañando o novo orzamento reformado, e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación. Se a modificación ou ampliación se quixese introducir nas obras xa autorizadas, deberá tramitarse en igual forma que se de nova construcción se tratase, e con pagamento de novos dereitos.
4.-A Sección de Urbanismo, previamente o outorgamento da licencia, practicará a liquidación dos dereitos ou taxas que cumprisen e a Intervención Municipal procederá a censura correspondente.
5.-Ata que o suxeito pasivo non efectúe o ingreso da débeda tributaria ou garantía regulamentariamente o seu pagamento, non lle será entregado o documento administrativo de "licencia de obras", a expedir pola Alcaldía e Secretaría do Concello.
Artigo 10.
Artigo 11.
1.-As liquidacións iniciais terán carácter provisional ata que unha vez rematadas as obras sexa comprobado pola Administración municipal o efectivamente realizado e o seu importe, requirindo para iso dos interesados as correspondentes certificacións de obras e demais elementos ou datos que se consideren oportunos. Á vista do resultado da comprobación practicarase a liquidación definitiva.
2.-As licencias e as cartas de pagamento ou fotocopias dunhas e outras obrarán no lugar das obras mentres duren estas, para poder ser exhibidas a requirimento dos axentes da autoridade municipal, quen en ningún caso poderá retiralas por ser inescusable a permanencia destes documentos nas obras.
Artigo 12.Caducidade e duración das licencias.
1.-Cando o interesado renuncie á licencia solicitada se esta aínda non foi concedida pola Alcaldía ou pola Comisión de Goberno, se e seu caso, háselle devolver o 80% da cota satisfeita por dereitos de licencia; e se a renuncia ten lugar despois de producido o acto administrativo da concesión a devolución será soamente do 50%. En ámbolos dous casos hase comprobar previamente que as obras non foron iniciadas, pois de selo non procedese ningún tipo de devolución.
2.-Consideraranse caducadas as licencias se despois de concedidas transcorren máis de seis meses sen dar comezo as obras, ou cando unha vez empezadas fosen interrompidas durante o citado prazo, agás en caso de forza maior, na que deberá ser alegada polo titular da licencia antes que expire o referido prazo para a súa resolución posterior polo organismo concesor.
3. Todas as licencias que se concedan levarán fixado un prazo para a execución das obras, a menos que anticipadamente se solicite e obteña, no seu caos, prórroga regulamentaria. As prórrogas que se concedan levarán igualmente fixado o prazo que como máximo será o da licencia primitiva. Os dereitos pola concesión de prórroga fixaranse no 20% da licencia inicial, con un mínimo de 6,25€.
Artigo 13.Infraccións e sancións tributarias.
Artigo 14.
Constitúen casos especiais de infracción cualificados de:
a) Simples:
- Ó non ter no lugar das obras e a disposición dos axentes municipais os documentos a que se fai referencia no artigo 11.2 desta ordenanza.
- Non solicitar a necesaria licencia para a realización das obras, sen prexuízo da cualificación que proceda por omisión ou defraudación.
b) Graves:
- Ó non dar conta á Administración municipal do maior valor das obras realizadas ou das súas modificacións ou dos seus orzamentos, agás que, polas circunstancias concorrentes, deba cualificarse de defraudación.
- A realización de obras sen licencia municipal.
- A falsidade da declaración en extremos esenciais para a determinación da base de gravame.