Fene - ORDENANZA FISCAL N.º 13 REGULADORA DA TAXA POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDAN OU DE QUE ENTENDAN A ADMINISTRACIÓN OU AS AUTORIDADES MUNICIPAIS, A INSTANCIA DE PARTE

Publicación provisional: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Publicación definitiva: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Aplicable dende: 01/01/2007

Fundamento legal Artigo 1.º.

De conformidade co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en este Concello establecece a taxa polos documentos que expidan ou de que entendan a Administración ou as autoridades locais, a instancia de parte.

 

Feito impoñible e obriga de contribuir Artigo 2.º.

1.-Constitue o feito impoñible da taxa, a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, dos documentos que se expidan ou de que entendan a Administración ou as autoridades municipais.

2.-A estos efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio ainda que non mediase solicitude expresa do interesado.

3.-Non estarán suxeitos a esta tasa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas tributarias, consultas tributarias, expedientes de devolución de ingresos indebidos e os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera indole.

 

Suxeito pasivo Artigo 3.º.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro, que soliciten, provoquen ou no que o interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

 

Responsables Artigo 4.º

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 e 43 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03.

 

Base impoñible e cuota tributaria Artigo 5.º.

1.-Constituirá a base da presente taxa, a natureza dos expedientes a tramitar e dos documentos a expedir.

2.-A cuota tributaria se determinará por unha cantidade fixa sinalada , según a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coas tarifas que se relacionan a continuación:

 

2.1.-T A R I F A

 

I.-Documentos expedidos ou extendidos polas oficinas municipais Euros
Por cada contrato administrativo que se suscriba de obras, bens ou servicios 109,78
Por cada cambio de titularidade de licencia de apertura de establecementos 76,13
Documentación do arquivo, por cada folio 1,66
Expedición de copias de atestados realizados pola Policia Local 20,97
II.-Documentos expedidos pola Secretaria Xeral ou Intervención  
Bastanteo de poderes 33,21
Certificacións urbanísticas: antiguedade do inmoble, etc., por unidade 23,16
Certificacións referencias catastrais, por unidade 13,79
Xustificante acreditativo do pago de Impostos e Taxas 4,03
Compulsa de documentos, por folio 0,77
III.-Documentos relativos a servicios urbanísticos  
Cédulas de calificación urbanística 13,79
Solicitudes varias: Parcelacións, segregacións, información urbanística, etc., por cada unha 9,16
Por expedición de copias de planos do termo municipal, existentes nas oficinas (a partir de 10 copias, mínimo 2.2 euros) 0,226
Follas según tamaños  
* Follas de tamaño DIN A4 (a partir de 10 copias, mínimo 0.53 euros) 0,054
* Follas de tamaño DIN A3 (a partir de 10 copias, mínimo 0.80 euros) 0,08
Por expedición de copias ou impresión de documentos na biblioteca municipal e na aula informática  
Fotocopias de follas Tamaño DIN A4 0,05
Fotocopias de Tamaño DIN A3 0,08
Impresión de Boletins e documentos oficiais e apuntamentos (este prezo cada folla a partir da quinta, mínimo 1.6 euros) 0,33
Impresión de currículos (este prezo cada folla a partir da décima, mínimo 3.2 euros) 0,33
Documentos en soportes informaticos (cd, dvd, disket,,etc.) 2,00
IV.-Documentos que a súa realización implican desprazamento fora do termo municipal  
Follas según tamaños  
* Follas de Tamaño DIN A2:  
1.ª copia: 3,22 euros  
Seguintes: 3,22 euros máis 0,61 euros por n.º de copias  
* Follas de Tamaño DIN A1:  
1.ª copia: 3,83 euros  
Seguintes: 3,83 euros máis 1,23 euros por n.º de copias  
* Follas de Tamaño DIN A0:  
1.ª copia: 4,45 euros  
Seguintes: 4,45 euros máis 1,85 euros por n.º de copias  

 

(*)

2.2.-A cuota da tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia do documento ou expediente de que se trate, dende o seu inicio ata a sua resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo económico.

Exencions ou bonificacions Artigo 6.º.

Estarán exentos do pago da taxa aqueles contribuintes nos que concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Solicitantes que figuren incluídos nos padróns vixentes de parados e pensionistas.

b) Aquelas outras persoas que a Corporación estime que non acadan os mínimos vitais, a tenor do preceptivo informe emitido polo Servicio Municipal de Asistencia Social.

 

Devengo Artigo 7.º.

1.-Se devenga a taxa e nace a obriga de contribuir cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

2.-Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2.º, o devengo producese cando teñan lugar as circunstancia que provean a actuación municipal de oficio ou cando ésta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

 

Declaración e ingreso Artigo 8.º.

A taxa esixirase en réxime de autoliquidación.

Os escritos recibidos polos conductos ós que fai referencia o artigo 38.4 c) da Lei de Procedemento Administrativo que non veñan debidamente reintegrados, serán adimitiso provisionalmente, pero non poderá darselles curso sen que se subsane a deficiencia, a cuio fin se requerirá o interesado para que , no prazo de dez días abone as cuotas correspondente co apercibimento de que transcorrido dito prazo sen efectualo, se terán por non presentados os escritos e será arquivada a solicitude.

As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfaga a correspondente cuota tributaria.

 

Infraccions e sancions Artigo 9.º.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria 58/03, conforme se ordena no artigo 11 do Rd Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, e o que dispoña a Ordenanza Xeral de Inspeccion, Xestión e Recadación