Carballo - ORDENANZA Nº 22. -REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.

Publicación provisional: 15/01/2004 BOP Nº: 11
Publicación definitiva: 15/01/2004 BOP Nº: 11
Aplicable dende: 01/01/2004

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e ó abeiro do disposto nos artigos 2.1 e) e 117 da Lei 39/88 do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, nos artigos 41 a 48 da devandita lei, e pola Lei 8/89 de taxas e prezos públicos, este Concello establece os prezos públicos pola utilización das instalacións deportivas municipais, que se rexerán pola presente ordenanza.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible deste prezo público o uso das instalacións deportivas municipais e dos seus servicios anexos ou complementarios.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos deste prezo, no concepto de contribuíntes, as persoas físicas que usen as instalacións deportivas municipais. Tamén terán a consideración de contribuíntes as asociacións ou entidades que soliciten a utilización das instalacións para os seu afiliados.

Artigo 4.º .-Retribución.

A obriga de contribuír nacerá desde a solicitude de entrada ó recinto deportivo, ó ser este prezo de depósito previo ó goce do/s servicio/s solicitado/s. Non obstante, cando por causas non imputables ó demandante do servicio este non puidese chegar a se gozar, o usuario terá dereito á devolución do importe previamente depositado.

Non se esixirá o depósito previo ás asociacións e entidades que teñan subscrito Convenio de Colaboración co Padroado Deportivo Municipal no que se estableza un xeito diferente de cumprimento das obrigas de pagamento.

Artigo 5.º .-Tarifa de prezos.

A) Pavillón polideportivo Vázquez Mouzo (euros/hora).

1. Adestramentos de equipos e grupos:

a) Categorías infantís e cadetes: 1,80 euros.

b) Categorías xuvenís e xúniores: 2,40 euros.

c) Categorías séniores: 3,00 euros.

2. Partidos de competición e amigables sen cobro de entrada e actividades deportivas sen cobro de entrada:

a) Categorías infantís e cadetes: 2,40 euros.

b) Categorías xuvenís e xúniores: 3,00 euros.

c) Categorías séniores: 3,60 euros.

3. Partidos de competición oficial e amigables con cobro de entrada. Actividades deportivas con cobro de entrada: 15,03 euros.

4. Actividades culturais sen cobramento de entrada: 3,00 euros.

5. Actividades culturais con cobramento de entrada: 15,03 euros.

6. Maratóns: 240,40 euros.

7. Actividades extradeportivas singulares con cobramento de entrada: 300,51 euros.

B) Pavillón polideportivo zona escolar (euros/hora).

1. Adestramento de equipos e grupos:

a) Categorías infantís e cadetes: 3,00.

b) Categorías xuvenís e xúniores: 3,60.

c) Categorías séniores: 6,00.

2. Partidos de competición e amigables e actividades deportivas sen cobramento de entrada:

a) Categorías infantís e cadetes: 3,60

b) Categorías xuvenís e xúniores: 4,20.

c) Categorías séniores: 6,60.

3. Partidos de competición oficial e amigables e actividades deportivas con cobramento de entrada:

a) Categorías infantís e cadetes: 4,20.

b) Categorías xuvenís e xúniores: 4,80.

c) Categorías séniores: 18,03.

4. Actividades culturais sen cobramento de entrada: 6,00.

5. Actividades culturais con cobramento de entrada: 21,05.

6. Maratóns: 300,50.

7. Actividades extradeportivas singulares con cobramento de entrada: 450,76.

C) Ximnasio do pavillón "Zona Escolar" (euros/hora).

1. Adestramentos de equipos e grupos:

a) Categorías infantís e cadetes (ata 14 anos): 2,40.

b) Categorías xuvenís e xúniores (ata 17 anos): 3,00.

c) Categorías séniores ( de 18 anos en adiante): 4,20.

2. Entrada individual, acondicionamento físico: 1,20.

3. Ximnasia de mantemento, cota de inscrición por curso: 24,05.

D) Polideportivo "Bergantiños" (euros/hora).

Pistas A-B-C.

1.-Adestramentos de equipos e grupos (unha pista):

a) Categorías infantís e cadetes: 1,80.

b) Categorías xuvenís e xúniores: 2,40.

c) Categorías séniores: 3,00.

2.-Partidos de competición oficial e amigables. Actividades deportivas sen cobramento de entrada.

a) Categorías infantís e cadetes: 2,40.

b) Categorías xuvenís e xúniores: 3,00.

c) Categorías séniores: 3,60.

