Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 20 REGULADORA DA TAXA POR LICENZAS URBANÍSTICAS E SERVIZOS URBANÍSTICOS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 23/12/2014 BOP Nº: 245
Aplicable dende: 01/01/2015

Artigo 1.Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polo art. 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co disposto na Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿taxa por licenzas urbanísticas" e comunicacións previas de obras que se ha rexer pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.

Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo aos que se refire a Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, e que se deban realizar no termo municipal, se axustan ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na citada Lei do solo, regulamentos que a desenvolvan, normativa urbanística aplicable na comunidade autónoma e no proxecto xeral de ordenación urbana deste Concello.

Artigo 3.Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o art. 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten a licenza de obras ou se beneficien dela, ou que presenten a comunicación previa de obras.

2.-En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras.

Artigo 4.Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.Dereito de retribución.

1. A obriga de contribuír nacerá no momento de comezar a prestación do servizo, que ten lugar dende que se formula a solicitude da preceptiva licenza, ou se presente a comunicación previa de obras, ou dende que o Concello realice as iniciais actuacións conducentes a verificar se é ou non autorizable a obra, instalación, primeira ocupación dos edificios ou modificación do uso deles, que se efectuase sen a obtención previa da correspondente licenza ou comunicación previa de obras.

2. Cando por causas non imputables ao suxeito pasivo a actividade administrativa non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.

3. A obriga de contribuír non se verá afectada ou modificada pola denegación no seu caso da licenza, concesión con modificacións da solicitude, renuncia ou desistimento do solicitante.

No caso das comunicacións previas de obras, a obriga de contribuir non se verá afectada pola posta en coñecemento que esta Administración faga respecto da imposibilidade de executar as obras comunicadas que incumpran a normativa urbanística en vigor, así como nos casos de modificación da comunicación, renuncia ou desistimento.

4. A obriga de contribuír a taxa, nas licenzas, producirase aínda que a súa concesión veña imposta polas normas que regulan o silencio administrativo positivo.

A obriga de contribuír a taxa, nas comunicacións previas de obras, producirase aínda que a Administración non se pronuncie sobre ésta, no prazo establecido na normativa en vigor.

Artigo 6.Base impoñible e liquidable.

  1. Tomarase como base de gravame da presente taxa, en xeral, o custo real e efectivo da obra, construcción ou instalación determinado según os criterios establecidos na Ordenanza fiscal n. 2 reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras para cada ano.
  2. Nas aliñacións e resantes tomarase como base de gravame, os metros lineais de fachada ou fachada dos inmobles.

Artigo 7. tarifas

1.-O tipo de gravame a aplicar sobre a base liquidable determinada segundo o establecido no artigo anterior será do 0,4%.

2.- Por cada aliñación realizada sobre o terreo por metro lineal ou fracción ou sen actuación pericial por terreo.

TARIFA

EUROS

Ata 100 metros

391,97 €

Por cada metro lineal ou fracción de exceso

3,89 €

Sen actuación pericial sobre o terreo

33,61 €

3.- Establécese unha cota mínima de 6,75 € para obras.

 

Artigo 8.Normas de xestión.

1.-Os dereitos desta ordenanza son compatibles con calquera outro por aproveitamento especiais ou por prestación de servicios distintos.

2.-O dereito a edificar extínguese por incumprimento dos prazos fixados, mediante a súa declaración formal, no expediente tramitado con audiencia ó interesado.

Extinguido o dereito a edificar, o interesado non poderá iniciar ou comezar de novo actividade ningunha o abeiro da licencia caducada, agás, despois autorización ou orde da Administración, as obras estrictamente necesarias para garantir a seguridade de persoas e bens, así como do xa edificado.

Artigo 9.Tramitación.

1. As licenzas ou comunicacións previas de obras para instalacións, obras e construcións, presentaranse por medio de instancia dirixida ao alcalde, segundo o modelo oficial, que se ha facilitar na oficina do Rexistro de Documentos, onde se determinarán os documentos que deberá de presentar o interesado.

Nos supostos de falta de calquera dos documentos esixidos actuarase conforme o regulado no artigo 54 da Lei de procedemento administrativo.

2. A solicitude ou comunicación previa poderá ser formulada polo interesado ou polo contratista das obras, pero deberá facerse constar o nome e enderezo do propietario do inmoble, do seu arrendatario, cando as obras se realicen por conta e interese deste, así como a expresa conformidade ou autorización do propietario. As solicitudes para a primeira ocupación dos edificios deberán ser subscritas polo promotor da edificación, e a súa obtención e requisito indispensable para poder destinar os edificios o uso proxectado, tendo por obxecto a comprobación de que a edificación foi realizada con suxeición estrita aos proxectos de obras que obtiveran a correspondente licenza municipal para a edificación e que as obras fosen rematadas totalmente, debendo, en consecuencia, ser obtidas para a súa ocupación. Nos casos de modificación no uso dos edificios, esta licenza será previa á de obras ou modificación de estruturas e tenderá a comprobar que o seu cambio non contradí ningunha normativa urbanística e que a actividade realizada é conforme co regulado na lexislación vixente.

