Fene - ORDENANZA FISCAL N.º 16 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO CEMITERIO MUNICIPAL
Fundamento legal Artigo 1.º.
De conformidade co previsto no Art. 57 do R.D. Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos no cemiterio municipal.
Feito impoñíbel Artigo 2.º.
1.º.-O feito impoñíbel realízase pola utilización dos seguintes servizos, que se prestan no cemiterio municipal:
a) Licenzas para inhumacións e exhumacións.
b) Concesión de nichos.
c) Autorizacións para transmisións de nichos.
d) Conservación e vixilancia de nichos.
e) Utilización do fogar funerario.
f) Servizo de transporte ao cemiterio.
Devengo Artigo 3
As taxas devengaranse no momento da obtención da autorización municipal para a utilización de calquera dos servizos enumerados no artigo 1.º.
Independentemente do anterior, e ao abeiro do disposto no Art. 26 do R.D. Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, a taxa liquidarase cando se presente a solicitude que inicie o expediente.
Condicións da concesión Artigo 4
1.-A concesión de nichos entenderase a perpetuidade.
O dereito que se adquire polo pagamento da tarifa correspondente a nichos e cinceiros non é estritamente o da propiedade física do terreo, senón o da conservación a perpetuidade dos restos nos devanditos espazos polo tempo que preste servizo o cemiterio, sempre e cando os titulares desta clase de sepulturas satisfagan os dereitos e cumpran as normas que a este efecto se establecen nesta Ordenanza.
2.-Os criterios para a concesión de nichos que se realicen en novas promocións rexeranse en cada momento polo que determine o Pleno da Corporación Municipal.
Para a adxudicación de ocos incluídos na reserva municipal, tendo en conta a excepcionalidade e o carácter restrinxido que esta ten, seguirase un criterio baseado na adxudicación correlativa das existencias máis antigas atendendo aos criterios de orde alfabética das mazás e numérica dos nichos.
Suxeito pasivo Artigo 5.º.
Están obrigados ao pagamento as persoas físicas ou xurídicas que obteñan as autorizacións municipais e utilicen calquera dos servizos enumerados no Art. 2.º.
Responsábeis Artigo 6.º.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a quen se refire o Art. 42.1 da Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.
2.-Serán responsábeis subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o Art. 43.1 apartados a), b), c) da Lei Xeral Tributaria 58/03.
Cuota tributaria Artigo 7.º.
A cuota tributaria determinarase por aplicación da seguinte tarifa:
| Servizo | Concepto | Cuota |
| Inhumacións ou exhumacións | Licenza | 96.13 |
| Concesión de nichos | Tarifa de referencia | 623.77 |
| Nicho intermedio (110%) | 650.47 | |
| Nicho superior (100%) | 623.77 | |
| Nicho inferior (90%) | 592.80 | |
| Transmisión da titularidade | Mortis causa (5% da tarifa de referencia da concesión) | 32.04 |
| Inter vivos (20% da tarifa de referencia da concesión) | 128.17 | |
| Conservación e vixilancia | Por cada nicho | 12.50 |
| Colocación de lápidas e ornamentos | 12.98 | |
| Utilización do fogar funerario | Por día | 160.21 |
| Transporte ao cemiterio | Viaxe de ida e volta | 2.14 |
As permutas terán a consideración, ós efectos de esta Ordenanza, de dúas transmission intervivos. (*)
Normas sobre a colocación de lousas Artigo 8.
As normas que deberán observarse para a colocación de lousas nas frontes dos nichos son as seguintes:
1.-As obras complementarias nos nichos poderán ser: inscricións, cruces, urnas, lápidas e recubrimento ou aplacado das andanas, hastiais e repisas, de acordo coa nomenclatura do debuxo anexo.
2.-Hastiais (1): Manteranse libres de ornamentación e revestiranse de aplacado de granito tipo "labrador claro" ou similar, dun espesor que non supere os 3 cm. Levarán na súa parte superior un aleiro ou voadizo a bases de dúas pezas do mesmo material, superpostas Segundo detaie B-B sinalado no debuxo; non levarán resaltes entre ringleiras consecutivas.