Pista lonxitudinal.

1.-Adestramentos de equipos e grupos.

a) Categorías infantís e cadetes: 3,00.

b) Categorías xuvenís e xúniores: 3,60.

c) Categorías séniores: 6,00.

2.-Partidos de competición oficial e amigables. Actividades deportivas sen cobramento de entrada.

a) Categorías infantís e cadetes: 3,60.

b) Categorías xuvenís e xúniores: 4,20.

c) Categorías séniores: 6,60.

3.-Partidos de competición oficial e amigables. Actividades deportivas con cobramento de entrada.

a) Categorías infantís e cadetes: 4,20.

b) Categorías xuvenís e xúniores: 4,80.

c) Categorías séniores: 18,03.

4.-Actividades culturais sen cobramento de entrada: 6,00.

5.-Actividades culturais con cobramento de entrada: 21,05.

6.-Maratóns: 300,50.

7.-Actividades extradeportivas singulares con cobramento de entrada: 300,50.

F) Piscinas municipais: "Zona Bergantiños" e "Zona Escolar".

Normas comúns de utilización e réxime de funcionamento:

1.-O abonado ten dereito á utilización da piscina e zona de ximnasio durante todo o horario de funcionamento da instalación, sempre que non se trate do abono de mañá, que verá reducido o seu horario de goce ó matutino.

2.-A matrícula é única, e establecerase no momento da alta do usuario. Se o usuario causase baixa no pagamento das cotas periódicas, perderá a vixencia a súa matrícula, debendo proceder, se desexa volver a utiliza-las instalacións coma abonado, á formalización e ingreso dunha nova cota de matrícula.

3.-O concepto de abonado é anual, e o cobro realizarase mediante domiciliación bancaria, con carácter mensual, trimestral, semestral ou anual, podendo o usuario elixi-la modalidade de pagamento -sempre prepagable-.

4.-Por abono familiar enténdese ó cabeza de familia e cónxuxe non separado legalmente e fillos menores de 18 anos, ou fillos incapacitados aínda que sexan maiores de idade.

1.-Cota de matrícula para ser abonado (por cada bono): 20,00

2.-Abonados (cota euros/mes).

2.1.-Abono individual xove (menores de 18 anos): 12,00.

2.2.-Abono individual adulto: 15,00.

2.3.-Abono familiar (independentemente do número de fillos): 20,00

2.4.-Abono 3.ª Idade (maiores de 65 anos): 12,00.

2.5.-Colectivos desfavorecidos*: 9,00.

2.6.-Abono de mañá: 13,00.

3.-Non abonados (cota en euros por entrada).

3.1.-Entrada xove (menores de 18 anos): 1,20.

3.2.-Entrada adultos (18-64 anos): 2,25.

3.3.-Entrada terceira idade (maiores de 65 anos): 1,50.

4.-Alugueiro de rúas (só para clubes e entidades) por 45: 7,20.

 

5.-Cursos.

 

  Abonados Público xeral
5.1.-Curso nenos 2 días 4,50 9,00
5.2.-Curso nenos 3 días 6,50 13,00
5.3.-Curso adultos 2 días 6,00 12,00
5.4.-Curso adultos 3 días 9,00 18,00
5.5.-Curso terceira idade 2 días 4,50 9,00
5.6.-Curso terceira idade 3 días 6,50 13,00

 

6.-Cursos natación escolar.

 

  Abonados Público xeral
6.1.-Curso de 1 día/semana con monitor da piscina 0,00 0,00

 

7.-Cursos no ximnasio: aerobic, ximnasia de mantenemento, etc.

 

7.1.-Curso de 2 días/semana 6,00 12,00
7.2.-Curso de 3 días/semana 9,00 18,00
7.3.-Tódolos días sala de musculación 6,00 25,00

 

8.-Outras actividades.

 

7.1.-Recuperación funcional 10,00 20,00
7.2.-Sauna   2,25
7.3.-Hidromasaxe   2,25
7.4.-Xornada acuática ou festiva   5,00
7.5.-Masaxe 15,00 30,00

 

Artigo 6.º .-Convenios con entidades.

O Padroado Deportivo Municipal, como organismo autónomo do Concello encargado da xestión do deporte, poderá establecer convenios de colaboración con entidades, institucións e organizacións representativas dos suxeitos pasivos co fin de simplifica-lo cumprimento das obrigas formais e materiais derivadas destas, pero nunca no relativo ó establecemento dos prezos.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte ó da publicación da súa aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello.

Carballo, 12 de xaneiro de 2004.