Sada - Ordenanza reguladora del precio publico por el suministro de agua.

Publicación provisional: 25/06/2005 BOP Nº: 144
Publicación definitiva: 25/06/2005 BOP Nº: 144
Aplicable dende: 09/02/2007

Art. 3.º .-Tarifa

A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada na tarifa seguinte:

A) Abonados domésticos:

- Por cota de servicio: 3,894107 euros/mes

- Bloque 1.-Consumo ata 10 m3/mes: 0,286023 euros/m3

- Bloque 2.-Consumo a partir de 10 m3/mes: 0,495537 euros/m3

O mínimo desta tarifa será de 10 m3/mes.

B) Abonados industriais:

- Por cota de servicio: 4,883889 euros/mes.

- Bloque 1.-Consumo ata 25 m3/mes: 0,394392 euros/m3.

- Bloque 2.-Consumo a partir de 25 m3/mes: 0,705053 euros/m3.

O mínimo desta tarifa será de 25 m3/mes.

C) Conservación de contadores:

- Contador ata 13 mm: 0,19 euros/mes.

- Contador ata 20 mm: 0,24 euros/mes.

- Contador ata 25 mm: 0,32 euros/mes.

- Contador ata 30 mm: 0,40 euros/mes.

- Contador maior de 30 mm: 0,91 euros/mes.

D) A cota tributaria por acometida á rede de abastecemento de auga esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fiza de :

130 euros para construcción , e posterior uso, de vivenda unifamiliar

150 euros más 30 euros por vivenda para construcción de vivenda colectiva ou plurifamiliar

60 euros para vivenda en edificación colectiva.

120 euros para locais comerciais

150 euros para edificacións industriais

100 euros no suposto de solicitudes no contempladas nos apartados anteriores

Non obstante, quedarán exentos do pago desta cuota aqueles solicitantes que participasen no financiamento de redes de novo establecemento de interés xeral no incluídos nos proxectos de obra relativos a licenzas de edificación, proxectos de urbanización ou demais supostos nos que o suxeito pasivo estea obrigado á conexión, reforzamento ou ampliación dos servizos en virtude do cumprimento dos seus deberes urbanísticos, sempre que a cuantía da antedita financiación sexa igual ou superior á cota tributaria derivada da aplicación da presente tarifa.

Será obrigatoria a tramitación conxunta das solicitudes de acometidas ós servizos de abastecemento e saneamento no suposto de existencia de ámbalas dúas redes xerais.

Disposición Final

A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2007, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir desa data, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa".-

2º.- O presente acordo definitivo e o texto íntegro das modificacións das Ordenanzas fiscais publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, sendo as mesmas de aplicación a partir da data que sinalan as súas Disposicións Finais.-