Carballo - Ordenanza núm. 22, reguladora dos prezos públicos das instalacións deportivas
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e ó abeiro do disposto nos artigos 2.1 e) e 117 da Lei 39/88 do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, nos artigos 41 a 48 da devandita lei, e pola Lei 8/89 de taxas e prezos públicos, este Concello establece os prezos públicos pola utilización das instalacións deportivas municipais, que se rexerán pola presente ordenanza.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible deste prezo público o uso das instalacións deportivas municipais e dos seus servicios anexos ou complementarios.
Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos deste prezo, no concepto de contribuíntes, as persoas físicas que usen as instalacións deportivas municipais. Tamén terán a consideración de contribuíntes as asociacións ou entidades que soliciten a utilización das instalacións para os seu afiliados.
Artigo 4.º .-Retribución.
A obriga de contribuír nacerá desde a solicitude de entrada ó recinto deportivo, ó ser este prezo de depósito previo ó goce do/s servicio/s solicitado/s. Non obstante, cando por causas non imputables ó demandante do servicio este non puidese chegar a se gozar, o usuario terá dereito á devolución do importe previamente depositado.
Non se esixirá o depósito previo ás asociacións e entidades que teñan subscrito Convenio de Colaboración co Padroado Deportivo Municipal no que se estableza un xeito diferente de cumprimento das obrigas de pagamento.
Artigo 5.º .-Tarifa de prezos.
1.- Normas comúns de utilización e réxime de funcionamento.
Os prezos pola utilización de instalacións deportivas e pola prestación de servizos anexos ás mesmas, regularanse polo previsto no Regulamento de uso das instalacións deportivas municipais de Carballo.
As referencias a prezos por hora ou mes, entenderanse referidas, asimesmo, á tarifa por fracción excedente.
2.- Tarifas de aboamento.
2.1.- Cota de matrícula: 20,00 €
2.2.- Abono individual (de 18-59 anos): 15,00 €/mes
2.3.- Abono individual xove (ata 18 anos): 12,00 €/mes
2.4.- Abono familiar: 20,00 €/mes
2.5.- Abono maiores 60 anos: 12,00 €/mes
2.6.- Abono colectivos desfavorecidos: 9,00 €/mes
2.7.- Abono de mañá: 13,00 €/mes
2.8.- Expedición primeira tarxeta: 3,00 €.
2.9.- Expedición tarxeta por pérdida ou deterioro: 3,00 €.
3.- Outras tarifas.
A) Pavillóns polideportivos.
1.- Campo ou pista central.
a) Categorías inferiores (benxamín, alevín, cadetes e xuvenís) ............................................8,00 €/hora
b) Categorías junior e senior ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿............................................¿.¿¿15,00 €/hora
2.- Pistas A / B / C laterais.
a) Categorías inferiores (benxamín, alevín, cadetes e xuvenís) ............................................5,00 €/hora
b) Categorías junior e senior ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..........................................¿12,00 €/hora
3.- Celebración de maratóns deportivos¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..............................¿350,00 €/día
4.- Actividades deportivas ou extradeportivas singulares con cobramento de entrada ¿.......600,00 €/día
B) Campos de fútbol.
1.- Campo de futbol 11
a) Con luz ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿................................................¿40,00 €/hora
b) Sen luz ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.............................................¿¿25,00 €/hora
2.- Campo de futbol 7
a) Con luz ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.............................................30,00 €/hora
b) Sen luz ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿...........................................¿¿¿..¿15,00 €/hora
3.- Maratóns deportivos¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..............................¿¿......¿800,00 €/día
4.- Actividades extradeportivas singulares alleas ao deporte .............................................1.000,00 €/día
5.- Actividades deportivas ou extradeportivas singulares con cobramento de entrada ..........1.400,00 €/día
C) Actividades dirixidas.
1.- Ximnasia de mantemento 2 días.
a) Aboados¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.....¿¿¿¿..6,00 €
b) Non aboados¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿12,00 €
2.- Ximnasia de mantemento 3 días.
a) Aboados¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.¿¿¿ 9,00 €
b) Non aboados¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. 18,00 €
3.- Sala de fitness:
3.1.- Aboados:
a) Aboados adultos ou xoven maior de 16 anos ¿¿¿¿¿¿¿ 6,00 €/mes
b) Aboado familar, por cada un dos membros que o utilicen........ 6,00 €/mes
3.2.- Non aboados (maiores de 16 anos)¿..¿¿¿¿¿¿¿¿... 35,00 €/mes
D) Piscinas.
1.- Vila de Noia.
1.1.- Entradas individuais.
a) Entrada xoven (ata 18 anos): 2,00 €.
b) Entrada adulto (18-59 anos): 3,50 €.
c) Entrada maiores de 60 anos: 2,50 €.
2.- Carballo Calero.
2.1.- Entradas individuais.
a) Entrada xoven (ata 18 anos): 1,20 €.
b) Entrada adulto (18-59 anos): 2,25 €.
c) Entrada maiores de 60 anos: 1,50 €.
3.- Actividades piscinas.
3.1.- Aluguer de rúa de piscina (para aboados ou non)¿¿¿¿ 45,00 €/hora.
3.2.- Cursos de natación para bebés (por curso e mes):
a) Aboados: 12,00 €.
b) Non aboados: 30,00 €.
3.3.- Cursos de natación para nenos, de 2 días (por curso e mes):
a) Aboados: 5,00 €.
b) Non aboados: 12,50 €.
3.4.- Cursos de natación para nenos, de 3 días (por curso e mes):
a) Aboados: 7,00 €.
b) Non aboados: 17,50 €.
3.5.- Cursos de natación para adultos, de 2 días (por curso e mes):
a) Aboados: 6,00 €.
b) Non aboados: 15,00 €.
3.6.- Cursos de natación para adultos, de 3 días (por curso e mes):
a) Aboados: 9,00 €.
b) Non aboados: 22,50 €.
3.7.- Cursos de natación para maiores de 60 anos, de 2 días (por curso e mes):
a) Aboados: 5,00 €.
b) Non aboados: 12,50 €.
3.8.- Cursos de natación para maiores de 60 anos, de 3 días (por curso e mes):
a) Aboados: 7,00 €.
b) Non aboados: 17,50 €.
3.9.- Cursos de natación terapéutica (por curso e mes):
a) Aboados: 10,00 €.
b) Non aboados: 25,00 €.
3.10.- Cursos de aquafitness (por curso e mes):
a) Aboados: 10,00 €.
b) Non aboados: 25,00 €.
3.11.- Matronatación (por curso e mes):
a) Aboados: 10,00 €.
b) Non aboados: 25,00 €.
Artigo 6.º .-Convenios con entidades.
O Padroado Deportivo Municipal, como organismo autónomo do Concello encargado da xestión do deporte, poderá establecer convenios de colaboración con entidades, institucións e organizacións representativas dos suxeitos pasivos co fin de simplifica-lo cumprimento das obrigas formais e materiais derivadas destas, pero nunca no relativo ó establecemento dos prezos.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte ó da publicación da súa aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello.
Carballo, 12 de xaneiro de 2004.