3. Se despois de formulada a solicitude de licenza ou realizada a comunicación previa de obras se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da Administración municipal acompañando o novo orzamento reformado, e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación. Se a modificación ou ampliación se quixera introducir nas obras xa autorizadas ou comunicadas, deberá tramitarse en igual forma que se de nova construción se tratase, e con pagamento de novos dereitos.

4. Ata que o suxeito pasivo non efectúe o ingreso da débeda tributaria ou garanta regulamentariamente o seu pagamento, non lle será entregado o documento administrativo de ¿licenza de obras", que se ha expedir pola Alcaldía ou Concellería- Delegada e Secretaría do Concello.

Artigo 10.

O órgano municipal competente, cando se trate dunha solicitude de licenza de obras adoptará a resolución que procedese en canto ó outorgamento da licenza solicitada e procederá, así mesmo, a aprobar a liquidación dos dereitos ou taxas correspondentes.

No caso das comunicacións previas de obras procederase á autoliquidación das taxas correspondentes no momento da presentación da dita comunicación, cuxa carta de pagamento deberase presentar no momento de dar conta ó Concello das obras a realizar. Sen este requisito non poderá declararse completa a documentación presentada.

Artigo 11.

1.-As liquidacións iniciais terán carácter provisional ata que unha vez rematadas as obras sexa comprobado pola Administración municipal o efectivamente realizado e o seu importe, requirindo para iso dos interesados as correspondentes certificacións de obras e demais elementos ou datos que se consideren oportunos. Á vista do resultado da comprobación practicarase a liquidación definitiva.

2. As licenzas e as comunicacións previas de obras, xunto coas cartas de pagamento ou fotocopias dunhas e outras obrarán no lugar das obras mentres duren estas, para poder ser exhibidas a requirimento dos axentes da autoridade municipal, quen en ningún caso poderá retiralas por ser inescusable a permanencia destes documentos nas obras.

Artigo 12.Caducidade e duración das licencias.

1. Cando o interesado desista ou renuncie, expresamente, á licenza solicitada se ésta aínda non foi outorgada, procederá o pago do 50% da cota correspondente. Cando o desistimento ou a renuncia se produza cando a licenza xa foi outorgada, ou se denegue a licenza solicitada, procederá o pago do 100% da taxa correspondente.

No caso en que as obras estean iniciadas non procederá a devolución.

Si o expediente de outorgamento de licenza urbanística non se rematase, por causas imputables ao Concello non procederá o abono da taxa.

Cando o interesado desista ou renuncie expresamente á comunicación previa realizada, se xa foi emitido o informe por parte dos servizos técnicos municipais, non procederá a devolución da taxa autoliquidada e abonada.

Cando o desistimento ou renuncia se produza antes da realización dos trámites anteriormente nomeados, procederá a devolución do 50% da taxa autoliquidada e abonada. No caso en que as obras xa estean iniciadas, non procederá a devolución.

En todo caso a cota mínima establecida no punto 3 do artigo 7, non se devolverá.

2. Consideraranse caducadas as licenzas se despois de concedidas

transcorren máis de seis meses sen dar comezo as obras, ou cando unha vez empezadas fosen interrompidas durante o citado prazo, agás en caso de forza maior, na que deberá ser alegada polo titular da licenza antes que expire o referido prazo para a súa resolución posterior polo organismo concesor.

3.Todas as licenzas que se concedan levarán fixado un prazo para a execución das obras, a menos que anticipadamente se solicite e obteña, no seu caso, prórroga regulamentaria. As prórrogas que se concedan levarán igualmente fixado o prazo que como máximo será o da licenza primitiva. Os dereitos pola concesión de prórroga fixaranse no 20% da licenza inicial, con un mínimo de 6,75 €.

4. Cando remate o plazo de execución establecido polos servizos técnicos municipais, nunha comunicación previa de obras, deberá presentarse unha novo comunicación polas obras que non se puideron realizar.

Artigo 13.Infraccións e sancións tributarias.

As sancións que procedan por infraccións cometidas por inobservancia do disposto nesta ordenanza, serán independentes das que puidesen arbitrarse por infraccións urbanísticas, conforme o disposto na Lei do solo e as súas disposicións regulamentarias.

Artigo 14.


Constitúen casos especiais de infracción cualificados de:

a) Simples:

- Ó non ter no lugar das obras e a disposición dos axentes municipais os documentos a que se fai referencia no artigo 11.2 desta ordenanza.

-Non solicitar a necesaria licenza, ou non presentar a comunicación previa, para a realización das obras, sen prexuízo da cualificación que proceda por omisión ou defraudación.

b) Graves:

- Ó non dar conta á Administración municipal do maior valor das obras realizadas ou das súas modificacións ou dos seus orzamentos, agás que, polas circunstancias concorrentes, deba cualificarse de defraudación.

-A realización de obras sen licenza municipal ou sen comunicación previa de obras.

- A falsidade da declaración en extremos esenciais para a determinación da base de gravame.

Artigo 15.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza atenderase ó disposto nos artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.

Disposición final.

A modificación da presente ordenanza, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e comezará a aplicarse a partir do 01/01/2013 e continuará en vigor mentres non se acorde expresamente a súa modificación ou derrogación.