Índice
Fene - ORDENANZA FISCAL N.º 13 REGULADORA DA TAXA POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDAN OU DE QUE ENTENDAN A ADMINISTRACIÓN OU AS AUTORIDADES MUNICIPAIS, A INSTANCIA DE PARTE
Publicación provisional:
19/01/2007
BOP Nº:
15
Publicación definitiva:
19/01/2007
BOP Nº:
15
Aplicable dende:
01/01/2009
FUNDAMENTO LEGAL
ARTIGO 1.º.
De conformidade co previsto no artigo 57 do RD Lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en este Concello establecece a taxa polos documentos que expidan ou de que entendan a Administración ou as autoridades locais, a instancia de parte.
FEITO IMPOÑIBLE E OBRIGA DE CONTRIBUIR
ARTIGO 2.º.
1.-Constitue o feito impoñible da taxa, a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, dos documentos que se expidan ou de que entendan a Administración ou as autoridades municipais.
2.-A estos efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio ainda que non mediase solicitude expresa do interesado.
3.-Non estarán suxeitos a esta tasa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas tributarias, consultas tributarias, expedientes de devolución de ingresos indebidos e os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera indole.
SUXEITO PASIVO
ARTIGO 3.º.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro, que soliciten, provoquen ou no que o interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
RESPONSABLES
ARTIGO 4.º.
Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 e 43 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03.
ARTIGO 5.º.BASE IMPOÑIBLE E CUOTA TRIBUTARIA
1.-Constituirá a base da presente taxa, a natureza dos expedientes a tramitar e dos documentos a expedir.
2.-A cuota tributaria se determinará por unha cantidade fixa sinalada , según a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coas tarifas que se relacionan a continuación:
2.1.-TARIFA
I.-Documentos expedidos ou extendidos polas oficinas municipais | € |
Por cada contrato administrativo que se suscriba de obras, bens ou servicios | 117,80 |
Por cada cambio de titularidade de licencia de apertura de establecementos | 81,70 |
Documentación do arquivo, por cada folio | 1,75 |
Expedición de copias de atestados realizados pola Policia Local | 22,50 |
II.-Documentos expedidos pola Secretaria Xeral ou Intervención | |
Bastanteo de poderes | 35,65 |
Certificacións urbanísticas: antiguedade do inmoble, etc. por unidade | 24,85 |
Xustificante acreditativo do pago de impostos e taxas | 4,30 |
III.-Documentos relativos a servicios urbanísticos | |
Cédulas de calificación urbanístic | 14,80 |
Solicitudes varias: Parcelacións, segregacións, información urbanística, etc., por cada unha | 9,80 |
Por expedición de copias de planos do termo municipal, existentes nas oficinas (a partir de 10 copias, mínimo 2.30 €) | 0,24 |
Follas según tamaños | |
* Follas de tamaño DIN A4 (a partir de 10 copias, mínimo 0.55 €) | 0,06 |
* Follas de tamaño DIN A3 (a partir de 10 copias, mínimo 0.80 €) | 0,08 |
Por expedición de copias ou impresión de documentos na biblioteca municipal e na aula informática | |
Fotocopias de follas Tamaño DIN A4 | 0,05 |
Fotocopias de Tamaño DIN A3 | 0,08 |
Impresión de Boletins e documentos oficiais e apuntamentos (este prezo cada folla a partir da quinta, mínimo 1.65 €). | 0,35 |
Impresión de currículos (este prezo cada folla a partir da décima,mínimo 3.30 €) | 0,35 |
Documentos en soportes informáticos (cd, dvd, disket, etc.) | 2,10 |
IV.-Documentos que a súa realización implican desprazamento fora do termo municipal | |
Follas según tamaños | |
* Follas de Tamaño DIN A2: | |
1ª copia: 3.45 € | |
Seguintes: 3.45 € mais 0.65 € por nº de copias | |
* Follas de Tamaño DIN A1: | |
1ª copia: 4,10 € | |
Seguintes: 4.10 € mais 1.30 € por nº de copias | |
* Follas de Tamaño DIN A0: | |
1ª copia: 4.75 € | |
Seguintes: 4.75 € mais 1.99 € por nº de copias |
(*)
2.2.-A cuota da tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia do documento ou expediente de que se trate, dende o seu inicio ata a sua resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo económico.
EXENCIONS OU BONIFICACIONS
ARTIGO 6.º.
Non se concederán outras bonificacións ou exencions cas previstas na normativa vixente ou nos tratados internacionais.
DEVENGO
ARTIGO 7.º.
1.-Se devenga a taxa e nace a obriga de contribuir cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.
2.-Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2.º, o devengo producese cando teñan lugar as circunstancia que provean a actuación municipal de oficio ou cando ésta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.
DECLARACION E INGRESO
ARTIGO 8.º.
A taxa esixirase en réxime de autoliquidación.
Os escritos recibidos polos conductos ós que fai referencia o artigo 38.4 c) da Lei de Procedemento Administrativo que non veñan debidamente reintegrados, serán adimitiso provisionalmente, pero non poderá darselles curso sen que se subsane a deficiencia, a cuio fin se requerirá o interesado para que, no prazo de dez días abone as cuotas correspondente co apercibimento de que transcorrido dito prazo sen efectualo, se terán por non presentados os escritos e será arquivada a solicitude.
As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfaga a correspondente cuota tributaria.
INFRACCIONS E SANCIONS
ARTIGO 9.º.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria 58/03, conforme se ordena no artigo 11 do Rd Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, e o que dispoña a Ordenanza Xeral de Inspeccion,Xestion e Recadación
DISPOSICION FINAL. APROBACION E VIXENCIA
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación no exercicio 2009 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.