Artigo 8.
As normas que deberán observarse para a colocación de lousas nas frontes dos nichos son as seguintes:
1.-As obras complementarias nos nichos poderán ser: inscricións, cruces, urnas, lápidas e recubrimento ou aplacado das andanas, hastiais e repisas, de acordo coa nomenclatura do debuxo anexo.
2.-Hastiais (1): Manteranse libres de ornamentación e revestiranse de aplacado de granito tipo ¿labrador claro" ou similar, dun espesor que non supere os 3 cm. Levarán na súa parte superior un aleiro ou voadizo a bases de dúas pezas do mesmo material, superpostas Segundo detaie B-B¿ sinalado no debuxo; non levarán resaltes entre ringleiras consecutivas.
3.-Repisas (2 e 4), andanas (3) e zócalos (5): Os materiais empregados nestas zoas, serán os mesmos que no caso anterior. As repisas axustaránse ós detaies C e D do debuxo e os zócalos ó detaie E do mesmo; nestes, dada a imposibilidade de manter a mesma medida en altura en toda a lonxitude dunha mesma fila, procurarase mante-la continuidade gardando a alineación na parte alta do zócalo; ó igual que nas repisas, non se permitirán resaltes en ringleiras consecutivas.
Nos nichos individuais, para colocar as andanas verticais, resulta preciso o acordo entre os tres propietarios dunha mesma fila, có fin de que as tiras sexan dunha soa peza, tal e como se indica no debuxo, e manténdose a homexeneidade dos materiais a empregar, que serán os especificados anteriormente. Nestes nichos, o custo de colocación do hastial, así como o da lápida do cinceiro e zócalo, repartirase entre os tres propietarios e a súa colocación farase ó mesmo tempo que as das lápidas.
4.-Lápidas de nichos e cinceiros (6): serán de composición a elixir libremente en cor branca ou negra, sendo recomendábel esta última. Nos nichos individuais, rexerán as mesmas normas, debendo poñerse de acordo os propietarios dunha mesma fila en canto á elección da cor, có fin de evitar a multiplicidade de cores.
5.-As inscricións, cruces, signos, floreiros, capelas e demais elementos de decoración e identificación, elixiranse libremente, quedando á vontade dos interesados o colocalos ou non, se ben no caso de dispoñerse algún dos ditos elementos, a súa situación na lápida axustarase en tódo-los casos, e na medida do posíbel, ao que se contempla no planoo adxunto, coidando que se garden a mesma alineación entre ringleiras consecutivas, no referente ao voo destes elementos con respecto á lápida.
Nas lápidas individuais, pode optarse pola colocación dun ou varios dos elementos mencionados, para os que rexerá a mesma normativa en canto ao voo.