3.-Repisas (2 e 4), andanas (3) e zócalos (5): Os materiais empregados nestas zoas, serán os mesmos que no caso anterior. As repisas axustaránse ós detaies C e D do debuxo e os zócalos ó detaie E do mesmo; nestes, dada a imposibilidade de manter a mesma medida en altura en toda a lonxitude dunha mesma fila, procurarase mante-la continuidade gardando a alineación na parte alta do zócalo; ó igual que nas repisas, non se permitirán resaltes en ringleiras consecutivas.
Nos nichos individuais, para colocar as andanas verticais, resulta preciso o acordo entre os tres propietarios dunha mesma fila, có fin de que as tiras sexan dunha soa peza, tal e como se indica no debuxo, e manténdose a homexeneidade dos materiais a empregar, que serán os especificados anteriormente. Nestes nichos, o custo de colocación do hastial, así como o da lápida do cinceiro e zócalo, repartirase entre os tres propietarios e a súa colocación farase ó mesmo tempo que as das lápidas.
4.-Lápidas de nichos e cinceiros (6): serán de composición a elixir libremente en cor branca ou negra, sendo recomendábel esta última. Nos nichos individuais, rexerán as mesmas normas, debendo poñerse de acordo os propietarios dunha mesma fila en canto á elección da cor, có fin de evitar a multiplicidade de cores.
5.-As inscricións, cruces, signos, floreiros, capelas e demais elementos de decoración e identificación, elixiranse libremente, quedando á vontade dos interesados o colocalos ou non, se ben no caso de dispoñerse algún dos ditos elementos, a súa situación na lápida axustarase en tódo-los casos, e na medida do posíbel, ao que se contempla no planoo adxunto, coidando que se garden a mesma alineación entre ringleiras consecutivas, no referente ao voo destes elementos con respecto á lápida.
Nas lápidas individuais, pode optarse pola colocación dun ou varios dos elementos mencionados, para os que rexerá a mesma normativa en canto ao voo.
Normas de xestión Artigo 9.
1.-Todas as licenzas e autorizacións para a utilización dos servizos aos que se refire esta Ordenanza, serán concedidos por Resolución da Alcaldía.
2.-O Encargado do Cemiterio non prestará ningún servizo mentres o usuario non tivese a correspondente autorización municipal, incorrendo en caso contrario en responsabilidade administrativa. Para o cumprimento de tal obriga remitirase ao encargado copia de todas as licenzas concedidas.
3.-Para utilizar calquera dos servizos a que se refire esta Ordenanza, solicitarase por escrito a correspondente licenza ou autorización, liquidándose as taxas polo sistema de depósito previo antes de anotar a petición no Libro de Rexistro de Entrada de documentos. A devandita liquidación provisoria converterase en definitiva no momento da concesión da licenza ou autorización.
4.-Cando a natureza material da taxa esixa o reporte periódico da mesma, o mesmo terá lugar o 01 de xaneiro de cada ano, e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese no uso do servizo, en cuxo caso o período impositivo axustarase a esa circunstancia, co conseguinte rateo trimestral.
5.-Cando por causas non imputábeis ao suxeito pasivo, o servizo público non se preste ou desenvolva, procederase á devolución do importe correspondente.
6.-Será condición indispensábel para proceder a realizar o cambio de titularidade por "mortis causa" ou "inter vivos", estar ao corrente no pago das taxas.
7.-Poderá declararse a caducidade, e reverterá ó Concello a enteira dispoñibilidade dunha sepultura, entre outras causas, por abandono da mesma, considerándose como tal o transcurso de cinco anos desde a última inhumación verificada nela, sen que o seu titular, familiares ou parentes, aboaran os dereitos correspondentes á conservación.
Exencións Artigo 10
Infraccións e sancións Artigo 11
Constitúe infracción, o feito de utilizar calquera dos servizos aos que se refire esta Ordenanza, sen a obtención da correspondente autorización municipal.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que das mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto no Art. 178 e seguintes da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.